MANDA O MERCADO

No último número da revista Grial que edita Galaxia, o escritor Bieito Iglesias reflexiona, con outros autores, sobre a crítica literaria. E di: Hogano quen establece o canon é o mercado, unha instancia por definición anticanónica, pois a realización de beneficios é incompatible con calquera forma de excelencia
Totalmente de acordo.
Manda o mercado.
Sobre o que se edita e o que non, sobre o que ocupa espazo visible e o que non, sobre o que aparecerá nos grandes suplementos e o que non. Daquela, a calidade ( algo que se lle debería esixir a calquera forma de arte ) queda en suspenso en función do mercado. Tanto ten se un libro é bo ou non. O que importa é que poida venderse ben.
Referencias
Comentarios
-
Estoy básicamente de acuerdo contigo, pero no con Bieito Iglesias ni con el Náufrago cuando le da la razón.
Cuando dices: "Tanto ten se un libro é bo ou non. O que importa é que poida venderse ben.", admites que un buen libro se puede vender. Es cierto que es el mercado el que marca las reglas, pero se puede vender buena literatura. Hay porcentajes de mercado inteligentes.
Sin embargo, Bieito Iglesias dice que la literatura excelente no da beneficios. ¿Supone eso que entre todo lo que se publica no hay nada excelente? Entiendo que quiere decir esto. ¿Son malos todos los libros en segunda, tercera, cuarta...etc. edición? Porque en este último caso seguro que no son deficitarios. No creo que ningún editor reedite libros que el mercado no admite y por lo tanto den perdidas.
Comentario de Rafael hace 2 años y 26 meses
-
Moi interesante o que dis, Rafael, pero non creo que eu, ou Bieito Iglesias, queiramos dicir precisamente iso, senón que, por exemplo, pode haber libros excelentes, ou só bos, que non chegan nin sequera a editarse porque se dá por certo que non vai funcionar no mercado. Isto é especialmente claro no caso da Literatura Infantil e Xuvenil, que se espera que poidan funcionar nos colexios algunhas cousas que se editan. Só iso.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Necesito axuda.Necesito dalguén que situe a miña cabeza errante nesta cidade,neste mundo.
Nun Luns sen demasiada importancia chegou a min unha noticia que dende que a escoitei non fai outra cousa mais que rondar na miña cabeza continuamente,ver ambos lados das ruas nas que cruzo,sentarme na misma esquina no patio observando a xente que pasa mecanicamente sen precupacións e axena o significado de tal noticia.
Este fin de semana a mocidade Viguesa congregarase,no sitio mais relixioso para eles,que e a mais que coñecida e limpada de lixos os domingos plaza da estrela.Pois sí,quedaron para un botellon masivo.E alá os van todos xuntiños como un rebaño a decirlles a todo o mundo que non só son xoguetes manexados senon que ademais non teñen ningunha maior inquedanza.
Non sei,sinto bastante vergoña,de que nalgun lugar poida incluirse a miña persoa neste conxunto qeu non ten ou non aparenta ter ningún tipo de inquedanzas culturais, por exemplo.
Non sei,eu non vou dicir nada de quen se nega a pagar os altos prezos das bebidas nos bares,pero teño vergonza de vernos representados por este novo conxunto de xente que so bebe para perder o control,que non se controla,que non deciden eles solos, e sen ningunha consideración da xente que limpa o dia seguinte.Non sei que pensar,o fin o cabo,¿alguén o está a facer?Comentario de bea hace 2 años y 26 meses
-
que sorte temos en vigo coa nosa mocidade ¿verdade?.Fai trinta e cinco anos, a xente loitaba polo seu traballo e contra rexime do señorito. Fai vinte os mozos pedían pases pro bus segun me teñen contado. hoxe ¡ A MOCIDADE XUNTASE PARA FACER UN MACROBOTELLON E SUPERAR ASI A SEVILLA EN MÁIS DE 5000 BORRACHOS POR METRO CADRADO! que sorte. penso, que ocorrería nestes intres se estalase unha guerra civil como no 36. Que faría toda esta xente: deixaríanse levar coma peixes mortos crendo o primeiro que lle din xa que so os peixes mortos seguen a corrente. que está mal na sociedade que despois de conseguir que a xente non sexa analfabeta, estamos no momento onde a os xoves menos lle importa a política e onde os ideais estan por debaixo de collerse unha boa borracheira o sabado? nada máis.
LIBERDADE E IGUALDADE.
adrian
Comentario de adrian hace 2 años y 26 meses
-
Bea, Adrián: noutros tempos, os poderosos vían como ameazantes aos mozos porque representaban, por definición, a carga revolucionaria. Hoxe... pois xa vedes. A mocidade viguesa xuntarase para beber. Os poderosos... respiran tranquilos. Saúde.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Antes de facer a revolución haberá que tomar algo, ou?
Comentario de Groutxo hace 2 años y 26 meses
-
Que diferencia hai que se xunten nos bares ou que se xunten na rúa? Hai vinte ou trinta anos había a mesma porcentaxe de bebedores ou máis. Por outra banda non penso que todos vaian a emborracharse. Hoxe quedar de botellón e o mesmo que hai vinte anos quedar no pub ou na disco ou nun bar de viños, e as sustancias son as mesmas.
Iso si, con sentidiño e que recollan o que ensucian.
Comentario de Máis Alá hace 2 años y 26 meses
-
Por suposto, que recollan, Máis Alá, pero coido que do que se laian eses rapaces é de que a xuventude se mobilice para esas cousas.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
¿Non será que estamos a facernos vellos? Porque xa nos tempos da Grecia clásica os vellos latricraban contra a xuventude... e, cando eu era ainda máis moza do que son agora
, o mesmo...
De feito, a miña vea rosmona suxireme ás veces esas palabras... "esta xuventude de agora...". Case sempre venzo a tentación
.
Unha aperta, e non mo tomedes a mal, que estaba de brincadeira
Comentario de Hai Cada hace 2 años y 26 meses
-
Houbo tempos nos que unha final da copa do rey cumplía a mesma misión que hoxe cumple o botellón. ¿Quen vai recoller tantos miolos esmagados cando remate a festa?. Os fumetas condenados á candestinidade, pero bebede, ¡bebede!, que invita a casa.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 26 meses
-
Coido que non ten nada que ver coa idade. De feito, os que somos algo medrados, tamén nos gusta sair e beber e tal e tumba. Coido que aquí fálase doutra cousa. Quizais de política.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Como ben dixo Fran,non se trata de que o fagan na praza da estrela ou en viños senón de que esa movilización nunca se lograria se as causas da quedada fosen outras.
Doeme que a xuventude cando saia,non sexa con mais espectativas,doeme,por que como xoven que son,xa estiven ali bebendo e tratando de pasar un bo rato cos amigos.
O problema e que todo queda nun amago de intención,a maioria,non o pasa ben,non beben unhas copas,senón que beben, unhas botellas.Ves a xente responsabel,que recolle,que non se mete con ninguén...,e logo vexo mozas da miña idade chorando,tiradas sen saber onde,mozos que sen sabelo estanse degradando como persoas.
O que mais me doe,e que teño a mala sorte,de que tiven que escoitar a moitisimos amigos,as historias ,o día seguinte,de todo o que se arrepentían dos feitos da noite anterior,da rutina na que se combertían os fines de semana,sen enterarse de nada,pasando os días,e sen acordarse do ultimo que lles fixera sorrir,sen contar por suposto ca botellla de Vodka,un amigo,un pouco dudoso,por amiña experiencia.
So critico esta quedada,por que teño dereito pra facelo,por que creo no que digo,e por encima de todo,por que desexolle a estos xovenes,que descubran algo un pouco mais bonito,mais.....algo mais,como que a vida e iso,algo mais.....
bikos,e grazas a este blog,por escoitar as parvalladas desta cabeciña loca.(como a canción de Amaral)
paz e amor.Comentario de bea hace 2 años y 26 meses
-
De parvalladas nada.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Ola Francisco: ben, merquei o libro de Ferrín, Contra Maquieiro. Non me meterei en asuntos políticos, nen persoais. Non teño nada en contra Ferrín. Pero o libro paréceme moi malo, moi mala poesía. Non farei unha critica porque non estou disposta a perdelo tempo con cousas que non merecen a pena. Pido disculpas se fero sensibilidades nazoalistas. Pero é nefasto. un saudo.
Comentario de Goretti Fiaño hace 2 años y 26 meses
-
Vale, Goretti. Así xa é outra cousa. Liches o libro. Non che gustou. Nada que obxectar. Tes un criterio lector moi definido e moi válido, cónstame, e, xa que logo, só podo dicir que a min si que me gustou, pero a túa opinión, cando menos, agora, é froito da lectura do libro. Un saúdo forte e, por certo, a min, non se me firen sensibilidades de ningunha clase, cando menos, cando de libros falamos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Amiga Goretti:
Que no mesmo post diga “non me meterei en asuntos políticos”, e despois “lamento ferir sensibilidades nacionalistas”, resulta, como pouco, significativo. Non sei a quen se refire, pero se revisa os post anteriores verá que as alusións políticas respecto a Ferrín fixoas todas vostede. Os demais falabamos tan so del como escritor (como poeta, novelista, articulista...) E que pense que unha crítica a un poeta como poeta poda ferir a sensibilidade política da xente.... en fin. A min sóame como se criticar a Aznar fose unha ofensa para a federación nacional de xogadores de padel.
PD: se no fondo estamos case de acordo. Eu tamén prefiro a Pepe Hierro que a Ferrín (como poeta). Pero tamén é certo que hai poetas que simplemente non se poden comparar entre si. A min gústame Whitman e tamén Pessoa. Pero non lle sabería dicir cal é mellor. As súas obras son demasiado distintas para establecer comparacións. Ademais o dos “ranking” xerarquizados está ben para o Tour de France. En literatura esas cousas penso que non fan demasiada falta.
Unha aperta.
Comentario de Larvós hace 2 años y 26 meses
-
Se empieza hablando del mercado literario y se acaba hablando de botellón, candidatos al Nobel y política.
Enriquecedor.
¡¡Enhorabuena Francisco y comentaristas!!
Desde luego tu "LE OS COMENTARIOS E OPINA ¡AQUÍ!" , Francisco, está plenamente justificado.
Contestando a tu comentario, lamento haberos malinterpretado.
Bueno...realmente suponía que por ahí iban "los tiros", pero quería opinar un poco.
Reconozco publicamente que no soy un lector, solo leo de vez en cuando. Prometo esforzarme más.
Un saludo a todosComentario de Rafael hace 2 años y 26 meses
-
Saúdos tamén para ti, Rafael. E si, hai que esforzarse e ler. Ademais, cando un está a ler un bo libro, non é esforzo ningún.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Deciao pola experiencia con Vello, na máis.Comentario de Goretti Fiaño hace 2 años y 26 meses
-
Penso que o canon fíxano mais ben os canonizadores e canonizadoras. As tabelas son ainda menos críveis que o EGM, mesmo coa intervención da COPE. A crítica deve estar fundamentada mas non se deveria admitir o matonismo intelectual dalgúns próceres e pais da pátria. Saúde.
Comentario de eduardo hace 2 años y 26 meses
-
Por suposto, por iso levo tan mal que se mesturen as cousas como se fai. Saúde.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Hai dez anos vivía na cidade e os mozos "fardaban" da borrachera da fin de semana. Consecuencias habituais: dous días de resaca.
O que mais me preocupa é que agora que vivo no agro, os mozos fardan dos vehículos cós que tiveron siniestro total. Consecuencias habituais: 2 mortos, 1 tetrapléxico. E agora desde os 12 anos poden levar un "quad".
¿Cómo non vai morrer o galego se están a morrer os únicos mozos que falan galego de xeito natural? Isto sí é unha xeración perdida.
Comentario de Lourixe hace 2 años y 26 meses
-
Espero que non sexa unha xeración perdida. Pero si que é certo que, se unha fin de semana normal xa hai unha chea de mortos, agora que semella que vai poñerse de moda os macrobotellóns, podémonos botar a tremer.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses