MORTOS EN GALEGO
Francisco Castro - 14-03-2006 13:02:57 | Categoria: Todos os meus artigos
Opina sobre isto e non deixes de participar na nosa búsqueda.Sen quitarlle mérito á iniciativa de oito municipios pontevedreses que van subvencionar as lápidas funerarias en galego, preferiría dicir que habería que esforzarse en subvencionar o uso do galego entre os vivos.
Non sei que nos pasa.
Igual é que temos tan claro que a nosa lingua esmorece que xa a damos, antes de tempo, como só válida para os asuntos relacionados coa morte. Lembrade, senón, a campaña aquela de hai uns anos da Xunta na que se pedía que fixeramos testamento en galego.
Está ben promover o uso do galego.
Sobre todo do galego vivo.
Mais insistir tanto no asunto da morte, a verdade, xa cheira... a morto.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Estou dacordo contigo, pero creo que, para que o galego sexa lingua de vivos, haberá que saber en que falaban os mortos. No adro de San Salvador de Penosiños, a cincocentos metros da mítica Silvaoscura, repousan centos de galego-falantes. Só hai dúas lápidas en galego, é dicir, a nosa lingua volve ser algo que ocultamos, como se non servise para os rituais da morte. En fin, sigamos na procura da palabra máis fermosa. Un saúdo.
Comentario de Veloso hace 3 años y 45 meses
-
Hoxe paseando co meu meniño pareime a facer algo que non fago habitualmente: mirar escaparates de librerías (papelerías con un pouco de todo mais ben). E para sorpresa miña non había nin un so libro en galego. Volvín triste para a casa e iso que estaba un día ben bonito.
Comentario de Chus hace 3 años y 45 meses
-
Levades razón os dous. Claro que as lápidas deben de estar en galego. E a presenza do libro galego nas librerías debe de ser máis. Acabo de chegar dunha presentación dun libro de Bernardino Graña e explicaba, cando el era neno, e todo o mundo falaba galego pero non había donde aprendelo. O galego era o idioma do común, pero non era o idioma da cultura, agochábase. Tristísimo. Coma a morte.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
A iniciativa paréceme boa tou dacordo co que dí Veloso. A lingua débenos acompañar ata o final.
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 45 meses
-
E eu non digo que non nos deba acompañar ata o final, senón que é triste que se subvencione o uso do galego para os mortos e non para os vivos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Esto de subvencionar o uso do galego para os que xa non teñen voz é cando menos surrealista. Fai uns días nun taller de lectura pediron catro voluntarias para ler un texto en galego. Quedei abraiada cando das dezaoito que estabamos alí, catorce excusáronse, pois din non o falan nin o entenden. Sentín vergoña allea.
Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 37 meses
-
Paréceme difícil de crer que un só galego que viva en Galicia poida dicir que non o entende. Quizais iso si que é surrealista.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses