NIN A ROSALÍA NIN A CUNQUEIRO
Francisco Castro - 27-02-2006 16:43:02 | Categoria: Todos os meus artigos
Vivimos no País da Perpétua IngratitudeLeva toda a razón do mundo Manuel Bragado cando no seu artigo no Faro de Vigo de onte sinala que a cidade de Vigo, á que ten vencellada estivo o matrimonio Rosalía de Castro-Murguía, permanece allea ás celebracións do seu nacemento.
Pero xa se sabe que este é o País da Perpétua Ingratitude.
Outro tanto pasará con Álvaro Cunqueiro, tan importante na cidade olívica, de quen mañá se cumpre o 25 cabodano do seu pasamento. Salvo a celebración oficial, en Mondoñedo, o certo é que tan importante data pasará desapercebida na miña cidade, en Vigo. Por aquí andan entusiasmados coa Champions.
Pola miña banda, ofrezo este texto seu a modo de homenaxe:
"Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis".
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Quen lles dera aos nosos escritores máis célebres que na súa memoria se organizasen actos coa metade (qué metade!!!???. Coa décima parte) da repercusión que ten a inauguración dun polideportivo, deses que aos seis meses xa se converteron nunha bouza de silveiras.
Así nos vai. E seguramente ese é o destino que nos agarda: ser unha inmensa bouza de silveiras. Eu xa encarguei a armadura. Boa falta que nos vai facer.
Comentario de Larvós hace 2 años y 26 meses
-
Quen lles dera, en efecto. Pero para recibir homenaxes, haise que facer futbolistas.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Sempre me gustan as palabras do meu veciño Cunqueiro. Por certo o venres pasado lin un poema de Rosalía "Xan" a lectura de poemas foi un acto moi bonito no seu 169 cumpreanos.
Unha aperta grande.
cal é o teu e-mail para poder contactar contigo?.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 26 meses
-
Xan é un poema fermosísimo. Sempre digo que aínda hai moito que descubrir de Rosalía. Beixos grandes.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Non vexo o teu e-mail por ningures, escríbeme ti ao meu.
marinha.allegue@gmail.com
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 26 meses
-
Yo no se escribir en gallego, pero ofrezco hoy las palabras de Álvaro Cunqueiro a quién las quiera sentir.
¡¡Paisiño!!
Gracias, Francisco, por recordármelo.Comentario de Rafael hace 2 años y 26 meses
-
O importante, coma sempre, Rafael, máis que entender, é sentir. Saúdos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
É triste, é. Europa adiante nom dariam feito se Cunqueiro nascera em, por ejemplo, a Alemanha. Mais na Galiza colhemos umha fevre espanhola com sintomas mui claros: Esquezer aos nossos grandes...
Comentario de Tawil hace 2 años y 26 meses
-
Si. Non somos moi dados a tirar proveito do noso. Se ledes a enquisa de Vieiros sobre Cunqueiro, aí verase con claridade o moito que o apreciamos como escritor. Daquela, deberiamos aprender a vender aos nosos por aí diante.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses