Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

ESTOU DESOLADO

¿E agora que?

Hai ben de tempo dixen que sería interesante saber que len os políticos. Mais, como moita xente dixo no debate que fixemos, moitos deles, probablemente, é que non len.
En calquera caso, estabamos como que moi convencidos de que os políticos, de libros, nada de nada. Era doado, xa que logo, sospeitar da súa intelixencia.
Pois ben, na última semana leo en distintos medios que:
1) O primeiro ministro de Francia, Dominique de Galouzeau de Villepin, é poeta, e autor de libros de éxito no seu país como O Home Europeo, en colaboración con Jorge Semprún e Os Cen Días, un relato sobre o ocaso de Napoléón.
2) Que Alberto Núñez Feijoo le a Rulfo e a Gabriel García Márquez. ¿Chegou o realismo máxico ao PP?
3) Que Manuel Alegre de Melo Duarte, candidato sen éxito nas pasadas eleccións portuguesas, é poeta e premio Pessoa.
4) E que Condoleezza Rice, esa pacifista, é lectora ávida de Tolstoi e Dostoievski.
Díganme vostedes se non é para alucinar.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios



  1. Hai políticos e políticos. Non me sorprende que Feijoo lea a García Márquez ou a Rulfo. Me sorprendería mais que o fixese Baltar, aínda que este si é un personaxe de realismo máxico. Condolezza, pola súa banda, semella ser muller intelixente e culta, e a cultura, mal que nos pese, non ten nada que ver co pacifismo nin coa ideoloxía: houbo xente intelixente e culta que deu apoio a Hitler e a Stalin. Bush no creo que dea lido máis alá do catecismo. E coñecido que Clinton é devoto lector do Quixote e de García Márquez ou Carlos Fuentes, por poñer exemplos dun sistema literario non moi común nos USA. Fraga é lector, aínda que penso que mais que ler deglute. Por moito que o intente, no podo imaxinar a Pérez Varela cun libro nas mans. Abel Caballero mesmo ten escrito algunha novela, si non lembro mal. Felipe González presumía das súas lecturas entre os amigos escritores do boom hispanoamericano. Calquera pode imaxinar que Beiras ou Paco Rodríguez teñen lecturas. Non sabería dicir de Lois Castrillo. Contan que unha vez o presidente da Junta de Andalucía, Manuel Chaves, viu un libro, pero tal feito non está acreditado.


    Comentario de Pedro hace 2 años y 28 meses

  2. Pedro, aínda estou a rir co seu derradeiro comentario sobre o andaluz. A miscelánea que nos ofrece é interesante e demostrativa de que hai neuronas nalgunha da xente que nos manda. Aínda así, hai dereito a dubidar: en moitos casos estou certo de que declaran as súas filias literarias porque saben que iso da caché, aínda que non sexa certo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  3. Circula un xoguiño polo bloggo para admitir nel as nosas teimas, manías e demáis, así, en plan Sigmund Froiz. E para eso hai que amosar algunhas ligazóns. Coloquei a túa. Agardo non amolar... ;) Visita o meu bloggo se queres saber de que vai. Saúde dende o Norte do Norte!!! E felicidades polo bloggo!

    Comentario de Kiko Novoa hace 2 años y 28 meses

  4. Eu teño unha edición moi curiosa de hai anos do Ficciones de Borges, desas cutres que dan cun xornal, prologada por certo deputado socialista sen futuro que dicía que "enfermara de Borges" cando era novo. Logo deu en alcumarse ZP e...
    Noutra orde de cousas, anímolle a aceptar o convide de Kiko Novoa

    Comentario de Mr. Tichborne hace 2 años y 28 meses

  5. Moitas grazas aos dous. Acepto o convite, pero teño que pensar, ata o luns, nada.
    ¿ZP lector de Borges? Arredemo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  6. Dende logo é che ben certeira aquel dito de nunca te deitarás sen saber unha cousa máis...
    Un beijo.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 28 meses

  7. Pois nada, Marinha, alédome de que te acostases sabendo algo máis. Parabéns.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  8. Sorpréndeme o de ZP, e moito.

    Comentario de peke hace 2 años y 28 meses

  9. E como non sorprenderse. Quizais outro autor pegaría máis con el, pero... ¿Borges?

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  10. MAIS SORPRENDENTE É QUE XABIER ARZALLUZ FOSE TRADUCTOR DE KARL MARX DA MAN DO DUQUE DE ALBA QUE A SU VEZ FOI O TRADUCTOR DO LIBRO HACHISCH DE WALTER BENJAMIN.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 28 meses

  11. Gustavo, déixame estupefacto.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  12. Gústame o comentario de Pedro, suscríboo, pero o de Paco Rodríguez non acabo de crelo. E engado que Pérez Varela dixo, cando se presentou o Catálogo Galego de Dramaturgos, que el escribira teatro alá polos anos sesenta... ¡Uau!
    E eu pregunto. ¿Que len Touriño e Quintana? (aparte do Estatut para que non nos toque o mesmo financiamento)
    ¡Fagan xogo, señores!

    Comentario de r.r. hace 2 años y 28 meses


  13. Pérez Varela o que ten é moito teatro, que no é exactamente o mesmo. Estreméceme pensar qué puido escribir este suxeto alá polos anos sesenta, aínda que é posible que estivera baixo a influencia do LSD e non debería ser tido en conta... En canto a Paco Rodríguez, o home estudiou literatura de mozo, mesmo fixo a súa tesina sobre Curros Enríquez e traballos ten feitos sobre o tema, aínda que é posible que teña oxidada a cousa (a literatura, digo) nos últimos tempos. É o que ten a dedicación intensiva “á causa”.
    Touriño e Quintana sóncheme tan inanes, tan pouco alentadores, que nin tan sequera pensei neles. Ao presidente imaxínoo lendo os xornais (as páxinas salmón), e se Quintana ten a Castrillo como asesor (?) teño por seguro que non lle faltarán conversas estimulantes e suxerencias en abundancia sobre literatura.


    Comentario de Pedro hace 2 años y 28 meses

  14. Retomando o primeiro comentario de Pedro respecto das lecturas e a súa posible(mente escasa) influencia na práctica política, nun párrafo de "The blind assassin" di Margaret Atwood respecto dun personaxe que vivira nos anos 30: "ela avogaba pola cultura e iso dáballe certa autoridade moral; agora non sería así, pero daquela a xente cría que a Cultura podía facerte mellor persoa. Crían que podía elevar a un. Ainda non viran a Hitler na opera".´
    Só engadir que pode haber unha distancia entre o que os políticos len realmente e o que din ler...
    Saúdos.

    Comentario de Hai Cada! hace 2 años y 28 meses

  15. O de saber que len Touriño, Quintana e Fraga, xa o dixen eu hai tempo. Mágoa aquel debate non se producise Boa a cita de Atwood: a día de hoxe aos políticos só lles interesa a cultura ou para ignorala ou para subvencionala.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.