SORRIR EN FRADES
Francisco Castro - 13-02-2006 13:48:11 | Categoria: Todos os meus artigos
¿Quen decide as fronteiras entre idades?
Veño de rematar a lectura dun libro moi bo que non podo deixar de recomendar. Falo de Sorrir en Frades, de Siro López, na Editorial Casals. Un libro que vén sendo unha especie de colectánea de anécdotas da infancia, imaxino que do autor, nunha vila imaxinaria, que podería ser calquera de Galicia.
Lin o libro e gocei moito del. Para min Siro López era só un dos ilustradores e humoristas gráficos habituais de La Voz de Galicia. E non lle lera nunca nada.
E agora a reflexión.
O outro día, Agustín Fernández Paz dícía nunha entrevista nese mesmo diario que moitos dos seus libros ( que sempre aparecen nas coleccións infantís ou xuvenís ) poderían facelo nas de adultos, pero que el prefire que saian nesas coleccións e contribuir así á dignificación desa literatura. Concordo totalmente con el e con iso que di sempre de que un bo libro para rapaz@s ten que ser un libro que tamén disfruten os adultos.
Con este de Siro López pasa outro tanto. E de estar nunha colección para adultos quizais pasaría menos desapercebido. E non chegará a moitos lectores por aparecer, precisamente, nunha colección para un público máis cativo.
Lédeo. Disfrutaredes tanto coma min. Espero.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
creo que Agustín Fernández Paz é un bo escritor para un público infantil-primeiro-xuvenil, do mellor que hai en Galicia e non sei se tamén en España, a pesar da moralina imperante neste tipo de literatura. pero diso que di das coleccións para adultos, xa non sei, non sei.
respecto ó libro de Siro, eu lino hai anos e non me disgustou. podería emprendela agora con outra das miñas teimas, unha vez que non parei ata que vostede me deu a razón no da literatura popular. pero penso que a idea de poñer ilustracións nas lecturas calificadas como "para adultos" parece algo quimérica hoxe.
Comentario de brautigan hace 2 años y 27 meses
-
Non, non suxiro que o libro saíse tal e como está, é dicir, con ilustracións, para adultos. Refírome a ese texto. Só ao texto.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
iso comprendino. quería dicir que me acordei doutra das miñas ocorrencias parvas, como sería a de contar máis con ilustradores para traballar na edición dun libro. nos dirixidos ós pequenos, é algo habitual. eu pensaba nesoutros. creo que un libro gaña moito se vai (ben) ilustrado.
Comentario de brautigan hace 2 años y 27 meses
-
Si, e de feito en moitos países europeos entra dentro do habitual ver libros para adultos ilustrados. Pero, non sei, a min coido que non me chistan.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses