Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

SÓ OS ROMÁNTICOS EDITAN POESÍA

Un informe dramático

Xosé Antón Neira Cruz é, primeiro de todo, un grande escritor. Quen teña dúbidas que se pase polas súas obras As Cousas Claras, en Xerais, ou O armiño dorme, en Galaxia. Dirixe tamén a revista Fadamorgana, a colección Costa Oeste en Galaxia e, cada ano, elabora o Anuario sobre o Libro Infantil e Xuvenil 2006 por encargo de SM.
Entre outras moitas cousas, di algo ben tristeiro e que debe facernos reflexionar, como é o feito de que xa case que ninguén edita poesía en galego.
Só os románticos.
Velaí está Fernán-Vello, resistindo. Ou os Libros da Frouma, de Girgado.
E pouco máis.
Se sempre nos queixamos do pouco mercado que teñen as nosas obras de narrativa, imaxinemos o que ten que ser cando de poesía, e máis en galego, falamos. E xa nin lles pido que imaxinen o que ten que ser editar poesía, en galego e, ademais, para autores novos.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Que conste que eu non son de ler moita poesía e de mercala menos, pero con todo creo que ten o seu futuro e dígoo con bastante optimismo, porque me considero unha máis do montón e estame apetecendo mercar algo. Por que? Pois porque no fondo evoca moitas cousas e dende que lin o poemario de Alizia Fernández (Botar o mar polos ollos) e descarguei Berlín de maria de mallou...pois gustaríame telos na casa para botarlle unhas lecturas de cando en vez.

    Penso que todo está na promoción, un estantiño ben posto nas librarías creo que axudaría e un bo prezo creo que tamén. E os da TVG que vaian facendo a súa laboura que non estaría de máis.

    A pular todos xuntos do carro, que se non pérdense moitas cousas.

    Comentario de besbellinha hace 2 años y 26 meses

  2. Desde logo, besbellinha, hai que seguir tirando do carro. O que dis da promoción é interesante. Por exemplo, ti das a entender que che apetece ter un deses libros que primeiro liches na rede. Ao mellor, os editores, deberían reflexionar sobre iso, porque lese moita, pero moita, poesía na rede.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses

  3. Pero se hai premios a saco, ho! Edítanse mogollón de libros de poesía en galego de xente nova...

    Comentario de Rosalúa de Curros hace 2 años y 26 meses

  4. Si, pero os libros que son consecuencia de premios, non contan. Falamos dunha producción editorial estable de poesía. E, por certo, iso de Rosalúa é moi poético.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses

  5. Ai, mirado así, se cadra levas razón.

    Comentario de Rosalúa hace 2 años y 26 meses

  6. Claro que a levo, de feito, paréceme un nome fermoso, moi galego e lírico. Rosa Lúa.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses

  7. Romántic@s e poetas forever!!!.

    Unha aperta dunha romántica.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 26 meses

  8. A min dame case o mesmo que se edite ou non mais poesia porque o verdadeiro poeta sabe que a poesia se escribe para todos a para ninguen.

    No meu caso particular que gañei un premio de poesia e que os meu poemas estan na rede, tanto en galego:

    http://bvg.udc.es/mostrar_colaboracion.jsp?id=GusP...

    como en castelan:
    http://casadeasterion.homestead.com/v6n22desn.html

    dame case o mesmo que se publiquen ou non. Ainda que a publicacion dun libro é unha victoria contra o esquecemento.

    Unha anedocta: Un poema meu saiu publicado no Galicia Hoxe. Ningun dos meus amigos es familiares o leu. Quen le poesia?

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 26 meses

  9. Grazas, coma sempre, polo entusiasmo de Marinha, e moi revelador o que di Gustavo ( por certo, xa temos máis para ler ou reler nesta fin de semana ). Sobre a túa anécdota familiar, completo eu: durante 14 anos escribín un artigo diario no Atlántico Diario de Vigo. A miña familia, toda, mercaba todos os días o Faro de Vigo...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses

  10. A min paréceme que se a poesía, como din algúns, fose "necesaria", xa lle terían asignado un "manager product", e un "xerente de grandes contas". É dicir: que xa estaría luída e convertida en vómitos polas cascudas peloteiras que o tornan todo en boliñas de merda para poder andar a darlles voltiñas (e trincar un pastón, de paso).
    Non pasa nada porque queden facetas da vida restinxidas aos románticos. Os "non románticos" son especialistas en "abonar" o terreo para conseguir ventas (o malo é que o de abonar nunca estivo mellor dito, porque o que fan é precisamente iso: esterco).
    Mentres queden idealistas quedarán refuxios aos que abeirarse contra a treboada (de merda). Iso si: amólame que os poetas non gañen o que se merece todo aquel que fai ben o seu traballo. A "cousa pública", en vez de darlle "excepcionalidade cultural" a uns cineastas que fan películas chapuceiras e infumábeis, igual deberían buscar outras excepcións moito máis dignas ás que darlles un respiro.

