23 ANOS DA LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Hoxe cúmplense 23 anos desde que se aprobou a Lei de Normalización Lingüística.
É dicir, pasaron moitísimos días e moitísimas horas e moitísima campañas e moitísimos laios e moitísimas iniciativas e moitísimas palabras gastadas e moitísimas ideas e moitísimas de todo para chegarmos á conclusión, 23 anos despois, de que o galego esmorece, que o galego morre e que o futuro é tirando a negro.
Leamos o artigo 13, aprobado hai 23 anos: Os nenos teñen dereito a recibi-lo primeiro ensino na súa lingua materna.
O Goberno Galego arbitrará as medidas necesarias para facer efectivo este dereito. ¿Si?, ¿en serio? Meu neno falou só galego ata que entrou na Escola Infantil. ¿Eran todos os profesores extremeños? Non, nin un. ¿Está garantido este dereito para todos os nen@s de Galicia?
En fin, poderiamos ir artigo por artigo e ver que nada, ou case que nada, se fixo 23 anos despois, motísimos anos despois moitísimas horas despois moitísimos discursos despois motísimos días das letras galegas despois moitísimas demasiadas mogollón de cousas despois.
O País, por suposto, pasando de todo, e nós, aquí, escribindo esta crónica dun fracaso.
Referencias
-
[...] outros, pero vou pensar na riqueza léxica.
Así, antes de caer coa gripe, opedro só tiña unha palabra para nomear aos cans; isto era: can. Ademais do virus tamén chegou unha palabra nova: perro, e non sei como nin porqué pero eis que o [...]
Referencia de Opaco » Blog Archive » der Hund hace 3 años y 44 meses
Comentarios
-
No cuestionario de acceso á educación infantil do noso fillo, máis do mesmo... non sei para que carallo preguntan en que lingua lle falamos ao cativo se, despois na escola, esquéceno. O que non sei é se son estremeños ou galegos, intentarei averigualo.
Comentario de opaco hace 3 años y 44 meses
-
Pois investiga e xa nos contarás, pero si, despois de todo tanto ten porque, ao final, non hai quen vixíe por que se cumpra a lei. E agora que o leo, alucino: vixiar para que se cumpra a lei. E que non se debería vixiar que se cumpra o que se debe cumprir.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
Este fin de semana,volvín a ter a sorte de dar con outra boa pelicula que tomo a liberdade de recomendar e de aloxiar.
A pelicula chamase Frida,e como o seu nome indica,fala da artista mexicana.
Explica moi ben os feitos que suceden o arredor desta muller e as influencias, como o folclore mexicano,que basean a sua obra.
Se alguén gota de seguir estas indicacións espero que non se sintan decepcionados.
Felicitar os artesans que un ano mais brillaron con luz prpia na festa da arribada en baiona con estupendos traballos.
1 biko para todos e os meus desexos de paz e amorComentario de Bea hace 3 años y 44 meses
-
Moi ben, Bea, tomamos nota. Bicos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
¿Te gusta escribir?
Tarde do domingo 5 de marzo, estou no pobo da comarca da Coruña onde vivo, leo na Voz de Galicia un anuncio que me chama moito a atención: TALLER LITERARIO CAIXANOVA, bla,bla, CENTRO SOCIAL A CORUÑA, bla,bla, PRAZAS LIMITADAS, MÁIS INFORMACION WWW...
Sinto unha punzada no peito e penso: Internet, teño que entrar en Internet...Escribir é un dos meus soños...
Non podo facelo, eu non teño internet na casa, moi caro de momento polo rural e é moi tarde para o ciber. Terei que esperar ó luns.
Entro na web da entidade, leo a información do curso, miro os meus turnos de traballo para eses días ¡Vaia! Algúns deses venres teño que traballar, pedirei cambios ós compañeiros. Fago contas, non é caro pero a cousa está f....... este mes (e todos), no money,money. Pois voume animar, non hai moitas cousas que poda facer “cultural-mente” pola comarca, sempre hai que ir á city. Teño que intentalo, a ver si hai sorte, si está pra min, hai tempo que quero facer un taller de escritura.
Reviso a web da entidade á procura dun telefóno para saber si hai prazas. Non atopo ningún. Finalmente consigo o da central de Vigo, chamo, alí danme outro número...e falo cunha señorita mui amable que me dí que quedan prazas.
Hoxe, martes, xuntei os cartos e conseguín que unha amiga fose por min (eu estaba traballando) á sucursal do pobo. Estaba desexando vela para que me dese o xustificante de ingreso e manda-la inscripción a Vigo por correo,bla,bla...Pero cheguei tarde e atopei refuxio nesta illa da rede, onde quixen mandar a miña mensaxe nunha botella: S.O.S.
Espero que chegue pronto outro barco que me leve de aventuras polo mundo das letras.
E ós 20 tripulantes que terás a bordo quero desexarlles boa viaxe e dicirlles: Carpe diem
Oh! Capitán, mi Capitán.
Comentario de anuk hace 3 años y 44 meses
-
Boa tarde, Francisco. Parabéns, primeiro, polo teu blog.
É lóxico que te alporices ou estexas farto e aborrecido ao respeito da situación actual da língua. Asegúroche que tamén non es o único, nin na Galiza nin na meirande parte do mundo onde existe conflito lingüístico.
Hai un artigo da Constitución Espanhola que me anda na cabeza desde a primeira vez que o lin e a cada paso que escoitava ao Paco Vázquez e a outros adalides do patriotismo constitucional. Sinto encher espazo mas penso que, embora a carga ideolóxica e o baleiro de contido implícitos no texto, procede deitalo aqui (art. 3.3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección).
O que toca é avanzar “impasível o ademán”. Saúde.
Comentario de eduardo hace 3 años y 44 meses
-
anuk, ao final quédame a dúbida de se conseguiches praza ou non. eduardo, o importante é o que dis ao final: seguir avanzando. Que remedio.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
Certifico tal fracaso: a min foime imposible escolarizar ao meu fillo en galego, e non houbo politico ou admón. que garantise os seus dereitos linguisticos e os meus. Iso si, para garantir o ensino da relixión católica nun estado aconfesional houbo ata buses gratis a Madrid para manifestarse.
Comentario de folerpa hace 3 años y 44 meses
-
Daquela, igual a solución vai ser poñer un autobús...
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
A sorte non vai canda min, primeiro non me deixaban falar galego, andando o tempo ata me miraban por riba do ombreiro se non o falaba; un día dixen que eu falaba como me saia...botaronme unha boa renega...agora decatome que dempois de 23 anos, vai o comido polo servido;¡ e eu que tentei aprender o galego normalizado!...e unha magoa que non pagara a pena o esforzo que fixen..
Comentario de pepe penas hace 3 años y 44 meses
-
Claro que si, Pepe, por suposto que pagou a pena. Sempre paga a pena.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
Pois aquí en Extremadura haiche moitos profesores galegos...
E en Canarias, e en Andalucía... Vaia, que tampouco tería nada de particular que tiveran profesores extremeños en Galiza.
Eu teño a teoría de que o galego é unha lingua moi de adultos, quizáis tamén por experiencia propia. Pero só é unha teoría. Vostedes sementen, que xa verán como recollen, ainda que non sexa para mañá mesmo.
Apertas.
Comentario de Hai Cada hace 3 años y 44 meses
-
concordo con hojasdehierba e eu son un exemplo do que ela fala: na miña casa fálase galego dende sempre pero, como na maioría das familias emigrantes, ninguén nolo ensinou aos fillos. Entón tiven que aprendelo con 30 anos, nas poucas clases que temos en Bos Aires e coido que -dende aquí- non terei máis remedio que seguir falándoo mal e escribíndoo así (xa vedes). Pero -ainda que quixera que fora doutro xeito- eu poño moito esforzo en manter esta lingua, mellorar e quero que o meu fillo tamén coñeza e use o galego (se él quere). Eu négome a pensar que o futuro do galego é negro. Sei que 23 anos poden semellar moitos, pero na historia desta lingua sonche, apenas, un segundo...
Berro como os nenos do outro post: "Mil primaveiras máis para o galego!!!!!!"Comentario de torredebabel hace 3 años y 44 meses
-
O de extremeños dicíao como un exemplo, non por nada en especial. Podería ter dito de calquera outro sitio. Torredebabel, o teu galego é moito mellor que o da meirande parte da xente.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
O que son as cousas, aquí en Cataluña cada semana hai varias cartas nos xornais de xente que se queixa porque non poden escolarizar aos seus fillos en castelán, seica impuxemos o catalán e nuns anos ninguén falará a lingua de Cervantes. Dubídoo moito, o Govern pode impór o catalán, pero despois a xente na rúa non o fala, nin os mozos na escola ao saíren de clase...
A miña conclusión: fágase o que se faga, sempre haberá quen se queixe. E, ademais, que o ensino sexa en galego non vai garantir o futuro da lingua (ou polo menos, non só iso, hai que cambiar máis cousas). Unha mágoa, pero nesta sociedade globalizada, só os máis fortes sobreviven, e para que falar dúas linguas cando con unha todos te entenden?
Comentario de Gemma hace 3 años y 44 meses
-
Levas razón Gemma, uns tantos e outros tan poucos. Por suposto que aínda que existise a posibilidade de escoalizar en galego, iso non garantiría o futuro da lingua, pero, cando menos, os que si o queremos veríamos aberta esa porta que, por outra banda, é a que nos dá a lei.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
Concordo totalmente contigo Fran. A miña filla comezou este curso a educación infantil nun colexio público. A mestra é galega pero fálalles en castelán. E o plan de normalización aprobado no propio centro educativo? Por que temos que andar os pais esixindo o que xa tería que ser?
Comentario de Chus hace 3 años y 44 meses
-
Pois si, Chus, boa pregunta. Daquela, teremos que ser os pais, pola nosa conta, os que esixamos que se cumpra a lei. O cal é alucinante, porque non son os cidadáns os que teñen que velar polo cumprimento da lei.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
A verdade é que este país condénao a un a vivir nun laio permanente. Teño unha boísima amiga que é luso-brasileira, e que vive en Vigo desde hai catro anos (máis ou menos). Cada vez que imos xuntos pola rúa e ve a un deses fulanos que van pola vida falando sos, rosmando, funcando, maldicindo, sempre se me achega e me di con retranca “mira Larvós. Aí vai outro galeguista”.
Xuro que non mo estou inventando. Algún sociólogo debería dicir algo ao respeito antes de que a cousa se desvía cara a psiquiatría.
Comentario de Larvós hace 3 años y 44 meses
-
Boa anécdota, pero con base real. Este é un país de laios, cun punto esquizoide... Pero, amigo Larvós, non é para menos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
só faltaba que inda por riba non nos poideramos queixar...
estamos todo o día roñando... pero e que acaso non hai motivos?
cagon dios...xa me cabreei outra vez.
vou ter que miralo, non sei que me pasa, pero é que cando vexo desaparecer a miña lingua e a miña cultura pareceme mal.Comentario de butelo hace 3 años y 44 meses
-
Pois non se cabree vostede, que, de feito, as cousas non van mellor con cabreos. O único que nos queda é loitar. Saúdos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses