Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

O POETA FRUSTRADO

Publícase o Diario Secreto de Joseph Goebbels


Leo que vén de sair o diario secreto de Joseph Goebbels, o ministro de propaganda de Hitler. Un becho malo.
O máis divertido do asunto é que os beneficios que se tiren da venda do diario irán destinados ás víctimas do Holocausto. Que se fastidie.
Pero non era iso o que quería contar, senón que no tal diario (esterrecedor: é incrible como reflexiona sobre a dor das familias alemanas que morren na fronte ao mesmo tempo que escribe sobre a necesidade de exterminar aos xudeus coma ratas e que espera que morran todos os que hai no mundo ), se nos informa de que o que el quería, en realidade, era ser poeta e escribir libros de poesía.
Seica parte do seu carácter horroroso tiña que ver con esa incapacidade para escribir poesía. Como non lle saían os versos, fixo campos de concentración.
Daquela, ollo coas vocacións non cumpridas. Que cada quen investigue nas súas, non vaia ser.

Referencias

Dirección para referencias

  1. [...] O outro día falabamos dun perturbado mental que quixo ser poeta. Hoxe dámoslle a volta ao asunto. Unha cantidade importante de perturbados mentais chegaron a ser grandes escritores. A semana pasada, no Clube Faro de Vigo, participou o psi [...]

    Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 27 meses

Comentarios

  1. Menudo becho este ghichiño

    Comentario de min hace 2 años y 27 meses



  2. Hitler tiña vocación de arquitecto e pintor, e mesmo viviu un tempo dos pinceis, pese a que o rexeitaran nas academias (agora vanse subastar algunhas das súas obras, aínda estades a tempo...). Ao noso amigo Francisco Franco gustáballe o cine, e foi guionista da película Raza. Mussolini era violinista. E hai pouco souben aquí mesmo dos inicios como dramaturgo de Pérez Varela. Os creativos sodes o demo... ;-)


    Comentario de Pedro hace 2 años y 27 meses

  3. Pois, a verdade, amigo Pedro, dáme medo ler todo isto...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  4. ¡Meu Deus!, pobre de min.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 27 meses

  5. Tranquila, Rosa, a túa vocación ha cumprirse máis tarde ou máis cedo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  6. Un nazi nunca podera ser un poeta.inda que eu non son poeta e a poesía non é algo que me chame moito, penso que "poeta", é unha palabra que conleva máis ca unha persoa, é unha palabra que conleva unha forma determinada de vela vida, e tamén de vivila. "Poeta" é unha palabra que define tamén unha persoa que é capaz de facer fermosura dun papel, que é capaz de namorar a xente so falándolle coa folla. Un nazi que é capaz de pensar cousas como a exterminación dun pobo, nunca xamais sera capaz de dicir "querote" sen parecer un hipócrita, e unha persoa que non pode facer isto, nunca poderá ser poeta.
    LIBERADE E IGUALDADE.
    adrian

    Comentario de adrian hace 2 años y 27 meses

  7. Levas toda a razón, Adrián. A poesía, como a intelixencia, está reñida co fascismo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  8. Adxudicas á palabra “poeta” unhas connotacións que distan moito da realidade, adrián. Poeta é o que escribe poemas, non ten mais. Pódese ser un bo ou mal poeta, e ao mesmo tempo perfecto miserable. Atribuírlle aos poetas, ou a calquera creador, unha determinada condición ética polo efecto da estética é unha esaxeración. Celine foi un nazi e un excelente escritor, non poeta. Neruda e Alberti escribiron deleznables poemas en honor a Stalin. Así son as cousas.

    Comentario de Pedro hace 2 años y 27 meses

  9. Si, Pedro, pero hai un matiz. Unha cousa é escribir deleznables poemas para xente deleznable, e outra cousa é ser, un mesmo, un deleznable "de facto", e mandar xente á morte, etc, etc... Quero dicir que un pode ter ideas máis que discutibles e un talento literario enorme. Pero normalmente os fillos de p... non adoitan ter moita capacidade para a creación artística.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  10. Francisco, o talento non ten nada que ver coa ética. As veces van xuntos, outras non. Ser nazi ou gabar a Stalin e algo máis que ter “ideas máis que discutibles”, e moito máis. Gustaríame pensar que todos os artistas no fondo non poden ser mala xente, pero non é certo. Hainos que son perfectos cabróns.

