Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

XOÁN XOSÉ VEIGA E EU

Onte lin un interesante artigo de Juan Manuel de Prada, no que nos fala de autores que se agocharon algunha que outra vez debaixo de heterónimos para así ser outros. Áproveita para criticar algo ás editoras e a certos xurados de premios literarios. Non nos conta, pero cóntoo eu, como Margaritte Duras pasou á máquina un dos seus primeiros libros, remitiuno á súa propia editorial con outro nome e recibiu unha carta reixeitando á publicación. Dalgunha maneira, todo isto recorda o que xa dicía este.
Pola miña banda, eu só fixen unha vez algo parecido. Pedíronme hai dous veráns un conto para o xornal Galicia-Hoxe, e decidín falar de Xoán Xosé Veiga, un escritor que, por suposto, non existe, e que non ten nada que ver ( por fortuna ) comigo. Falei del como se eu o coñecese e como se eu posuíse os seus escritos. Debo dicir que un par de persoas picaron.
Podedes ler o resultado final aquí.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Hai anos fun responsable (entre outros, xunto co meu amigo Antonio Rey) dun programa literario en Radio Ecca. Un día tivemos a ocorrencia de dedicarlle un espazo á escritora Benazir Roy, da nosa invención. Lemos a súa biografía e mesmo uns poemas que lle atribuímos e que eran da nosa exclusiva responsabilidade. Como complemento musical, falamos da gran Dolores Bidueira, unha histórica cantante galega que xurdiu dun disco de Amancio Prada posto a 45 revolucións. Fixéchesme lembrar un día moi divertido. Un saúdo.

    Comentario de Veloso hace 3 años y 46 meses

  2. Daquela, Veloso, é que hai moitos escritores galegos que somos un chisco fedellos... Encantaríame escoitar esa gravación.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 46 meses

  3. Unha variante do mesmo que lle aconteceu a Duras é o conta Marina nun dos seus libros (pero xa sen graza). Colleron as máis prestixiosas revistas sobre psicoloxía que hai en EEUU, extraeron de números anteriores varios artigos, e cambiándolles o remitente, volveron a enviarllos. O que era de tal mestre da Universidade de Yale, puxénrolle outro nome, e outra universidade (escolleron nomes de universidades africanas, de hispanoamérica, etc). Que curioso!!!. A maioría dos artigos (que foran publicados, como digo, con anterioridade por esa mesma revista) foron devoltos, indicando, para máis inri, que os mesmos non estaban “á altura” da publicación en cuestión. Ou sexa, para dicilo en palabras retranqueiras de Veloso: que non tiñan categhoria suficiente.

    A moralexa creo que a pode tirar calquera sen máis indicacións.

    Comentario de Larvós hace 3 años y 46 meses

  4. Pois nada, segan, segan vostedes informando sobre estas cousas que, a fin de contas, demostran a miseria que rodea, incluso, a isto da cultura e dos libros.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 46 meses

  5. http://www.fnac.es/dsp/?servlet=extended.HomeExten...

    Comentario de Goretti Fiaño hace 3 años y 45 meses

  6. Ainda lembro, no meu primeiro ano na facultade, o panfleto que circulaba por aí sobre o First International Congress about Avelino Abelleira and his time... Atribuía ao tal Avelino moitas das cancións escatolóxicas esas que se cantan nas festas e facía "sesudas" analises "literarias" sobre como reflectían a sexualidade do autor e tal. Moito rimos co panfletiño :))).
    Saúdos.

    Comentario de Hai Cada! hace 3 años y 45 meses

  7. O que comentei cando o de Veloso: mágoa non conservar todas esas cousas para seguir rindo de cando en vez. Saúdos.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses

  8. A min parecenme fantásticas todo tipo de personalidades múltiples, literarias por suposto, das outras xa temos o planeta cheo, rebordado, anegado, e atrancado.

    Sinceramente....

    Comentario de Martina LaOjo hace 3 años y 45 meses

  9. E ademais, así, o mundo é moito máis divertido

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009