¿CAL É A PALABRA MÁIS FERMOSA DO GALEGO?
A través da prensa recibín noticia dunha iniciativa para buscar a palabra máis fermosa do castelán.
Non imos ser menos.
Este blog proponlle a toda a Comunidade Global do Universo que fagan propostas aquí para buscar a palabra máis fermosa da lingua galega.
Anímate e participa.
Que non se diga.
Referencias
-
[...] na nosa búsqueda.Sen quitarlle mérito á iniciativa de oito municipios pontevedreses que van subvencionar as lápidas funerarias en galego, preferiría dicir que habería que esforzarse en subvencionar o uso do galego entre os vivos.
Non sei q [...]
Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 3 años y 45 meses
Comentarios
-
ledicia
Comentario de ababoro hace 3 años y 45 meses
-
Ledicia por ter iniciado ti a lista.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Aí vai a miña lista (supoño que podo presentar máis que unha. En caso contrario, mande pertinente aviso).
- Agarimo.
- Arestora.
- Brétema.
- Aloumiño (esta encántame).
- Anduriña (todo un clásico).
- Vagalume (e tamén lucecú. Que becho máis afortunado cos seus nomes!!!).
- Poalla.
- Solpor.
E aínda que non veña a conto, unha das expresión máis feas que existen na lingua galega é a seguinte: “cariño, temos que falar”. Meu deus, sinto un arrepio con so escoitala. Adoita significar, entre outras cousas, que a túa vida sexual abandona as tres dimensións para volver ás dúas. E “antipoesía” en estado puro.
Comentario de Larvós hace 3 años y 45 meses
-
Por suposto que pode ser máis de unha palabra. Encantoume "lucecú". Un becho con ese nome ten que ser necesariamente afortunado.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Gústame luscofusco (non só a palabra) e os nomes dos dedos: pequeniño, medianiño, pai de todos, furabolos e matapiollos.
Comentario de Máis Alá hace 3 años y 45 meses
-
Mágoa, xa que logo, que non teñamos máis dedos nas mans... sairían máis palabras fermosas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Se non me engano, hai un animal que en castelán se chama "comadreja", cousa que soa fea e agresiva. Nós, dun xeito moi agarimoso, chamámoslle "doniña" ou "donicela". Voto por calquera das dúas variantes. Un saúdo.
Comentario de Veloso hace 3 años y 45 meses
-
Acabo de lembrar outra que incorporo á lista:
-Vichelocrego.
Para os que o descoñezan, o vichelocrego é un paxaro, cuxa visión era considerado pola crenza popular, de mal agoiro. E si, non é coincidencia. Deriva de: viches ao crego. Fermosa, superticiosa, e retranqueira. Todo nunha palabra. Iso é poderío léxico-popular.
Comentario de Larvós hace 3 años y 45 meses
-
Grazas aos dous polas contribucións. Desde logo, o vichelocrego teno todo, retranca e intencionalidade. E, tamén, desde logo, onde estea donicela que se quite comadreja.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Mentres sigo rebuscando no meu reducido vocabulario, únome á lista de Larvós que me quitou tódalas palabras que pensara da boca.
Comentario de besbellinha hace 3 años y 45 meses
-
Besbellinha, que fermosa expresión é esa de "pensar na boca". Agardo ansioso a túa lista de palabras.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
antifascista
Comentario de moure hace 3 años y 45 meses
-
Vale, pero, en fin, esa é unha palabra de varios idiomas. Non sei, a aposta ten máis que ver con palabras máis de noso. Por suposto, váleme como palabra fermosa. Comparto o espírito, desde logo, e tomamos nota.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Penso que non hai nada que soe tan ben coma AMÉNDOA...
sobre todo, coméndoa...Comentario de o mestre hace 3 años y 45 meses
-
Fermoso xogo de palabras, mestre. Ë vostede todo un poeta. Deséxolle, de corazón, que coma moitas améndoas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
como o meu vocabulario é moi pobre, só teño unha que sumo á fermosa lista de Larvos:
ámote.Comentario de torredebabel hace 3 años y 45 meses
-
Boa proposta, moito máis bonita, para min, que quérote.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
A min encantanme as verbas que ainda din os vellos: nocer, ghapio, pupias, etc. Verbas que saen en poucos dicionarios ou non saen.
