¡ALELUIA!
Francisco Castro - 10-02-2006 14:32:43 | Categoria: Todos os meus artigos
Debemos celebrar que a Consellería de Cultura bote a andar, por fin, un programa estable de actos para promover a lectura.Plantexan 10 datas para que a sociedade se centre no libro.
O 24 de Febreiro celebrarase o Día de Rosalía, coincidindo co seu nacemento e dedicado á creación literaria. O 21 de Marzo, o día da Poesía. Despois o Abril dos Libros ( día 2: día do Libro Infantil; día 23: día internacional do libro ). En Maio, a Festa da Lingua e así ata dez celebracións diferentes.
Só podo dicir unha cousa: ¡aleluia!
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Curioso cambio de formato, no puedo dejar de cliquear en en sitio que me dice que opine, la verdad es que ya era hora de que el gobierno se preocupara un poco más por la cultura. Aunque por otra parte, me parece que los actos en los que se dice "leed" no son la mejor manera de convencer a la gente (muy a tu pesar te dire que aunque "El caso Da Vinci" es un bodrio tambien animó a bastante gente a leer) y por supuesto sigo absolutamente en contra de cierto tipo de actitudes paternalistas por parte del gobierno (como eres un patán tenemos que obligarte a dejar de fumar por ley, para que no te hagas daño, y te vamos a repetir una y otra vez que leas como el padre que dice a su hijo: "estudia" ,con resultados parecidos) y pienso que quien no le tiene gusto a la lectura no lo va a coger de repente ningun programa de actos.
Comentario de Nico hace 2 años y 27 meses
-
Nico, estou de acordo. Ninguén vai ler polo feito de que haxa moitos actos conmemorativos, iso está ben claro. Pero concordarás comigo en que será mellor celebrar días da poesía e cousas así que non facelo. O feito de celebralas fai que a sociedade se centre no libro e na lectura, e iso é bo. Por suposto, ninguén vai ler por decreto. Pero non creo que esa sexa a idea.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Acabo de ler estes comentarios e, de súpeto, vénme a cabeza a columna de Rivas no "El país" de hoxe.... Fala dunha concentración de afectados polo ruido do aeroporto de Barajas, onde estes repartían folletos coas suas reivindicacións baixo unha reproducción de "El grito", de Munch...; e dos carteis de Frida Kahlo nos aeroportos,... Bueno, pois a mín, coincidindo co que expresades, paréceme ben que, aínda que moita xente non lea, pois se mova nun espacio cheo de referencias culturais, neste caso do libro e da literatura..., e aínda que só sexa por iso... pois paréceme que non está mal.Comentario de JCarlos hace 2 años y 27 meses
-
Totalmente de acordo, JCarlos. Obviamente, este tipo de iniciativas non van conseguir que Galicia deixe de ser a segunda comunidade do Estado onde menos se le. Pero, de certo, que non fan mal e, cando menos e como dicía hai un intre, centrarase o país enteiro arredor do libro, das palabras e da literatura. E iso é para apoiar.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Perdón por cambiar de tema, pero... Por curiosidade, cal é a primeira comunidade? E por chauvinismo, sabes onde queda Cataluña nesa lista?
Comentario de Gemma hace 2 años y 27 meses
-
O día 24 de febreiro (Día adicado a Rosalía), a Consellería de cultura organizou un acto, parece ser que se vai facer unha cadea de mulleres polas rúas de Compostela e vanse ler poemas de Rosalía eu tou convidada a ler un.
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 27 meses
-
Gemma. Os datos están ( ou estaban hai unha semana ) na web do Ministerio de Cultura. Marinha, haberá, xa que logo, que estar alí en Compostela para disfrutar desa xornada poética.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses