Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

TONOPOEMAS

O meu operador de Telefonía Móbil envíame unha mensaxe cun feixe de diapositivas con ideas para San Valentín.
A boas horas.
O máis sorprendente é que me din que podo descargarme tonopoemas, é dicir, desde o meu móbil enviarlle á muller escollida ( é dicir, ao seu móbil ), un poema que, está claro, eu non teño que escribir.
Eu sempre pensei que a poesía era algo serio, e que servía, claro que si, para iso da seducción. Despois de todo, os que non somos Brad Pitt, se algunha vez se nos fixo caso (erótico) foi por manexar ben a palabra. Supoño.
Isto tíveno claro desde os dezaseis, cando a irmá da rapaza que me gustaba e que, por certo ( alucinade ) non me facía nin caso, me regalou un exemplar de 20 poemas de amor y una canción desesperada, de Neruda. Aí lin aquilo que di:
Quiero hacer contigo
lo que la primavera hace con los cerezos.

Iso é expresar o amor e a paixón.
Así que, por min, que lles dean aos tonopoemas.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. A poesia e unha arma de seducion mui boa (digoo eu que tampouco tenho a cara de Brad Pitt). O que pasa e que hai xente que a crea por si mesma e outra xente que necesita axuda e para iso esta o mercado dos mobiles: para axudar vendendo.
    Lembro que na mili eu escribia poesias a minha moza daquelas que e a minha muller de hoxe e os companheiros non galegos pedianme que as traducise para escribilas eles as suas mozas. Quen sabe cantas mozas sucumbiron aos meus versos sen eu sabelo !!!. E iso que non eran nada bos pero, claro, daquelas non habia tonopoemas nin farrapos de gaita e os libros nun cuartel como que non tampouco...Enfin.

    Comentario de acedre hace 2 años y 27 meses

  2. Vexo, acedre que, polo que contas, repetiuse contigo a historia do Cyrano de Bergerac, que lle escribía os poemas ao guapo para conquistar o corazón de Roxana...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  3. Ha, ha, ha.
    Non creo que fose para tanto pero se foi por unha boa causa aledome un monton.

    Comentario de acedre hace 2 años y 27 meses

  4. Os Tonopoemas a mín non me gustan nadiña.
    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 27 meses

  5. Unha boa investigación sería pescudar a que tipo de xente lle gustan os tonopoemas...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses


  6. Bueno, parece que é o turno dos que non temos parecido con Brad Pitt!!! Estou bastante dacordo con que as palabras poden ser un instrumento de seducción, pero estou convencido que no meu caso non o foron... e como non son tampouco o Pitt ese, pois tiven que manexar outras cousas... ¿qué cousas? Pois fundamentalmente o silencios e os seus xogos... penso que as palabras son importantes; pero a entonación, os silencios, a linguaxe xestual.... son tan importantes como as palabras... o quizáis é que todo isto é o que "carga" as palabras... en fin, cousas pra os que non somos Brad Pitt...

    Comentario de JCarlos hace 2 años y 27 meses

  7. De certo que si, JCarlos, pero todo iso, é linguaxe. Os sons do silenzo...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  8. A min tampouco me chistan os tonopoemas. Un saúdo.

    Comentario de Pablo hace 2 años y 27 meses

  9. A verdade, hai que ter pouca imaxinación para reducir a poesía a esas mamelucadas.

    Comentario de Eu hace 2 años y 27 meses

  10. A poesía ten que ser algo máis serio, algo máis transcendete, algo que, sen dúbidas, non pode vir da man dunha máquina.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  11. Ola Fran, só un saudiño. Noraboa pola bitácoras. Beixos.

    Comentario de Santa hace 2 años y 27 meses

  12. Uff, non sei onde teño a cabeza: na mensaxe orixinal crin ler "topoenemas"... e pasei un anaquiño a pensar qué demo podia ser!!!.
    Saúdos.

    Comentario de Hai Cada! hace 2 años y 27 meses

  13. Iso, tal e como o dis, soa a enfermidade. Saúdos

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  14. ¿Y si los tonopoemas fueran del tipo del verso de Neruda que mencionas?
    ¿Si dijesen amor y pasión expresados de forma que se pudieran sentir?
    ¿Seguirian sin gustarte?
    ¿No te gustan solo por que no están escritos por quién envía el mensaje o también por el texto?
    Yo escribo poemas. No creo que nunca me atreva a decir que soy poeta o que escribo poesía, pero si que creo que la poesía puede venir de la mano de una maquina. Estoy leyendo a grandes poetas y enormes poesías todos los días a través del mismo ordenador desde el que escribo esto y me llega su poesía.
    Utilizo esta maquina para leer y escribir.
    Creo que el "intringulis" del asunto está en saber ir más allá de lo que se lee. En no pasar por encima de las palabras, en meterse dentro de ellas, en recorrerlas, en aprenderlas, en pedirlas prestadas y devolverlas.
    También creo que esos tonopoemas de los que hablas deben ser textos penosos.
    Por su contenido y por que quién los envía (gneralmente) ni siquiera se para a conocer lo que dicen las palabras. Lo manda y punto.
    Personalmente nunca mandaría un tonopema. Prefiero un folio con mis palabras.
    Perdón por el rollo.

    Comentario de Rafael hace 2 años y 27 meses

  15. Rafael: de rollo nada. Eu tamén escribo poesía e, ademais, fágoo no ordenador. Hai quen pensa que hai que facelo en papel, que así a cousa é "máis sincera". Non o creo. Sen embargo, coido que, no esencial, estamos de acordo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  16. Os tonopoemas? Como evoluciona a mercadotecnia que rodea ó día de San Valentín!

    Comentario de Boedense hace 2 años y 26 meses

  17. Desde logo, ¿con que nos sorprenderán o ano que vén?

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.