Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

ESCRITORES TOLIÑOS


O outro día falabamos dun perturbado mental que quixo ser poeta.
Hoxe dámoslle a volta ao asunto. Unha cantidade importante de perturbados mentais chegaron a ser grandes escritores.
A semana pasada, no Clube Faro de Vigo, participou o psiquiatra José Guimón, quen explicou cousas en verdade sorprendentes.
Por exemplo, que Virginia Woolf padecía psicose maniaco-depresiva e que escribía con grande inspiración nos seus momentos de euforia. Que Lord Byron, Baudelaire, Rimbaud e Oscar Wilde padecían dunha certa fobia social, o que lles levou a ser grandes provocadores, algo que, con claridade, pode apreciarse na súa literatura. Ou que a Nobel astríaca Jelinek leva anos sen sair de casa polo mesmo motivo.
Daquela, é algo así como que un certo nivel de perturbación mental pode server de estímulo para a xenialidade. De onde non hai que concluir que todos os tolos poidan ser escritores ou que todos os escritores están tolos. ¿Ou si?

Referencias

Dirección para referencias

  1. [...] escritores tolos, e lembráronme as súas palabras outro concepto, outra xeito de tolemia, cuxa sona non está tan difundida por mor da penumbra do anonimato de quen a padece, pero que penso que tamén merece unhas modestas liñas: o lector tolo [...]

    Referencia de Lletraferit. hace 2 años y 27 meses

Comentarios

  1. Na miña opinión todolos xenios teñen algunha tolería. penso que dalgunha forma, esa tolería é o que lles fai ser diferentes e incluso lles axuda aser eses xenios. isto non pasa so na literatura. o mismisimo Mozart estaba como unha regadeira. ou por exemplo, algo máis preto, un fora de serie do rock and roll coma Fredi Mercury, que estaba toliño en canto o sexual. se vos dades conta os grandes xenios teñen a meirande parte algunha rareza. Joey Ramone era incriblemente maniatico( o baixar das escaleiras do escenario tiñaas que tocar varias veces, e outras máis que realmente son incribles). De todolos xeitos non digo faga faia estar tolo para ser xenio, nin tampouco ser xenio para estar tolo, jaja.
    LIBERDADE E IGUALDADE.
    adrian

    Comentario de adrian hace 2 años y 27 meses

  2. É posíbel que estea trabucado, pero penso “algo de tolemia” todos a levamos dentro. Agorafobia, timidez, medo a voar, rubor ante un pequeno piropo, medo aos ascensores, claustrofobia, pánico a que a FAES espete outro video... quen máis quen menos ten algunha que outra cousiña, algún deses trasnos que andan por aí fervellando polo subconsciente dispostos a facer das súas no primeiro despiste.
    Claro que, o coleccionista de teimas, se alcanza a celebridade, din del cousas como “o peso do seu xenio, a súa desgarrada lucidez, fixo abalar os piares da súa mente”. Se iso, pola contra, lle pasase a un servidor, deixaríano máis ben en “oes, sabes o Larvós?. Si, o fillo de Rosa. Pois seica que lle deu volta o sentido de todo. Virou toliño. Seguro que foi de andar por aí chutando mariguana con eses melenudos que len libros deses que escriben os do benegá”.

    Xa en serio, a min pareceme que o normal é que todo o mundo teña algo de tolo. Os únicos completa e absolutamente equilibrados psiquicamente que eu coñecín nunca son os responsabeis de recursos humanos das multinacionais (tamen coñecidos como erre hache). E asegúrollelo: están tan sans que meten medo. Teñen tal calma que calquera diría que, en vez de café negro, almorzan un combinado de morfina, valium e tranquimacin. Eses tipos non perderían a calma nin a bordo do Prestigee. Non se ruborizarían nin ao ser sorprendidos pola súa muller masturbándose ante un cartaz de Manuel Fraga na súa exhibición de camisolas molladas de Palomares.

    E unha persoa equilibrada non pode estar tan equilibrada. Ser así de normal non é normal. Nin de coña.

    Comentario de Xosiño hace 2 años y 27 meses

  3. Sobre o tema de literatura e enfirmade atopei na miña bibliotec un libriño titulado daquel amaneira "literatura y enfermdedad" daquel famoso home do tempo chamado Felipe Mellizo

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 27 meses

  4. Perdoen o mal escrito da miña anterior menxase pero hoxe volvin a sufrir unhas das miñas vellas teimas. As duas horas de viaxe en tren santiago- Ourense. Xa non as lembraba ainda que gañei o disfrute dos versos de Eusebio Lorenzo Baleiron..

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 27 meses

  5. Ola a todos. Si, rariños somos todos e, como ben di Xosiño, coidado cos normais, que eses son os de RRHH e cousas peores. Tamén leva razón no de que se os xenios son raros, iso é unha manifestación das súas rarezas, pero se nos pasa aos demais é que estamos pallá. Gustavo: iso si que é viaxar en tren. Adrián: na música hai tantos raros coma na literatura, clarísimo que si.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  6. Ainda que non ten que ver, vou a escribir o que me atopei esta maña nun libro titulado " The Penguin BooK of Spanish Verse" Introduced and Edited by J.M Cohen do ano 1960 e que esta dedicado a un home tan vinculado a Galicia coma Ricardo E Molinari.
    " Rosalia de Castro(1837-!885) wrote much of her poetry in the Galician dialect, but one small collection in Spanish.Her plaintive,delicate evocation of the Atlantic landscape is something more than a local patriotism".

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 27 meses

  7. "Rar@s" somos tod@s, ainda que iso é o que nos fai ser únic@s e irrepetibles. Si algunha desas peculiaridades consigue o nivel de xenialidade mellor que mellor.
    Unha aperta e un beijo.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 27 meses

  8. ¿Galician dialect?

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  9. A min tamen chamoume a atención dado que é esta figura chamda J. M Cohen. Eu descoñecia quen erá pero busquei na rede e polo que se ve era ou é un afamado traductor o ingles do castelan e incluso menbro do xurado do afamado premio Casa das Americas. E o que mais me sorprende é que podería preguntarlle a Molinari, amigo dos exilados galegos en Bos Aires de que o galego non é un " dialect".

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 27 meses

  10. En calquera caso, de certo que tamén hai moreas de galeg@s que, no fondo, pensan que o galego tamén é un dialecto do castelán. Ou, aínda que non o pensen, actúan como se tal...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.