Palabra que aprendin nun libro e que me gusta e loaira.Comentario de acedre hace 3 años y 45 meses
-
Grande idea: igual que hai quen recolle cantigas dos vell@s antes de que desaparezan, igual tiñamos que ir recollendo palabras.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
E así saen brincando coa lingua: amorodo, gorentar e maimiño.
Comentario de besbellinha hace 3 años y 45 meses
-
Marabillosas palabras, abofé que si.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
A min maimiño tamén me encanta, e xirín, lóstrego, auga, xarada, rexouba, salouco, borboriño ( esta é a estrela nos ultimos tempos), e de momento non me lembro de máis, agarda..., lembrar..., esquecer, fiuncho, adega, meniña, trasno, meiga (esta tamén é estrela), estrela, lúa, zarrapicar, xelado ( que xa apetece), laranxa, vermello, amora,... continuará....
Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 45 meses
-
Rosa Velenosa, quito a pucha diante da súa inspiración.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
volvoreta, tolemia, eixada, cousa, alicerce
Comentario de Fátima hace 3 años y 45 meses
-
¿Xa dixen Bolboreta, con dúas "B"
Comentario de Fátima hace 3 años y 45 meses
-
Si, con bes e con uves. Grazas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Teño outra, teño outra, teño outra.....:
- Dinosiña.
Nota: non a atopei no diccionario, pero así é como lle chaman pola zoa de Redondela, Pazos de Borben, Amoedo... ao animal que (creo) en castelán se coñece como “marta”. Un dos meus soño da infancia era ver a mítica dinosiña. Cheguei a pesar que era algo como os biosbardos, pero non. Ao final vinas, varias veces incluso, ou sexa que podo dar fe de que existen e habelas hainas. Iso si, son moi bulideiras e (vese que son animais moi intelixentes) desconfían moitísimo dos humanos.
Comentario de Larvós hace 3 años y 45 meses
-
Eu propoño:
- Ardora: Luminiscencia do mar. Arte de pesca.
- Vagalume: Luciérnaga
- Treboada: TormentaComentario de Rafael hace 3 años y 45 meses
-
¿O propuño?
¡¡Meu deus!! que desastriño.Comentario de Rafael hace 3 años y 45 meses
-
-arroutadas
Con bolboreta coñezo unha nana:
" A ron, ron, a ron, ron
que teu pai é un maricón
e tua nai unha boboreta
que non che sabe dar a teta"Comentario de Máis Alá hace 3 años y 45 meses
-
Xenial todos, e, por certo, tanto ten que a palabra veña ou non no diccionario, o importante é que a palabra estea viva, como esa cantiga.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Posibelmente as palabras más fermosas son as que designan animais (os xa mencionados vagalume, vichelocrego, ou tamén cabuxa e moitos máis), así como prantas e árbores (breixo, acrevro), minerais ou semellantes (acibeche) e todas as que implican agarimo (ela mesma) ou amor. Tamén, palabras fermosas nun verso non lembro de quen: "xerbo rebuldeiro de arelas boligantes".
Comentario de aldara hace 3 años y 45 meses
-
Eu gosto de:
-bágoa.
-esguello.
-pardal.
-estumballado.
-axexar (parecéme que o mesmo son suxire o furtivo da acción).
-lóstrego.
-lume.
Moi bo tema, náufrago.Comentario de Hai Cada! hace 3 años y 45 meses
-
Grazas a todos polas contribucións, e a Hai Cada! polos azos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Por certo que "azos" é una palabra ben linda tamén...
Comentario de Hai Cada! hace 3 años y 45 meses
-
A mín gústanme as seguintes palabras: abelá, arux@, axouxere, estarabouzo, maragota, maruxía...
Unha aperta gustoume moito a túa iniciativa.
Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 45 meses
-
Grazas polos parabéns. Xa me decatara, cando escribín "azos", que é unha verba moi enérxica e musical.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
...sigo...,troco "xelado" por xeado, e engado; xeo, xear, xélido, xeeiro, xeadaría, xeada, encántame o son da "x", así qué aí vai tamén, xirifeiro, e xalundas, teño máis, pero corro o risco de parecer un ligón de discoteca,¡gústanme todas!.
Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 45 meses
-
Ademais das que dixeches vós (coincido coas propostas por Larvós e Hai cada), a min gústanme:
-Xoaniña e reirrei.
-Magosto e entroido.
-Badalada, repenicar.
-Teima e rosmar.
