¿QUEREMOS QUE GARCÍA MÁRQUEZ VOLVA ESCRIBIR?
Francisco Castro - 26-01-2006 14:42:01 | Categoria: Todos os meus artigos
GABO E AS SÚAS TRIPAS
Leo que Gabriel García Márquez recoñece que leva un ano coa creatividade e a inspiración polo chan. Así que todos tranquilos. Se lle pasa ao Nóbel non importa que nos pase aos demais ( aínda que non é o caso: levo vivindo dentro da mesma novela dous anos xa ).
Di que como ten moita práctica, podería escribir unha nova novela sen problemas, "pero la gente se da cuenta si no has puesto las tripas".
Sen dúbida. Unha mostra: a súa última novela, Memoria de mis Putas Tristes é unha completa parvada.
Unha novela sen tripas.
Se o que está é esperando a que lle chegue a inspiración para escribirnos un libro coma ese, mellor que non volva escribir máis. Abonda con Cien años de soledad ou Vivir para Contarla. Con esas dúas é dabondo.
Comentarios - Referencias (1)
Referencias
-
[...] Gabriel García Márquez. ¿Chegou o realismo máxico ao PP?
3) Que Manuel Alegre de Melo Duarte, candidato sen éxito nas pasadas eleccións portuguesas, é poeta e premio Pessoa.
4) E que Condoleezza Rice, esa pacifista, é lectora ávida de Tol [...]
Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 28 meses
Comentarios
-
supoño que é mellor absterse de dar nada ó prelo se un non se considera provisto de ideas aceptables para escribir ca face-lo que fan outros autores da súa "posición".
respecto a esa ausencia de tripas, considéroo algo inevitable nun escritor cando acadou unha determinada etapa. o seu admirado Saramago, sen ir máis lonxe, comentaba hai tempo, nalgunha entrevista, que escribir era a aquelas alturas algo que podía facer ben sen paixón ningunha.Comentario de brautigan hace 2 años y 28 meses
-
O que pasa é que moitos escritores, ben sexa por asuntos contractuais ou por pura necesidade persoal ( vaidade, que realmente cren que o novo libro paga a pena, gañas de "seguir no candelabro", etc.... ), sacan un libro tras outro cando xa non son capaces de chegar ao nivel doutras - excelentes - obras. Ao respecto de Saramago, dúas cousas: se segue este blog saberá que hai pouco que critiquei - negativamente - a súa derradeira entrega e, en segundo lugar, eu non lle lin esa entrevista, pero se tal dixo, non sei por que segue publicando. Coido que a literatura é un dos máis apaixonantes exercicios da miña vida. Se non tivese paixón por facelo, deixaríao e dedicaríame a calquera outra cousa de máis proveito.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
non dixen "o seu adorado Saramago" con retranca. tiña entendido que lle gustaba o máis do que escribía.
e si, creo que dixo tal. quizáis nunha desas entrevistas de suplemento dominical de prensa, pero díxoo. se lle estraña que o fixera, pense que puido dicir "paixón" pensando en "candor". de tódolos xeitos, os contratos obrigan.Comentario de brautigan hace 2 años y 28 meses
-
Si, xa me decatara da retranca, pero púxeno por se vostede non lera a miña crítica a Saramago.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses