Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

EU SON COMA KEROUAC, SIMENON, ELIOT E JOYCE

Grazas a acedre, atopei unha páxina web que escanea a túa cara e di a quen te pareces dunha lista de case que tres mil persoas.
Segundo iso, parézome ( ¡! ) a Platini, aquel xogador francés de fútbol. E, segundo a máquina, parézome a Jack Kerouac ( 55 % ), a Georges Simenon ( 49 % ), T.S. Eliot ( 46 % ) e James Joyce ( 41 % ), entre outros.
A cousa é fantástica, poder afirmar, así, que un ten todo iso de tantos escritores. Algo eu xa sospeitaba. Só faltan Borges, Kundera ou Roth.
Teño a autoestima polas nubes.
Se alguén quere comprobar o meu parecido con todos eses, só ten que facer clic aquí. Puxen a foto do meu libro Xeración Perdida. A máquina fai o resto.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Estou cun tremendo subidón de autoestima. Segundo este aparello, parézome a Johnny Depp, Luis Figo, Hugh Grant, Christopher Reeve e George Clooney. Ah, tamén teño unha referencia literaria de primeiro nivel, aínda que moi sorprendente: son cuspidiño a... J. K. Rowling!!!

    Comentario de Veloso hace 2 años y 28 meses

  2. Que marabilla, Veloso. Aproveita para ligar. Agora si que o tes doado. Non coma min, que me saíron escritores seriotes tirando a feos. Talentosos, pero feos.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  3. Non sei eu, según iso parézome a Beyoncé...!!!

    Comentario de Pedro hace 2 años y 28 meses

  4. Eu a Elvis Costello no ¡¡87%!!

    Comentario de ababoro hace 2 años y 28 meses

  5. Non sei, non sei... vostedes saberán. Eu non lles coñezo as caras. Cando menos, eu puxen aí a miña...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  6. francisco, se tes lgo de T.S Elliot, habera que buscar na literatura galega o que faga de canetti e que te poña mal nun libro de memorias.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 28 meses

  7. Non sei, ¿en quen pensas? En calquera caso, prefiro que falen ben de min nas memorias de quen sexa.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  8. Yo según esto me parezco a:
    Robert de Niro, Paul Newman, Antonio Banderas, Tommy Lee Jones y Peter Sellers. Pero me he quedado indiferente, sin embargo me ha fascinado cuando este aparato me ha dicho que tengo un parecido razonable con NANA MOUSKOURI!!!!
    "cuando canto yo canto............."

    Comentario de Artipractor hace 2 años y 28 meses

  9. Mira por onde agora se vai descubrindo que sempre me tirou a mín isto da farándula...
    Pois ben segundo este divertido aparello eu teño parecido con:Catherine Deneuve, Ahinoam Nini (Noa), Olivia Newton-John, Nicole Kidman, Jennifer Aniston, Madonna, Salma Hayek, Alanis Morrissette, Marilyn Monroe, Marlene Dietrich e Cary Grant.
    Que risas pasei.
    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 28 meses

  10. Gracias pola fama que recibin pero o merito e do Regueifeiro que foi onde topei o programinha ese que vinha rebotado de Don Pezon.

    Comentario de acedre hace 2 años y 28 meses

  11. Pois grazas ao Regueifeiro, e parabéns para todos. O que está claro é que somos ghuapísimos segundo o trebello cibernético. Agora só resta que se decate o resto da humanidade.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.