    Comentario de Pedro hace 2 años y 27 meses

  11. Penso que estamos ante casos de psicopatía. Para a xente que non o sepa, un psicópata é aquel incapaz de sentir empatía cara ninguén, que ve as persoas como obxectos dos que se aproveitar. Houbo hai bastante tempo un programa en Redes (a horas insufribeis, como todo o bo que programa a televisión) na que se falaba deste problema. Unha das características máis típicas do psicópata é unha desmedida vaidade e desexo de destacar, algo que vai moito máis aló da natural vaidade que pode ter calquera persoa. Contra o que a xente pensa, a maioría dos psicópatas nunca chega a cometer unha masacre, pero polo camiño estráganlle a vida a moita xente. Un dos psicópatas máis celebres seica é Pablo Picasso, que responde perfectamente a ese perfil. Non matou a niguén, pero esnaquizoulle a vida a case todos os que se cruzaron no seu camiño, deixando un regueiro de suicidios entre as súas ex-, as que fagocitaba e lles minaba a autoestima até extremos insufríbeis. Unha porcentaxe xeitosa de maltratadores responden ao perfil do psicópata: convirte en obxecto á súa parella. Se o psicópata non ten talento para nada, nin consegue destacar en nada, é cando se volve máis perigoso: entón é cando lle da por procurar notoriedade desde o abxecto. Están dispostos a calquera cousa menos a pasar desapercibidos.
    Do programa sobre os psicópatas, o que máis medo daba eran o seguinte: a través dun encefalograma, pódese saber cando unha persoa está a sentir arrepios. Por exemplo, ante palabras como “violación”, ou “campo de exterminio” a unha persoa normal alteraselle a actividad cerebral, pois desátaselle, inconscentemente, unha reacción de repudia. O psicópata non sinte nada. A súa mente reacciona igual ante a palabra “violación” que ante verbas neutras, como “mazá” ou “mesa”. Por iso resultan tan fríos. No seu libro sobre a caida do terceiro reich, Antony Beevor describe moi ben unha época na que, o peor de todo, o grande erro, foi que a xente se deixou seducir pola verborrea dos psicópatas de turno, que lograron colmar a súa enfermiza vaidade conseguindo o poder: Hitler, Goebbels, Himmler, Beria, Stalín... cos resultados que todos coñecemos.

    Comentario de Xosiño hace 2 años y 27 meses

  12. Xosi´ño, grazas pola explicación. Faime reflexionar moito porque, segundo iso, eu coñezo a un ou dous psicópatas que estarían perfectamente integrados no día a día laboral, social, cidadá. E témome que non o digo con retranca. Hai xente moi destructiva que fai cousas cunha enorme frialdade e que, como ben explicas, semella non inmutarse diante de cousas que, aos demais, nos dá arrepío só imaxinar.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  13. Por se lle interesa o tema, no libro CARA A CARA CON LA VIDA, LA MENTE Y EL UNIVERSO, de Eduardo Punset hai un capítulo dedicado á psicopatía. Por certo, nel, o neurólogo especializado na materia, comenta que, logo de dar unha serie de conferencias USA e Europa, en cada unha delas achegábaselle a xente a dicirlles “eu coñezo xente que responde a ese perfil”. E moi típico. A psicopatía, asegura, pode afectar (amárrense á cadeira) ao 5% da poboación dunha cidade. Iso quere dicir que por Vigo pode haber soltos 12500 psicópatas... cousa que, por outra parte, cree perfectamente calquera que vexa o salvaxismo dos conductores intentando atravesar a praza de España en hora punta.
    E logo din que ter medo a sair de casa é unha forma de tolemia.

    Comentario de Xose Larvós hace 2 años y 27 meses

  14. Pois, a verdade, mete medo ler esas cifras. Grazas polo consello sobre o libro. Mañá cólloo na librería.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.