Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

¿PERO SE PODE LER UN LIBRO SEN PAPEL?


Xa sei que vou ser politicamente incorrecto. E que van odiarme ( de buen rollito ) moitos blogueir@s. Pero non dou aceptado iso de ler no móbil. Chamádeme atapuerco ou algo peor.
A iniciativa, por suposto, é para aplaudir. Outra cousa é que a min, como lector, me agrade ler así. Que comprendo que a moitos lles guste. Eu son moi comprensivo.
É como se alguén dixera: "mire, Castro, eu a vostede léolle cando escribe nos xornais, pero non na súa bitácora, que non hai quen ature ese formato, a pantalla e os coloríns e o hípertexto e bla, bla, bla". Eu diríalle: "home, non compare. Eu gusto da rede e do sms e o virtual como medio de comunicación e de acceso á información e tal e tumba, pero, mire, non lle sei, eu quero levar o libro enriba, e cheiralo, e prestalo, e subliñar e dobrar e levar no bus, que quere que lle diga. Outra cousa, meu amigo, é que eu recoñeza que se está a facer boa literatura na rede, incluso, moitas veces, moito mellor que o que se edita en papel"
Algunhas mostras, aquí e aquí.
Non sei. Axudádeme vós: ¿pódese ler, pero ler ler, pero ler de verdade, sen papel?

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. A min costaríame moito. Só podo ler na pantalla textos curtos, digamos coma un blog ou un periódico. E ter un libro nas mans relaxa moiiito. Claro que pode ser a idade. Poida que a enquisa tivera que ser limitada aos que teñen... digamos de vinte anos para abaixo. Nós ainda somos bastante analóxicos.
    Saúdos.

    Comentario de Hai Cada! hace 2 años y 28 meses

  2. Eu dou en pensar o mesmo. Igual é que ( dicir isto faime sentir vello ) non estamos afeitos á pantalla, que aínda nos custa. Igual os nosos fillos o terán máis doado, por simple mecanismo de adaptación ao medio. Agora ben, que razón levas no de que o libro nas mans relaxa moito. A min pásame que cando estou rematando un libro sinto unha enorme excitación ( ollo: intelectual ) sabendo que xa vou comezar outro.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  3. Asimov, no contexto dun debate sobre audiovisuais e novas tecnoloxías, presentou unha vez un invento novo e revolucionario, que servía para coñecer o que outros fagan, pero á velocidade que un queira, parando e reanudando cando nos pete, indo para tras e para diante a vontade, que non necesita fonte ningunha de enerxía, que se pode levar a onde un queira... O libro.

    Pero choveu desde aquela. Seguro que Asimov tería hoxe unha "Palm".

    E non tardará en poderse doadamente suliñar, anotar, editar... o texto que lemos nunha palm ou no móbil. Prestalo xa non, non será preciso: directamente regalarémosllo a quen queiramos só con reenvialo. E poderemos ter no peto "toda" a literatura universal, e ó sentarnos no wc escoller entre un catálogo de miles de novelas para distraer a espera.

    O problema (creo eu) non está no cambio de formato ou soporte físico, que ó cabo é só iso, e as noviades tecnolóxicas non farán senón ampliar o abano de posibiliades, senón na moi diferente relación que vai haber entre autor, obra e público, e no que isto implicará a efectos de "financiamento" da creacción, e no que cambiará a consideración social do autor ("o seu papel").

    Comentario de caravelete hace 2 años y 28 meses

  4. caravelete, é envexable a súa maneira de explicar o asunto. Realmente convincente. E, quen sabe, igual dentro duns anos, estou escribindo nesta bitácora todo o contrario a este post e, vostede, léndoo no seu palm. Apertas.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  5. Hoxe é todo tan practico, tan rápido, tan virtual... tan sqeto, tn sqmatic, t inmdiato, t fugz, t vulgr...

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 28 meses

  6. Rosa, coma sempre, brillante, xa sexa participando nestes debates como escribindo receitas de cociña. Bks

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  7. politicamente incorrecto... e gramaticalmente incorrecto tamén. Esa colocación do pronome rebéntame. Pódese ser escritor galego e non coñecer a lingua? Non sei se estou sendo politicamente correcto?

    Comentario de eu hace 2 años y 28 meses

  8. "Pódese ser escritor galego e non coñecer a lingua?"

    Escritor galego non sei, pero escritor, seguro: Gabriel García Márquez recoñeceu en "Vivir para contarla" que dá moito traballo aos correctores editoriales, que fai moitos erros ortográficos, e mira que ben escribe (claro que iso xa é cuestión de gustos, supoño).

    A lingua é a ferramenta dos escritores, pero ninguén e perfecto, e coido que un escritor tería que estar máis preocupado pola creación artística que pola corrección ortográfica ou gramatical. Para corrixir os seus erros están os correctores, pero a calidade literaria non lla vai dar ninguén.

    Comentario de Gemma hace 2 años y 28 meses

  9. Grazas aos dous. A "eu" por corrixir. A Gemma pola súa amabilidade. En calquera caso, imaxino que as présas son as causantes destes gazapos.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.