Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

¿PERO QUE FAS LENDO ESTE BLOG?

¿Pero que fas lendo este blog?
¿Pero que fas lendo unha bitácora dun escritor galego que fala de libros, e de literatura, e da lingua galega, e do sistema literario galego e de todas estas cousas minoritarias, é dicir, galegas?
¿Pero que fas lendo este blog?
¿Como é que non es dos millóns que están lendo este?

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Mimadriña, quita de aí ese enlace, ou denúncioo a Amnistía internacional. Estou aínda sufrindo palpitacións, e sospeito que unha incipiente urticaria ameaza con inzar as miñas retinas.

    Alguén moi sabio (no lembro o nome. Esta maxín meu fai auga polos catro costados) dixo algo que máis ou menos era así: “cando a inxustiza domina unha sociedade, o lugar do home xusto é a cadea”. Dándolle un retoque para axustalo ao tema poderíamos dicir que cando as horteradas dominan a cidade, aos que non pasan polo aro tócalles os arrabaldes*.

    *O mellor de internet que agora calquera (até eu) podo soltar unha carallada e sentirme un pouco filósofo. Non hai moito tempo iso so estaba ao alcance de tipos como Camilo José Cela. Non está mal isto das novas tecnoloxías.

    Comentario de Larvós hace 2 años y 27 meses

  2. Prezado Larvós: controla a túa taquicardia. O mundo vai así. E os filósofos coma ti e coma min, nada podemos facer diante de blogueiros coma ese que liguei aí.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  3. Pero que manía lle tedes ao futbol, que non vos fixo nada. En fin, gracias polo enlace a Ronaldinho, que non o coñecía. Por certo, a cita e de Thoreau, o precursor da desobedencia civil. O home foi á cárcere por non pagar impostos a un goberno que permitía a escravitude.

    Comentario de Pedro hace 2 años y 27 meses

  4. Non Pedro, de manía ao fútbol nada. O meu comentario haino que tomar como unha crítica a outra cousa...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  5. Eu son autónoma nas miñas decisións e leo o que quero, por iso cheguei a este blog, así de sinxelo.
    Unha aperta escritor de minorías.
    ;)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 27 meses

  6. Por certo pq lees ti o meu???.
    Conta, conta.
    ;)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 27 meses

  7. Boh, eu pensei que era de mulleres con pouca roupa. Enganachesme.

    Comentario de acedre hace 2 años y 27 meses

  8. Igual si, se puxese unha ligazón a mulleres espidas igual tiñamos máis éxito. En calquera caso, Marinha, non me queixo de lectores, nin destes nin dos outros. Coido que se entendía a ironía.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  9. Pois lemos este blog porque o futbol é así, aburrido a non poder máis, porque non hai inimigo pequeno, so árbitros que o único papel que tocan son esas tarxetas amarelas que nada teñen que ver co fantástico recendo a vello que teñen algúns libros, porque Ronaldinho chama amigo a calquera, porque un balón é un balón e por moitas voltas que se lle dean non se lle saca máis filosofía ca do euro, porque xa me chega con aturar os resumes do Celta todos os días, todas as horas, en todas partes, porque para frases feitas mellor leo unha escolma de ditos e refráns que saco máis en claro, porque... ¿chéga?... por certo, se chega o caso, revindico unha ligazón a homes espidos. Máis que nada, por amolar...

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 27 meses

  10. Como di Marinha eu tamén son autónoma e leote porque me gusta ...
    Bicos.

    Comentario de Muralla hace 2 años y 27 meses

  11. Que por qué leo este minoritario blog e non outros?.... Bueno, pois por varios motivos... O primeiro, porque disfruto cando o leo, e ademáis, entérome de "minoritarias" cousas que me interesan... O segundo está en relación con "outros" bloggs... e é que non me gusta a vulgaridade contenta con ela mesma...qué lle vamos facer!!!.. e ollo, que non quero dicir que menosprecie as persoas que fan eses blogs... e algo así como o que segue:
    eu sei que as cosquillas poden provocar pracer a algúns, e tamén, poñamos por caso, ler os poemas de Lois Pereiro, como é o meu caso... pois ben, non teño dúbidas sobre cal das dúas cousas debo, no meu caso, elexir....

    Comentario de JCarlos hace 2 años y 27 meses

  12. Grazas as dúas polas vosas palabras.
    Rosa Velenosa: dubido que meta aquí unha ligazón a homes espidos. Síntoo. Muralla, canto tempo sen saber de ti. Xa tiña gañas.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  13. Grazas, JCarlos. Eu tamén refugo dos blogs que se dedican a facer sangue. Nin me gustan nin os entendo. Apertas.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  14. Que boa promoción fas dese blog! A pesar de que eu tampouco son un grande siareiro do fútbol, penso que cada cousa ten o seu lugar.

    Eu cheguei a este blog a través doutro, o de Brétemas, se mal non recordo. Eis a miña resposta.

    Comentario de Boedense hace 2 años y 26 meses

  15. Atopei de supeto co teu blog, facendolle una visita o meu amigo ACEDRE; preguntas que carallo facemos lendo en galego; pois voucho a dicir: ¡leo porque me da a gana!. Cando non era moda falalo, eu facíao porque non sabía falar doutro xeito; agora que e moda de cando en vez gustame decatarme que non fun tan paleto como eu coidaba. A páxina que recomendas faime doer a cabeza; coido que son dos poucos que non saben o que perden por non comprender o xogo da pelota. Se cadra ata compre que aprenda nomes de xogadores para que semelle que sei moito do asunto.

    Comentario de pepe penas hace 2 años y 26 meses

  16. Grazas aos dous por ler este blog. A Bragado pola ligazón. Pepe: supoño que te decatas de que a miña "recomendación" desoutro blog vai con retranca. E ao respecto do que dis, comentas o mesmo que Celso Emilio Ferreiro cando dicía aquelo de "fáloa porque si, porque me peta e dá a gana".

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.