PIN8
Francisco Castro - 09-03-2006 14:45:55 | Categoria: Todos os meus artigos
Os chilenos, cando menos, están a darse o gustazo de meter nos tribunais ao seu demo
Seica o xuiz que está procesando a Pinochet, vén de confiscarlle a biblioteca.
O anxiño seica é un lector diario de filosofía, de historia, de política... E segundo os informes, na súa biblioteca hai milleiros de exemplares, moitos deles luxosos, primeiras edicións, con gravados carísimos... O de sempre.
O dictador, por suposto, fachendeaba en canto tiña ocasión de que era un gran lector. Hitler tocaba o piano. E andan subhastando por aí cadros de Franco e o prezo de saída mete medo.
Que artistas.
Son dictadores. Son asasinos. Mais gústalles acumular libros. E canto máis caros mellor.
Iso si, nunca os pagan. Para que, se é mellor roubalos.
Comentarios - Referencias (1)
Referencias
-
[...] dixen que aínda que os dictadores queiran ir de cultos, en realidade, son uns burros.
E se nos dirixe un burro, rematamos sendo burros todos.
Só así pode entenderse o que lle pasou a Serrat cando o ministro de gobernación de Pinochet, lle [...]
Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 25 meses
Comentarios
-
Perdón por la interferencia, pero en cuanto leo algo sobre Chile, Pinochet y libros, me viene a la mente mi amigo Juan Carlos García Vera, escritor Chileno encarcelado y torturado por la dictadura, que con mucha suerte pudo escapar de la muerte con su mujer y su hijo y se exilió en Canada, donde actualmente es profesor en una Universidad.
El escribió esta estapa de su vida en su libro "CRIMEN SIN CASTIGO" que siempre recomiendo leer.
Hubo otros que no tuvieron tanta "suerte".
Yo le dediqué mis palabras después de visitar ese increíble Sur de Chile, en donde nació y vivió hasta que no le dejaron seguir haciéndolo.
LOS OJOS DE LUCÍA
Dedicado al escritor chileno Juan Carlos García Vera,
por su libro “Crimen sin castigo”
Quise tener los ojos de Lucía.
Subí al cerro y vi Santiago,
pasee la costanera del Calle-Calle,
pude oler el campus penquista,
cruce el río por el puente Pedro de Valdivia,
recorrí la Araucanía de mi pasado.
Pero estaba ciego, sordo y mudo.
No pude ver, escuchar ni gritar.
Solo ahora, después de saber lo que no sé,
suena en mi cabeza el trueno de la memoria,
la memoria que penetra en mi vida
y como otro salto al revés de Omar Lara
se me va instalando en mis recuerdos.
Me viene la memoria de lo no vivido,
me viene el recuerdo que no tuve,
me llega el eco de tantos.
Y yo, ungido por este resplandor humano,
este que brilla en cada uno de vosotros,
veo, escucho y grito.
Veo la verdad de vuestra lucha,
escucho la razón de vuestra idea
y grito para siempre vuestra justicia.
¡¡Que se cumpla el castigo del crimen!!
Yo quiero tener los ojos de Lucía,
porque quiero regalaros mi mirada.
Rafael
9 de Febrero de 2006
Comentario de Rafael hace 2 años y 26 meses
-
¿Que terá metido no ollo ese "grande artista"?... Que mágoa da comprobar que todo pode ser utilizado na nosa contra, que desperdicio que algunhas mans abran alguns libros, e que algunhs ollos so sexan quen de maravillarse cas cubertas de ouro. Que mágoa que todas as sabedurias que conteñen todos os libros do mundo no serva para nada cando a ollada que se lles bota é tan dura e tan soberbia. ¿Sera quen "o grande artista" de tirar a pedra que ten metida no ollo?, coido que é grande demais...
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 26 meses
-
Grazas aos dous pola poética da vosas contribucións.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Non sei por qué,pero hai moitos casos de xenios que como persoas eran mounstros e ,moustros que querían ser artistas.
Penso eu,que un artista non e só aquel que sabe moito do seu campo,senon que gracias a cousas que sabe da vida e experimenta,pode chegar o campo do artista.
Dalí era bastante repunante,moi facha e pouco comprometido cas persoas que lle rodeaban. Os seus cadros ainda que pictoricamente sexan incribles,o que eles dicen,son cousas moi angustiosas ,reflexo da sua personalidade.
Dali foi o mellor pintor para min,pero o de artista...un artista,eu creo que é mais,e hai poucos....Comentario de Bea hace 2 años y 26 meses
-
Totalmente de acordo, Bea, e iso demostra a complexidade da mente humana.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Estimado señor Castro:
Lamento dicirlle que a súa estratexia de marketing paréceme a min que non é axeitada. A clave para vender é a proclama “aquí ten que haber algo máis”. Iso de chamarlle asasino aos asasinos non funciona. O que vende é o contrario. Aí ten o exemplo de Pío Moa que, como saberá, descubriu que no fondo a culpa é das repúblicas que as visten como putas, e claro, os fascistas non son de pedra. Ou tamén delirar cun par de conspiracións (vexa o éxito da suposta “non” chegada do home a lúa, do código da Vinci, de calquera libro coa palabra “templario” no título). Outro exemplo máis insufríbel teno na delirante pescuda do diario El Mundo e Libertad Digital, buscando os fíos entre o 11-M e ETA: mire que non levan vendido xornais e suplementos a conta desa fío de Ariadna que semella non rematar nunca. “Ten que haber algo máis detrás de todo isto”. Esa é a pregunta axeitada. A realidade é cruel, terribel, e sobre todo aburrida. Á xente quere marcha. Vaille “o morbo”. Seica.
Voulle dar un consello: ¿Esta vostede seguro de que o cabrón de Pinochet era un cabrón? ¿Esta seguro que os que guindou ao mar nos voos da morte non eran realmente pighos buscando experiencias extremas? Pescude por aí. Pescude. Que xa verá que tiradas vai ter a súa próxima obra.
PD: camiñe por aí e terá o apoio ao completo do clube dos bombeiros-pirómanos. Iso si. Eu doume de baixa deste blog (pero falábamos de vender, ¿non si?)
Saúdos retranqueiros.
Comentario de Larvós hace 2 años y 26 meses
-
Estimado señor Larvós: Pescudarei, pescudarei... cando pare de rir. Saúdos retranqueiros.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses