Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

QUE PÉREZ REVERTE ESCRIBA NAS PÁXINAS AMARELAS

Leo unha entrevista con Arturo Pérez-Reverte, na que, entre outras cousas, di: la editorial no me va a negar nunca un libro. Si mañana cojo una guía telefónica y le pongo unas tapas, me lo van a publicar. Eso no me preocupa.
Gústame Pérez Reverte como articulista.
Pero non o soporto como novelista.
Así que fixen a proba ( xúroo, non é boutade ): abrín ao chou as Páxinas Amarelas e fun lendo, de vagar, os anuncios. Floristerías. Restaurantes. Hoteis. Fontaneiros.
Sen dúbida, todo moito máis interesante que calquera das novelas de Pérez Reverte.

Referencias

Dirección para referencias

  1. [...] este. Pola miña banda, eu só fixen unha vez algo parecido. Pedíronme hai dous veráns un conto para o xornal Galicia-Hoxe, e decidín falar de Xoán Xosé Veiga, un escritor que, por suposto, non existe, e que non ten nada que ver ( por fortun [...]

    Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 26 meses

Comentarios

  1. A min tamén me pareceu moi pretencioso o das páxinas marelas, pero salvo novelas...Alatriste e "El húsar". Recomendo de paso "Al fondo, Eger" de Juan Antonio de Blas, así por enlazar algo coa temática. Saúdos e coidado coas páxinas esas que crean adicción (podes pasar moito tempo léndoas)

    Comentario de besbellinha hace 2 años y 26 meses

  2. Qué mala hostia tedes os escritores ao falar os un dos outros, mimadriña (aínda que neste caso, as cousas como son, quizais o outro so mereza por fantasmiña). Coincido con besbellinha; para min tamén ten escrito algunha cousa ben xeitosa. Territorio comanche tamén me gustou moito, aínda que non tanto como Ruído de Murado (si, son libros sobre o mesmo, pero moi distintos. Xa os sei. Pero é que estou aproveitando para facer patria. He, he).

    En fin: un saudiño logo de tanto tempo. Ultimamente Bitacoras.com comeza a ter un exceso de actividade sísmica considerábel.

    Comentario de Larvós hace 2 años y 26 meses

  3. A min gustame como articulista. Como escritor o unico libro que me gustou foi "La tabla de Flandes". O resto non me gustou e cando empezou co Alatriste nin tan sequera intentei lelo. Son "paxinas amarelas" aburridas.
    Por certo, benvido a rede. Estes dias os de bitacoras andaron perdidos.

    Comentario de acedre hace 2 años y 26 meses

  4. Non tendes idea do gusto que me dá esta resurrección. Xa estaba convencido de que ía ter que emigrar. Estou encantado da vida, de verdade.
    Quedo, si, con Territorio Comanche, pero coas novelas non puiden. Saudiños a todos de corazón.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses

  5. A min gústanme os seus artículos; das novelas lin o primeiro Alatriste, que me gustou (aínda que non tanto como para ler os outros) e lin o Cabo Trafalgar co que levei unha decepción.

    Comentario de Máis Alá hace 2 años y 26 meses

  6. Si, de feito Cabo Trafalgar levou, en xeral, unhas críticas horrorosas. Eu non puiden con La Piel del Tambor. E gustoume, xa o dixen, Territorio Comanche, aínda que non é un libro para tanto.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses

  7. Cando un escritor non respecta o que escribe o mellor que podía facer sería estar calado. Esas frases prepotentes insultan ós seus lectores porque, ás veces, quen le tira máis proveito do escrito que o que escribiu, se tal cousa e posible, cousa que dubido neste caso vista a filosofía creadora que ten o maxistral autor. O que está claro é que as páxinas amarelas editan un novo exemplar por ano, o mesmiño que el. Agora xa sei onde atopar inspiración, case danme gañas de darlle as grazas e todo, mira...

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 26 meses

  8. Pois si, no fondo, é unha falla de respecto enorme ao lector.Eu preferiría que dixera que pon moitas gañas en todo o que publica, e que non publica calquera cousa.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.