    Comentario de Larvós hace 2 años y 26 meses

  11. Semella algo incompatible: poesia e mercantilismo. Eu penso como Gustavo Peaguda: a poesia romantica escribese para mostrar sentimentos personais que so ao escritor lle importa ou tamen a persoa a quen vai adicada. Logo hai poesia reivindicativa e social que vai ben para lecturas en publico ou para letras de cancions.
    En fin, que libro de poesia asi en seco non o vexo mui natural, non se pode ler de corrido, non parece o medio ideal para trasmitirse do escritor a un publico.
    Ao final, a poesia ten que ser como unha pinga de colonia que lle botamos a nosa alma despois de banhala con narrativa.
    Ai, estou desvariando. Un saudo de fin de semana.

    Comentario de acedre hace 2 años y 26 meses

  12. Larvós, véxoo moi escatolóxico... mais moi atinado. O malo é que ( e iso era no que pretendía insistir no meu post ) se edita pouca poesía e, sobre todo, menos que antes. Diso ía a miña queixa. Sobre o que di acedre, téñense dado casos nos que a poesía se vendeu, e moi ben. Pensemos en Neruda en todo o mundo ou, máis preto de nós, os milleiros de exemplares vendidos de Longa Noite de Pedra de Celso Emilio. Saúdos.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses

  13. A min unha definicion de poesia que sempre me pareceu moi acertada e facil de entender, ainda que eu non sexa moi futbolero, e a que facia Pasolini que decia que a poesia é coma o futbol brasileiro e a novela é coma o futbol italiano.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 26 meses

  14. ¿E que pasa cando a novela é coma o futbol galego?, ¿alguén é capaz de contestar a isto? ( ollo: vai con dobre sentido ou triple...)

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses

  15. Futbol galego? Iso que é? O único galego da selección española o que ofrece é forza e traballo. O que fai falta é un ronaldinho ou millor outro Luis Suarez (Das letras, por suposto)

    Comentario de Máis Alá hace 2 años y 26 meses

  16. Daquela, se comparaos a presenza dos galegos no fútbol do Estado facendo o paralelismo coa literatura, ¿que conclusións tiramos?

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses

  17. CREO EN LA POESÍA

    Porque no tengo fe creo en el frío,
    ese que consigue que mi aliento se vea,
    ese aliento que me sale de adentro.

    Porque no tengo fe creo en el calor,
    ese por el que sudo
    ese sudor que brota de mi interior.

    Porque no tengo fe creo en mi dolor,
    ese que muestra mis lágrimas,
    esas lágrimas que salen de mí.

    Porque no tengo fe creo en tus ojos,
    esos que ven mi pasión,
    esa pasión tan intrínseca.

    Yo no tengo fe.

    Porque no tengo fe creo en la poesía,
    esa que es en mi:

    Frío, calor, mirada,
    dolor, pasión, aliento, sudor y lágrima.

    Porque todo esto sale de mí,
    porque soy capaz de verlo,
    y es ella la que me lo muestra.

    Yo solo creo en lo que veo.

    Yo no tengo fe.

    Creo en la poesía.

    Comentario de Rafael hace 2 años y 26 meses

  18. Grazas, Rafael, por ese exercicio de fe.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses

  19. Nun minutp pasan por os teus ollos unha morea de preguntas e respostas.
    Eu as contemplo anonadada e trato de ter unha resposta pra ti.
    Non a teño,pero so con que mo pedises,buscaría errante nos ollos apagados do resto da humanidade.
    Eres unha realidade e tanta beleza de persoa e inimaxinable na miña imaxinación.

    Aínda non escribira sobre a miña irmá.

    Comentario de Bea hace 2 años y 26 meses

  20. Pois a túa irmá, Bea, ten moitos motivos para estar contenta contigo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses

  21. Índa non leera este post? , ben estes comentarios. Parecénme moi reveladores encántanme os de Rafael pero moito mais os de Bea, tamén son meus, con perdón (se seme permite)

    Comentario de E.F.B. hace 2 años y 26 meses

  22. E meus...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.