CONTRA MAQUIEIRO

Onte rematei a lectura do novo poemario de Ferrín, Contra Maquieiro.
Gustoume e recoméndovolo sinceramente.´
De todo o libro, destaco dúas cousas: por unha banda o sentimento que provoca no lector de que paga a pena pescudar Medulios ( a cita é case textual dun dos seus versos ), e, sobre todo, este verso:
1936 o númaro da besta
Se unha das finalidades da poesía é explicar mellor o mundo, este verso é unha perfecta demostración desa capacidade da poética. Como o outro día sinalaba na televisión o grandísimo Fernando Arrabal: hai cousas que só saben definir os poetas.
Rematado este libro, estou gozando, e non imaxinades canto, con este.
Referencias
-
[...] Xosé Luis Méndez Ferrín di no Faro de Vigo que a literatura galega está a vivir unha idade de ouro.
Levamos cando menos dez anos oíndo ese tipo de expresións.
Se ao que se refire é á nosa calidade, pois si. Non creo que a nosa literatura [...]
Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 3 años y 38 meses
Comentarios
-
Fai uns dias fun o cine,e entre todos decidimos ver unha pelicula que tiña ganas de ver.
Falaba da chegada de Inglaterra a un novo continente:America.
Eu gosto moito das historias e a tradición dos povos indios e por iso inclineime por a pelicula.
Gustoume,pero por a miña devilidade destas historias,por que no meu ollo critico decateime de que nada mais era unha historia igualiña a de Disney ,a de Pocahontas.
Nese aspecto defeccionoume moito e por iso non a recomendo.
Pero teño a sorte de que vin outras tres peliculas un pouco antigas xa,que son maravillosas as cales recomendo:
Basquiat;e avida de Jhon Michel Basquiat ,un pitor impresionista dos anos nos que Warhol explotaba.
Lila dice;unha pelicula cun toque erotico,pero interesante xa que transcurre nuns barrios conflictivos arabes,onde vese distintos modos de vivir a relxion nas cabezas dos mais xobenes.
Por ultimo,a pelicula biográfica de The doors,enserio,casi choro,unha obra magnifica e conmovedora para,coma min,un amante deste grupo.
Comentario de Bea hace 3 años y 40 meses
-
Tomo nota das recomendacións, sobre todo das dúas primeiras, xa que a de Morrison xa a vin. E tamén gosto moito dos Doors.
Saúdos.Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses
-
1936 o número da besta? Interesante verso. Tamén é a fin do soño republicano, da ilusión republicana. Aínda que para poemas que explican o mundo eu quédome coa "luz de novembro" (20-N-1975), de Bernardino Graña. Un saúdo.
Comentario de Boedense hace 3 años y 40 meses
-
Non é mala escolla a túa, Boedense. Poderiamos sumarlle case que todo Celso Emilio Ferreiro, ¿non é?
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses
-
Poéticamente tes un gusto lamentable, De castro. Ben, un sendo galego, está ata os mesmisimos de toda esta trapallada de ir de vítimas polo mundo. Que se os republicanos, que si os feixoistas... Aquí, na Galiza, só se ve a realidade desde un punto de vista: os vencidos, o paraiso é a esquerda ( e eu non son de derreitas), caendo nunha anacronia absoluta que impide que os mozos conecten coa realidade literaria, por iso non se le. Ademais Ferrín, con todos os respectos pola súa persoa, é un escritor pésimo. Sebón lle deron o Premio Nobel a Casares en vida, a que vén esta quincallada ferriniana. o TEU, DESDE LOGO, NON É A POESÍA.
Comentario de Goretti Fiaño hace 3 años y 40 meses
-
Goretti: coido que mesturas moitas cousas. Eu podo disfrutar dun autor de dereitas e tan tranquilo. Non sei a que ben meter o asunto ese da ideoloxía ferriniana. Non son un lector tan limitado como para decidir o que leo ou deixo de ler por asuntos políticos. Non sei ti. Eu, desde logo, non. Contra Maquieiro é un bo poemario. Como no número desta semana de A Nosa Terra escribiu o reseñador, é un libro que gaña coa lectura demorada, máis que coa oralidade. De Ferrín, obviamente, non lin todo. E, xa que estamos, non é que o adore como narrador. E, por certo, eu, desde logo, daríalle antes o Nóbel a Casares que a Ferrín. Desde logo. Para rematar: ¿leches o poemario ou falas desde o prexuízo contra da persoa?
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses
-
Falo por poemarios anteriores, levas razón. Mercarei este, pero xa vou coa mosca detrás da ourella. Non teño nengún prexuizo por Ferrín, nin nada en contra das ideas políticas que progulga. Penso igual, igual ca ti: o importante é o libro. Lin todo o anterior en poesía, e xa vou avisado. Pero non hai problema, esta semana paso pola Casa do Libro, e leereino. Xa che contarei.
Tampouco me gusta mesturar política e literatura, que conste en bitacora. E menos que lle teño tirria ao Ferrín, válgame Deus. Sinxelamente: flipo co recoñecemento que lle dan sendo tan pouca cousa. Hainos que merecn máis - aínda, ó mellor, sendo peores persoas. Como di o teu amigo Reverte: hay mucho hijo de puta que escribe muy bien ( o algo así).
saúdos, e grazas polo envite.
Comentario de Goretti Fiaño hace 3 años y 40 meses
-
Goretti: agardo, xa que logo, a túa opinión unha vez teñas lido o libro. Seguimos falando. Saúdos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses
-
Sempre con boas recomendacións...
Así da gusto.
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 40 meses
-
Grazas, Marinha.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses
-
Persoalmente nunca entenderei á xente que fusiona nun so concepto as súas preferencias e o bo gusto. Eu teño os gustos persoais, claro, como todo o mundo, pero desde logo non dou por sentado que o que a min máis me gusta sexa sinal inequívoco de bo gusto, o que implica que quen me leve a contraria carece del. Tal actitude cheírame máis a vaidade que a criterio literario (se é que iso realmente existe).
A min Ferrín xa me tería gañado aínda non escribise nada máis que “Arraianos”. Igual que Borges o tería feito aínda que non escribise nada despois de “El Aleph”.
Comentario de Larvós hace 3 años y 40 meses
-
Crero que Larvós explcia perfectamente o meu pensamento. Rexeitar a un autor na súa totalidade, e, sobre todo, mesturando asuntos ideolóxicos e persais e non sei que, implica unha certa actitude sospeitosa. Un exemplo: Cela foi unha persoa, digamos, "dubidosa" nas súas actitudes, sen embargo, hai un par de novelas del que me parecen sublimes. ¿Non é de literatura do que falamos?
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses
-
A iso me remito: á obra. Eu non teño nada en contra de ninguén. Pero é unha poesía pesada, densa, de bo baixo. É un criterio. Seb chegar a comparar, non creo ferir vaidades - algo do que carezo, obviamente-, as experiencias que nos dá un Claudio Rodríguez, un Cunqueiro, un Vicente Gallego, César Simón, Pepe Hierro ou Eusebio Lorenzo, por citar algúns van moito por enriba; a poesía despois de telos lido, ten outra dimensión. E Don Ferrín cae de bruces... pero é unha opinión, e eu acepto as anteriores. Si: Ferrín pareceme un mal poeta.Comentario de Goretti Fiaño hace 3 años y 40 meses
-
Comparto contigo a paixón por Claudio Rodríguez, por Cunqueiro, por Pepe Hierro e Eusebio Lorenzo Baleirón. Un saúdo.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses
-
E, por certo, Goretti, ¿a ligazón esa?
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses
-
Xa o dicía Neruda -e recórdao Ónega-:
"Venid a ver la sangre por las calles,
venid a ver
la sangre por las calles;
venid a ver la sangre por las calles"
Que profesor de hsitoria pode describir mellor a barbarie?
Comentario de Suso hace 3 años y 40 meses
-
Desde logo que mellor non se pode describir.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses