O NOBEL PARA FERRÍN
Francisco Castro - 21-02-2006 12:16:06 | Categoria: Todos os meus artigos
Hoxe é o Día da Lingua Materna. ¿Sabíao alguén?Recibimos a grata nova de que, por vez primeira, a Academia sueca aceptou a candidatura de Xosé Luís Méndez Ferrín para o Premio Nobel de Literatura.
Sabemos que ten moi poucas posibilidades. Pero non está mal conmemorar a súa candidatura hoxe, que se celebra, sen gloria ningunha, o Día da Lingua Materna.
Neste contexto de perda de falantes, de lingua enferma, que a literatura galega teña un candidato ao galardón máis grande, só pode ser celebrado. É moi importante ese recoñecemento.
Hai tempo, fixen campaña por outro. Agora, só podo dicir, ¡o Nóbel para Ferrín!
Comentarios - Referencias (1)
Referencias
-
[...] Ferrín, Contra Maquieiro.
Gustoume e recoméndovolo sinceramente.´
De todo o libro, destaco dúas cousas: por unha banda o sentimento que provoca no lector de que paga a pena pescudar Medulios ( a cita é case textual dun dos seus versos ), [...]
Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 26 meses
Comentarios
-
Súmome eu tamén a esa petición. E, por certo, a túa bitácora vai moi lenta.Saúdos.
Comentario de Pablo hace 2 años y 27 meses
-
É certo, Pablo, de feito hai problemas co servidor. Síntoo moito.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Eu non sabía que era o Día da Lingua Materna (co ben que soa), entereime no blog de acedre e agora aquí no teu.
E si que vai lento o teu, casi non poido entrar a saudarte mecachissss.
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 27 meses
-
Moi moi leeeeennnntttooo, tanto, que estou incapacitado para meter novos post. Se isto non se amaña nun par de días, terei que pechala e emigrar.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Oxalá haxa sorte. Quizais sería un bo pulo para esta lingua tan extraña que é a nosa (aínda que mellor seria dicir que os extraños somos nós, que a lingua aínda nunca fixo nada para que lle chamemos rariña).
No tocante a Ferrín que dúbida cabe que é a súa unha obra extraordinaria. Con respecto ao personaxe (que é, sen dúbida, o que menos importa), a verdade é que sempre me descougou un pouco ese exceso de ultraordoxia que atesoura o home. Nun país tan acomplexado, ese sobranceiro orgullo ferrinián resulta desconcertante. Deixao a un como descolocado, como preguntándose a que cheiran as nubes...
Se lle deran o nobel (a verdade é que creo que non vai ser así), o peor de todo é calquera se pode imaxinar o que vai dicir boa parte de prensa hespañola. Unha das cousas máis noxentiñas que che ten Hespaña é que podes adiviñar os titulares de mañán consultado as hemerotecas.
Comentario de Larvós hace 2 años y 27 meses
-
A ver: se lle desen o Nobel sería algo magnífico para a nosa lingua e para Galicia. De feito, moitos galegos que refugan do idioma quizais comezarían a decatarse, cando menos, da súa existencia. Ao respecto de Ferrín, eu só podo falar da súa cordialidade e amabilidade comigo sempre que o tratei. Gusto del como poeta e como narrador. Ao respecto da ultraortodoxia, paréceme unha forma respectable de estar no mundo sempre que se acepte ( e coido que el o fai ) que outros non o estean. E si, Larvós, si, é doado de imaxinar que diría certa prensa. Levas toda a razón. E, por certo, ¿a que cheiran as nubes?
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Cheiran como as formigas nos silenciosos crepúsculos de Tagen Ata.
(Acabo de ver que me quedou a pregunta sen responder –e iso, que mo ensinou miña avoa, é de mala educación-. Por certo, estou dacordo con que a súa postura é respectábel. So dicía que a min as veces os seus artigos deíxanme descolocado. E penso que non son o único. As cousas como son: o home tenche as súas rarezas. E bastantes).Comentario de Larvós hace 2 años y 26 meses
-
A ver, Larvós, entendín a túa pregunta como algo retórico, non como un exame... Mais pensarei nunca resposta que estea á altura da pregunta. Saúdos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
O que deixara a prengunta sen resposta diciao por min (se te fixas, eras ti –con perdón polo tuteo- quen me devolvías o interrogante retórico, de aí a miña resposta). Vamos, para falar claro: que estou mareando a perdiz. Pasa que ando por aquí, no choio, escoitando a estes superyupies arrear cousas “tenemos que hacer crecer los ratios de venta a base de reducir las subcontrataciones” e demais pailanadas que repiten unha e outra vez só polo pracer de escoitarse a si mesmo dicindoo e sentirse “hombres de negocios importantísimos”, e iso, queiras que non, afecta. Por iso fago escapadas e dou unha volta polos blogs (e como quen se da unha ducha logo de cavar un rego). E cando non teño nada que dicir, pois fago iso: marear a codorniz (enfundado en tales manias ando).
Unha aperta.
Comentario de Larvós hace 2 años y 26 meses
-
Pois nada, alédome de que a codorniz e a perdiz queden mareadas. Aínda que sospeito que o mareado es ti se tes que aturar esa xerga "de xente importante". Alégrame saber que este meu blog te axuda. O mesmo digo do teu. Apertas.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses