HOMENAXES
Francisco Castro - 08-02-2006 13:10:47 | Categoria: Todos os meus artigos
A ver se aprendemos dos francesesSego na liña de onte, e sego falando de homenaxes.
A ver se aprendemos dos franceses.
A pasada fin de semana inaugurouse a triséxima ponte de París sobre o Sena. Para darlle nome escolleron o da gran escritora existencialista francesa e unha das nais do feminismo, Simone de Beauvoir.
Hai moito tempo, suxerín ( aínda que a idea é vella, de Ferrín, de hai moitos anos ) que se bautizase a Ponte de Rande como Ponte de Xulio Verne, pois, a fin de contas, foi o francés quen inmortalizou a nosa ría na célebre escena do Capitán Nemo e o Nautilus en 20000 leguas baixo dos mares levando o nome de Vigo polo mundo adiante.
Por suposto, quen me vai facer caso a min.
A idea pode parecervos unha parvada pero non o é. Unha cidade, un país que lle dá nome de escritores a lugares ou cousas, é un país que, cando menos de boca para fóra, lle dá importancia á xente da súa literatura. Lembro, neste sentido, como moi positiva aquela época na que Castromil bautizara os seus autobuses con nomes sobranceiros das nosas letras e incluso agasallaban aos pasaxeiros ( eu teño uns cantos daqueles días ) con contos de escritores que escribiran algo relacionado con autobuses para a ocasión.
¿Por que agora ninguén fai nada nese sentido?
A ver se aprendemos dos franceses.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Unha alma complexa a francesa (aínda que supoño que, ao seu xeito, todas o son): por un lado semellan coidar máis que ninguén a súa cultura, pero por outra banda, non lles treme o pulso nin o máis mínimo á hora de tratar do máis abxecto xeito ás súas linguas minorizadas. Nin o novel a F. Mistral lles fixo recuar no seu destructivo ego francocentrista.
No que foi o meu instituto, facíase un intercambio con estudantes franceses (bretóns para máis señas) e cando entraban na clase de galego, non deixaban de dicir “en Bretaña deberiamos aprender de Galiza”.
Supoño que todos temos moito que aprender os uns dos outros. Das virtudes para saber valoralas e aprender delas; dos vicios para non incurrir nos mesmos.
Comentario de X. Larvós hace 2 años y 27 meses
-
Evidentemente, levas toda a razón. Hai que aprender dos franceses nese asunto, claro, non nos demais. E, por certo, no meu instituto, tamén había intercambio con bretóns.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Estou ten total acordo ca tua idea. Quen amante da literatura,ainda que poda parecer unha parvada pero as persoas estamos feitas de sumas de parvadas, non se fixo una foto diante da estatua de Cunqueiro en Mondoñedo ou de Pessoa en Lisboa, ou en Salamanca de Torrente Ballester?.
Eu teño unha foto miña das que mais agarimo lle teño que é cerca do Deux Magots e do Cafe di Fiore onde hai un busto de Apollinaire, ainda que este nun poema desprezaba as estatuas de escritores.Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 27 meses
-
Gustavo, encantoume esa definición de persoa como algo feito dunha suma de parvadas. Marabilloso.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Pois non sei... Vai ser cousa de botarse a rúa e pregar á xente que asine, última moda en P.. París. Estes franceses sempre tan orixinais. ¡Ai!,se Xulio Verne levantara a cabeza e vise o que cobran por cruzar Rande...
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 27 meses
-
Prezada Rosa: os que andan a recoller firmiñas son outros, e eu, a verdade, non me vexo en semellante tesitura... Abondaría con que os políticos tivesen un chisco de sentido común e un mínimo de sensibilidade.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Neste domingo de sol boteime a camiñar pola zoa onde vivo en Compostela. E atopeime con duas sorpresas. Dous nomes de ruas que teñen o nome dun poeta. Sorpresa!. Unha esta sin rematar e a outra case non ten saida. Os nomes rua uxio novoneyra e rua jose angel valente. En algo coinciden esta dous poetas.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 27 meses
-
É ben curioso o que contas, Gustavo. Se fosen a rúa de Ronaldinho e de Robinho, igual eran vías principais da capital de Galicia...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses