Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

25 ANOS SEN CUNQUEIRO


Vanse cumprir 25 anos do pasamento, en Vigo, de Alvaro Cunqueiro.
Ata onde eu sei, non é precisamente que estean previstos centos de actos para, co gallo da data, homenaxear como se merece a un dos máis grandes que ten dado a literatura galega. Concretamente, na miña cidade, Vigo, polo que eu sei, aínda non hai nada previsto.
¿Seica vai pasar sen pena nin gloria?
Coñecendo como coñezo este País, non me estrañaría.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Penso que sucedeu o mesmo con Blanco Amor e Celso Emilio, dous grandes que tamén morreron en Vigo. Por un lado, creo que o Día das Letras Galegas esgota tanto aos nosos escritores que os asfixia; é como se os inutilizase para novas homenaxes. Por outra banda, está o País, claro, o noso particular País.
    De todos modos, sen ser eu especialmente amigo de excesivos fastos, propoño que se organice unha lectura de textos de Cunqueiro. Aínda que estou algo lonxe, ofrézome para colaborar no que poida.

    Comentario de Veloso hace 2 años y 27 meses

  2. Como ben sabes é martes de antroido. Que mellor homenaxe que disfrazarnos todos de sochantres ou simbads ou merlins ou feireantes. Estou seguro que al gustarialle.

    Comentario de folerpa hace 2 años y 27 meses

  3. Tomo nota das dúas ideas. Grazas aos dous.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  4. Eu apúntome tamén a eses disfraces, xenial!!.
    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 27 meses

  5. Pois nada, haberá que organizarmos unha quedada e ver como facemos o dos disfraces.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  6. Hoy pasé por la calle Marques de Valladares de Vigo. Hay una placa en un portal que recuerda que en esa casa trabajó y vivó Alvaro Cunqueiro desde 1962 a 1981, cuando murió.
    Yo nací en 1962.
    Si desde los estamentos que deben defender las cultura no se hace nada, es para morirse de pena.

    Comentario de Rafael hace 2 años y 27 meses

  7. De feito, Rafael, que a min me conste, só a Universidade de Vigo ten prevista unha homenaxe. Mais, insisto, o asunto é que en Vigo, unha cidade importantísima para Cunqueiro, que eu saiba ( mais eu non o sei todo ) non hai nada previsto desde o Concello.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.