-Luar.
-Filloas.
-Fervenza.
-Carallo
-Morea.
-Morriña.
-Choiva (máis que chuvia).
-Desacougo.
E moitas máis...Comentario de Gemma hace 3 años y 45 meses
-
Eu teño debilidade por axóuxere. Parece que fai cóxegas na lingua.
Comentario de peke hace 3 años y 45 meses
-
Fico absolutamente aparvado diante de tanta orixinalidade.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Uma das minhas favoritas é artesa.
Comentario de eduardo hace 3 años y 45 meses
-
Duas moi curiosas son
- Landoa
e
- Lendia
...
Inda que parecidas é ben diferente andar as landoas... e andar as lendias.
Un Saudo!Comentario de Meco hace 3 años y 45 meses
-
Grazas aos dous polas contribucións e os matices semánticos. Isto vai de marabilla.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Ademais da palabra que dá nome ao blog, “ámote”, realizara hai tempo a miña lista coa que fixen un poema, dela recollo; falar; albiscar; recuncho; muxíca; bágoa; tenro, bolboreta; feitizo; vagalume; acougo; xeito.
Un saúdoComentario de SZ hace 3 años y 45 meses
-
Non sabía dese poema. Fermosas palabras. Grazas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Pensaba dicir bolboreta dende que lin a pregunta, pero chegando tarde... é fermoso o animal e o seu son.
Outra que me gusta é canear, lémbrame a miña nenez, cando xogaba a "canear e marcar gol"
E tamén liberdade.Comentario de Ghanito hace 3 años y 45 meses
-
Eu tamén xogaba a canear e meter gol. Que marabilla de partidos de todos contra todos...
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
o meu alcume é o que é proque folerpa paréceme do máis fermoso da nosa lingua. e tamén barbantesa (mantis) e concordo tamén coa donicela de Veloso
Comentario de folerpa hace 3 años y 45 meses
-
Daquela, ¿debo propór náufrago? Non sei. Tamén é bonita.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Nos manuais de vendas sempre din que chames á xente polo seu nome, porque o nome de cada un é unha das verbas que mais gusta de escoitar. Gustame o meu alcume, porque deumo un amigo, mais non penso que sexa unha verba fermosa.
¿Alguén dixo nai? non me lembro...Comentario de Ghanito hace 3 años y 45 meses
-
Carallo, no por bonita pero por ser posiblemente a palabra con mais usos do Galego que como se di sempre, e un idioma moi rico en matices. Carallo e sen lugar a dubida una das palabras que mais xogo da na fala popular
Agora que para fermosas: aqueloutrar, repoludo e touparoutouComentario de Peitolobo hace 3 años y 45 meses
-
Eu veño con verbas de aldea: pendello, culeiro, billa, sacho, angazo. Que bonito tema. Tamén hai moi lindos topónimos.
Saúdos.Comentario de bouzafria hace 3 años y 45 meses
-
Grazas bouzafría. De non ser polas aldeas, ¿que tería sido do galego?
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Por suposto, carallo, e os nomes de un. Claro que si.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
gosto dos adxetivos lene, senlheiro e das verbas, bolboreta, crú, maxín,axexar...
Comentario de txari hace 3 años y 45 meses
-
Eu propoño "micoio", pola sonoridade, pola inusual combinación vocais/consonantes, pero sobre todo porque moito mo ten chamado miña nai de pequeno (significa mal comedor, que come pouca cantidade)
Comentario de caravelete hace 3 años y 45 meses
-
Boas propostas, abofé. Ademais, aí hai toda unha liña de investigación: o que nos diciían os pais cando eramos cativos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
... touparotou... vou correndo ó dicionario a ver. Gústame, grazas Peitolobo.
Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 45 meses
-
Touparoutou non creo que o atopes no diccionario. So e unha expresion que na minha aldea se di moito en sinal de dubida ou rexeitamento cando alguen di algo que parece mentira...
Si a topas avisa que morro de alegria por vela recollida pola RAG. Outra boa que se di na minha aldea e: Facer prau! cando algo para de funcionar, ou racha
Exemplo: Se sigues bebendo tanto vas facer prau...
Tampouco creo que estea no diccionario pero a min sempre me gustou dicilo
Comentario de Peitolobo hace 3 años y 45 meses
-
As miñas favoritas, marusía e tolemia, xa as dixeron. Outras: chintófano, ruxerruxe, derradeiro, axiña, bico, regueifa, larpeiro, fervellasberzas, bulebule, trebello, cadaleito, miñoca, belisco, arrepío, brincadeira.
Comentario de Cau hace 3 años y 45 meses
-
Grazas a Peitolobo pola exemplificación de tan curiosa palabra, e a Cau polo listado fermoso que nos ofrece.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
..espreitar, cedo, gesta, salgueiro, peneireiro (ave), onda, canto, reveirar, colo, chão, esmagar, rocha. Ar.
Comentario de jlombardeiro hace 3 años y 45 meses
-
Fermosa, ar.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
xeito, abraiante, esmagado, chafallada, colo, vimbio
Comentario de Fátima hace 3 años y 45 meses
-
foliada é unha das miñas favoritas, pero teño outras como; Xacarandaina, ollomol e tenrura
Comentario de jorge gago hace 3 años y 45 meses
-
Adiantáchesme Cau con larpeiro. Encántanme tamén cogumelo e, por suposto, lareira.
Comentario de Oskiña hace 3 años y 45 meses
-
como resulta evidente, hai moitas palabras que poderían gañar aquí o concurso.
supoño que a beleza dunha palabra pode estar tanto na súa forma como no seu significado. no significado de seu e no que significa para cada un.
voume decantar por beleza de significado e deixar aquí "acougo".Comentario de oollodavaca hace 3 años y 45 meses
-
Directamente alucinante todas as propostas. E concordo con que, moitas veces, a beleza dunha palabra ten máis que ver co que significa para un que co significado obxectivo.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Noraboa, non so pola idea se non tamén por esa increible cantidade de respostas que tes siñifican moito.
Penso que non ai verba galega que non sexa fermosa, mais non vin por os nomes como Sabela, ou Olalla.
E o ¿arco da vella?, ollomol, erva Avilleira, pedralume, augaxosa, agasallo, galano. En fin si os diccionario puxeran todas……
Un saúdo.
Comentario de E.F.B. hace 3 años y 45 meses
-
¡Desde logo! Falouse hai uns días de nomes, máis ben de alcumes, pero non de nomes propios de persoa. En galego hainos fermosisimos. Parabéns por darnos esa pista de investigación.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
hai cinco anos fixeran unha proposta semellante en vieiros
Comentario de homedareia hace 3 años y 45 meses
-
Non tiña nin idea, homedareia. En calquera caso, o teu estudo era do ano 2001 e xa pasaron 5 anos, así que agora, entre os dous, queda máis completo. Grazas pola información.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
A min encántame algúns nomes de lugares. Especialmente gústanme Boimorto e Pradorramisquedo. Máis: ardentía, marruán, vichelocrego, axóuxere, carreiro e a xa mencionada donicela (a palabra resulta fermosísima se viches algunha).
Comentario de arvpart hace 3 años y 45 meses
-
aquelar, nai, garabullo (ghrapullo, que diría miña naiciña)
Comentario de homedareia hace 3 años y 45 meses
-
o lugar con nome máis feo é CERPONZONS (cerca de pontevedra)
Comentario de berto hace 3 años y 45 meses
-
Está ben a cousa. Non só damos nomes fermosos, senón tamén feos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Acaba de ocorrérseme outra:
Esa preciosa curiosidade da anatomía femenina, que padece en castelán un nome espantoso (pezón) que soa como se estivesemos a falar dun apéndice vergoñento e digno de ser estirpado, ten, sen embargo, no galego un nome a súa altura e digno de ser nomeado ben alto: “mamila”.
A que soa ben!? E, en qué estaría eu pensando cando me veu a cabeza...
Comentario de Larvós hace 3 años y 45 meses
-
Pois non sei en que estarías pensando, pero, sen dúbida, é moito máis bonito.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Seguro que moitas das palabras que poña xa están ditas pero é que agora non me da tempo a ler todos os comentarios e non podo evitar contestar.
Que tal "xenreira"? Amin gústame moito, e "axouxere" ou simplemente "Galiza", tamén é unha palabra moi fermosa. "Castro" tamén é bonita.Comentario de IaRRoVaWo hace 3 años y 45 meses
-
Grazas polo de Castro. É máis que fermosa...
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Nom podo participar porque nunca entendim o conceito de "palavra bonita" (nem o de "número bonito", que se usa principalmente no contexto da lotaria do Natal).
Comentario de postscriptum hace 3 años y 45 meses
-
Nom podo participar porque nunca entendim o conceito de "palavra bonita" (nem o de "número bonito", que se usa principalmente no contexto da lotaria do Natal).
Comentario de postscriptum hace 3 años y 45 meses
-
A min gústame moito "chorima", a flor do toxo, paréceme unha palabra moi fermosa. Tamén é bonita a palabra "ánfora", que é unha especie de recipiente de cerámica con dúas asas e pé estreito usado polos pobos mediterráneos na Antigüidade para gardar líquidos o cereais.
Comentario de Dorna hace 3 años y 45 meses
-
Grazas aos dous. E si, probablemente, tamén hai números bonitos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Algunha das miñas preferidas xa están mencionadas (habería que facer unha votación cando fagas unha lista pechada coas millores, eu uso porque é sinselo http://webpoll.sparklit.com). Algunha non mencionada:
Labrego - Ameneiro - Xiz - Farruqueira - Fachendoso/aComentario de Birnarem hace 3 años y 45 meses
-
Fermosa proposta a túa.
Eu coñecía as experiencias precedentes que figuran nos seguintes enlaces:
http://www.usc.es/xorna/eladio/preferencias.htm (Dicionario de preferencias)
http://mais.vieiros.com/letras2001/ (Dicionarios de preferencias e de ausencias)
Ao meu ver sería interesante xuntar os resultados históricos daquelas votacións cos que obteñas ti agora. Dígoo para conferirlle á gañadora maior representatividade.
Eu, por non restarlle romanticismo á historia, apunto:
chorima (influencia de o'rivas)
fervellaverzas (mundial)
canfurneiro (esmorgante ou caralleiro, pola banda de Ferrolterra)
cricos (mimos ou cariños, pola banda de Ordes)
Saudiña (esta tamén valía)
Comentario de Calidonia hace 3 años y 45 meses
-
Evidentemente, cando isto remate ( estou pensando no 23 de Abril, día do libro ), algo haberá que facer con este listado, que está a medrar tanto que estou comezando a ter algo de medo.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Algunhas que me viñeron á mente mentres lía os comentarios:
"cabaliño do demo" "esquío" "ardentía" "xeada" "chuchamel" "castiñeiro" "seixo"Comentario de Xabre hace 3 años y 45 meses
-
ay Peitolobo, puxeches letras á frase que máis escoitei dos beizos boca da miña avóa. Como nunca souben escribila, tampouco puiden procurala. Soábame como "touporoulou" pero, claro, moito ten que ver o xeito de pronunciar de cada quen. O "Touparoutou" é o agasallo máis fermoso que teño apañado en meses!!!!!!!!!!!!!!!!!! Moitas gracias!!!!!
Comentario de torredebabel hace 3 años y 45 meses
-
Canto me agrada que esta proposta serva para recuperar esas palabras da infancia. Parabéns a todos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Quizáis a mais fermosa de todas e a que queda sin decir, aquela que non recordas, que a tes no bico da lingoa e non che sae, que por mais que retorces os miolos …….
E dis “ pois mira que era bonitiña peo non me lembro.
¿Cal e bonita ou fea? ¿a que che soa ben, ou mal?
A mais bonita é DICCIONARIO porque as ten que ter todas ou ¿non?
¿Quen e capaz de decir que un/ha fillo/a é mais fermoso/a que outro/a?
Nembargantes, seguíde co choio, por favor, pois o libro que dí Francisco pode contelas todas e si porriba explica onde se fala e o que siñifica a boafé que sería millor. Un saúdo.
Comentario de E.F.B. hace 3 años y 45 meses
-
Pois moitas grazas por eses azos. Nós, seguimos adiante con este diccionario da fermosura.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
A palabra mais fea que oio na television galega e tarde-noite que e un calco do espanhol que non ten unha palabra que defina ese espacio temporal do dia. O galego ten varias palabras segundo a altura do dia e pasando da tarde que son as horas de pleno sol entrase no seran, logo vai a tardinha e logo a noitinha antes de chegar a noite. Seran, tardinha e noitinha son tres palabras fermosas borradas por unha fea.
Un saudo.Comentario de acedre hace 3 años y 45 meses
-
¿Qué pasa con vos? ¿E que o compañeiro E.F.B. vos fai mudar de idea?
¡Vamos, que hai que facer esa lista para logo votar!
Eu teño algunha mais : fuxe, lisca, refinica (a gaita) cachelo, reviravolta. Deixarei algunha para os demáis.
Unha aperta.
Comentario de Esquío hace 3 años y 45 meses
-
Non sei se xa a dixeron, pero a que máis me gusta a min, é, "nébeda".
Adeus.Comentario de Andrea hace 3 años y 44 meses
-
Fermosa palabra, Andrea, como o teu nome.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
Seica já estam, mais "chorima" brêtema" e "ledícia" seriam as minhas.
E das partes do corpo "caluga"...
Comentario de Tawil hace 3 años y 44 meses
-
Grazas polas suxestións.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
Rexurdimento. Soa forte, destemido, vital.
Comentario de Fátima hace 3 años y 44 meses
-
E moi simbólica para nós, ademais.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
amorodo... ademáis de fermosa é tan vella coma Galiza. Meirande, outra das miñas favoritas.
Comentario de IaRRoVaWo hace 3 años y 44 meses
-
Estou de acordo. Amorodo é unha palabra con sabor.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
Vogar. Por certo, é unha ledicia ver que por fin podes volver a naúfragar.
Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 44 meses
-
Desde logo, estaa xa desesperadiño.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
Eu voto por Bolboreta
Comentario de Xesus hace 3 años y 44 meses
-
Dúbida.
Comentario de Elena hace 3 años y 44 meses
-
Ámbalas dúas ben fermosas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
penso que chegaria tarde.... pero aí vai: solpor, donicela, can, alustro, salpedrés, alén, luarmente, nai, calostro, paspallás, polaina, sobreira, estraloque, xonzá, xarxa, xeito, funil, millo,... hai tantas!
hainas que son de diccionario e hainas localismos, ditas aquí e non, por unha ou outras razóns.
parabéns pola iniciativa
Comentario de nemeth hace 3 años y 44 meses
-
Grazas, pero onte decidín pechar o reconto, para ter, precisamente, tempo para contar. Saúdos.
Comentario de FRancisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
Ben, non sei se aínda se pode dicir cal é a palabra máis fermosa do galego(pra min claro) pero vouna poñer aquí. Eu penso que unha das palabras máis fermosas do galego é xoaniña ou morriña. Calquera das moitas palabras que rematen en -iña/o, (ou -inha/o, que ven sendo o mesmo) ou moitas das palabras que temos pra referirnos ó tempo, sobre todo ó mal tempo como saraiba, orballo... e unha expresión moi utilizada nesta zona como é "chover a chuzos". En fin, hai moitas palabras fermosas en galego,e, se mo permitides, máis que no castelán. Noraboa pola iniciativa
Comentario de Larinha hace 3 años y 43 meses
-
Larinha, moitas grazas por participar, pero xa demos a coñecer o veredicto o pasado 23 de Abril, Día do Libro. Pero grazas de todas as maneiras.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Eu gosto de podre, sono, carvalho, lume, salgueiro, pastrám, cereija, Quetesende, leirom, cadela, bosta, merda, folgueiras, cocerelho, leiteira, caralho, merdám, rascasa, meco, fungar e tola.
Comentario de tíki-tíki hace 3 años y 43 meses
-
Pois moitas grazas. A lista segue medrando aínda que a nosa pescuda hai ben de tempo que rematou.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Eu diría que unha das mais fermosas é Lóntrega (nutria, en castelán) tamén o xeito que teñen de dicir eucalipto na miña aldea, que é ''arcolito'', troita, aloumiño, espreitar, leira... e montóns delas. Había que escribir un libro sobre isto.
Comentario de O Sobriño do Crego hace 3 años y 42 meses
-
Habería. A min gústame como se di pola miña terra: truita.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
eu gosto de verme, lareca, mecoso, pinga, vieira, bacorinho, pessego, arroutada e como nom; de cu(que nom e uma letra!). e ja que estou; dos nomens das vacas!som fremosos nom si?
mais que palavras: refrans. recomendo:http://www.cirp.es/cdn/cfg/cfg03.pdf
se começades a ler...nom ides parar.e vou estudar, que nom esta o alcacem pra gaitas
Comentario de poalha hace 3 años y 41 meses
-
Estuda... e grazas polo link.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses
-
funny ringtones
Comentario de fxglqxs@google.com hace 3 años y 40 meses