Á XENTE PÓÑELLE O MORBO
Francisco Castro - 15-02-2006 14:27:07 | Categoria: Todos os meus artigos
Amparo Muñoz foi, hai 1000 anos, Miss Universo.E agora escribiu un libro.
Outra máis no millo.
Lendo unha entrevista con ela ( nun gran medio de comunicación de enorme tirada que nunca me entrevistará a min; eu tampouco serei, agora que me decato, Mister Universo ), vexo que declara diante da pregunta "¿Por que cree que un libro lleno de tragedias va a vender bien?", o seguinte: "Porque a la gente le pone el morbo".
Daquela, xa sabedes, aspirantes a escritores: esquecédevos da Gran Literatura. Escribide cousas morbosas.
Non pensedes na Gran Literatura. Pensade, mellor, en Gran Hermano.
E a vender.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
E sabido,que todo o interesante que poidas contar,escribir,ou que queiras compartir e un material inservible e insulso para a gran masa que conforma a nosa sociedade.hoxe por hoxe a ninguén lle importa en que estaba a pensar Jhon Lennon cando miraba a Yoko Ono,senón nas disputas, os berros e os escandalos que se poidan inventar ,falsear ou ben demostrar.
A sociedade de hoxe non quere saber das miserias da sua casa ou alrededores,so quere rirse das dos outros.penoso,moi penoso,pero real.
Sinto moito por osescritores deverdade e por as oportunidades que lles negan,e tamen por a xente como nos,que non teremos o placer de leelos nunca.
un forte abrazo con moita esperanza dende meu carón para esas mans maxicas,que escriben todas esas follas tan fermosas
Comentario de bea hace 2 años y 27 meses
-
Bea, grazas por esas fermosas palabras. En calquera caso, xa sabes que o que hai é que loitar para poder disfrutar desas cousas que de verdade pagan a pena. O morbo, para quen lle interese. Eu, desde logo, paso. E sei que ti tamén.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Vender, vender ... Hai homes e mulleres que se adican a Gran literatura e venden. Eso sí, algúns despois de mortos coma Alberto Méndez (un exemplo de tantos). E si escriben en galego as posibilidades redúcense moito ... Mais eu son optimista, benquerido Fran. Todo chegará.
Comentario de Chus hace 2 años y 27 meses
-
Non sei se lle consola moito ou non, pero eu teño a teoría de que eses libros máis ben se promocionan que se venden... Poida que me trabuque, pero xamais teño visto a ninguén léndoo un libro desa caste na praia, no transporte público, na piscina... e todos eles son sitios supostamente axeitados para libros de puro consumo. Pero aí máis ben vexo revistas ou literatura que non faga pensar moito, non directamente ese ¿lixo?.
Saúdos.Comentario de Hai Cada hace 2 años y 27 meses
-
Hai muitos tipos de libros e este que publicou esta muller e un mais para a lista. Hai libros que falan de gastronomia, outros que falan de estrelas, outros de fotografia, hai novela, hai teatro, poesia, filosofia, revistas de moda, revistas de ciencia, etc, etc. E tamen hai libros autobiograficos cheos de dimes e diretes e de cousas que xa pasaron. Que alguen quere saber que fixo ou deixoo de facer na sua vida?. Pois que o merque e o lea. Dende logo a xente que vaia mercar este libro non tenhas medo que fose mercar algun dos teus, tranquilo que por iso non perdes lectores asi como non os ganharias se esa muller non escribise ese libro.
Mira, o primeiro ano que estiven neste pais no mes adicado aos afroamericanos (precisamente neste mes pasado que deixamos) nunha libreria de aqui mirei os libros especiais para esta comunidade e quedei abraiado cando un dos libros mais vendidos e recomendado era: "Diferentes tipos de sombreiros que levan as senhoras a igrexa". Flipei e quedei asustado pero meditando e dandolle a chencha cheguei a conclusion de que un libro que se venda muito non ten por que ser bo. Hai libros que son puro negocio. Hai libros que son moda, outros catalogos, outros tenhen muita promocion...eu que sei. O que tenho claro e que a literatura cando e boa require dun tempo en repouso e dunha lectura a fondo. Tamen tenho claro que a inmensa maioria da xente non lle gusta ler. A xente quere entreterse e non pensar. A xente non dedica tempo a ler. Isto require unha concentracion e un tempo que a xente non esta disposta a perder. Desenganemonos.Comentario de acedre hace 2 años y 27 meses
-
Ola Chus, canto tempo. Estou de acordo contigo, e o caso que comentas, de Alberto Méndez, é un caso ben sangrande. Hai Cada, levas moita razón. Todo iso ten que ver coa promoción, pero non me negará que deprime un pouco ver que se lle concede tanta importancia social.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
O de “morbo”, malia a súas evidentes connotacións pexorativas, non deixa de ser un eufemismo. A base de repetir o do “morbo”, vese xa nalgúns círculos como un mal menor, como un “pecadiño” sen importancia sobre o que se pode banalizar. Pero cando este tipo de xente fala de morbo, o que realmente queren dicir é “vulgaridade”. A vulgaridade, a súa vulgaridade, resulta comercial. Unha vulgaridade núa, estúpida, sen humorismo nin miolos... é dicir, un verdadeiro insulto aos seus potenciais lectores, aos que, no fondo, supoño que teñen por imbéciles. Porque se non fose así venderían os seus libros (aínda que fose mentira) falando do moi currado que está, do esforzo empregado, falarían de que é digno de considerarse literatura... pero, non. Diso nada. So lles falta berrar “hei, merdáns. Aquí tedes a vosa nova dose de merda. Seguro que vos vai encantar”. Pero como isto queda moi feo, deíxanno no de “morbosos, que sodes un morbosos”, como quen lle di ao un cativo “pillín, que es un pillín”.
En resumo: un insulto á intelixencia da xente. Algo que, supoño, se estivese máis xeralizado un certo espíritu crítico, non pasaría desapercibido para tantas persoas.
Comentario de Larvós hace 2 años y 27 meses
-
Ademais, querido Larvós, a palabra "morbo" pode ter incluso un sentido literariamente positivo. Eu, de feito, publiquei un libro de relatos eróticos... purito morbo...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Cada quen que escriba o que queira, o público elixe o que quere ler e o que non. Na diversidade está a calidade, creo eu modestamente...
Unha aperta e continua cantando náufrago.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 27 meses
-
"La vida es el precio" é un libro de memorias escrito por Amparo Muñoz en colaboración co escritor e xornalista Miguel Fernández. Foi publicado o 16 de novembro de 2005.
Comentario de Sara hace 2 años y 27 meses
-
Grazas pola aclaración, Sara. Agora resulta que nin sequera a ex-miss escribiu o libro...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Marinha:
Na miña tamén humildísima opinión, penso que a variedade e a calidade son parámetros ben distintos. Pode haber pouca variedade, pero que o que haxa sexa moi bo, ou a inversa. O máis noxiño me dá destes libro-lixo é que, ao igual que os artistas lixo (eses embotellan merda ou penduran un bidé do teito e din que representa a angustia existencial do home bateeiro ante a invasión do mexilón tigre), a súa presenza despraza dos espazos de publicación, dos medios, e das galerias, a xente bastante máis seria (digo “seria” no sentido de persoa que se esforza en facer ben o seu traballo), e que ao final quedan fóra. A resposta dos medios ante a cultura é limitada, e se aínda por riba teñen unha idea de cultura tan laxa, tan dada de si, que o mesmo lles colle Borges que o disco de Jezulín, pois fixémola. Another cow in the maize (outra vaca no millo).
E postos a dar consellos, a min ocórreseme, Castro, que poderías, no próximo libro, cravar ao pe da letra cincuenta páxinas de Borges. Se te collen na allada, pois nada, aplícaslle a xa mítica: “tiven problemas coa informatica”, e santa rita, o que se dá non se quita”. E a ver se así.
Comentario de Larvós hace 2 años y 27 meses
-
Prezado Larvós, grazas polo consello, pero case que vou pasar. Mais non creo que a min non me pasase nada. Se fose Ana Rosa Quintana aínda, pero eu...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Larvós:
As expresións artísticas hai que respetalas, e moitas veces despreciámolas pq non as entendemos. Intúo que a arte contemporánea non é santa da túa devoción atácaslle dun xeito incuberto a Piero Manzoni e a Marcel Duchamp. É precisamente son dous artistas multidisciplinares que profundizaron bastante na súa obra dándolle un sentido.
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 27 meses