Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

EU TAMÉN QUERO


Como se xa fose pouca a publicidade que tivo O Código da Vinci, agora saen os do Opus Dei dicindo que esperan que a película sexa prohibida aos menores. Quéixanse de que manipula a historia. Amiguiños: ¡que é ficción!
Ao pobre de Jonathan Swift, no seu momento, saíronlle curas escribindo nos xornais dicindo que as viaxes de Gulliver eran unha montaxe e que nunca tal existiran, que que dicía aquel fulano. Tampouco se enteiraron de que era ficción. Outro tanto pasoulle a Verne con algunha das súas Viaxes Extraordinarias.
Así as cousas, o libro de Dan Brown resucita ( con perdón ) e volverá venderse coma churros grazas a esta nova publicidade a conta do Opus.
Daquela, proclamo: ¡eu tamén quero!, eu tamén quero esa publicidade. Quizais a igrexa ignora que eu publiquei un libro de relatos eróticos no que os protagonistas fan de todo. Poderían prohibilo ou perseguirme ou algo. Non sei, a eles que máis lles dá. A ver se así...

Referencias

Dirección para referencias

  1. [...] falaran sobre O Código da Vinci hai uns meses. Agora volven á carga pedíndolle á productora da película que advirta de que "é ficción". Hai que ser parviños. A min ninguén me advertiu que fose ficción Mátrix, e, créanme, non penso en ning [...]

    Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 25 meses

Comentarios

  1. Pero, ¿os teus relatos eróticos eran ficción?... ;-)

    Comentario de Pedro hace 2 años y 28 meses

  2. POis claro. Pero conste que foron moitos os xornalistas que preguntaban iso de... "¿pero que hai de autobiográfico no teu libro?", e eu sempre respondía: "¡máis quixera!"

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  3. Por certo que tamén é ficción a Resurreción de Xesucristo. ¿Por qué non pedirán os do Opus que se prohiba aos menores o acceso a toda esa ficción dos Testamentos?

    Comentario de Pedro hace 2 años y 28 meses

  4. Iso levaríanos ao debate de como é posible que se ensine relixión nos colexios.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  5. Unha polémica, unha polémica, cambio un ollo por unha polémica que apareza en tódolos medios. A nivel español mellor que a nivel galego, europeo mellor que español, etcétera.

    Aí estiveches, náufrago.

    Comentario de erik cachuzo hace 2 años y 28 meses

  6. Grazas. Realmente, se os medios escritos, do resto de España ou galegos, recollesen as polémicas que plantexamos nos blogs, sen dúbida, os xornais serían moito máis interesantes.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  7. Material para unha boa polémica: relatos eróticos protagonizados por Xesucristo... Aí terías unha boa...:-)

    Comentario de Pedro hace 2 años y 28 meses

  8. Aínda que tal cousa calquera escribira, unha vez máis comprobariamos que o libro ía facerse célebre non pola calidade do alí escrito, senón polo seu carácter irreverente. E iso non lle favorece á literatura. O caso de Dan Brown é paradigmático. Independentemente das súas virtudes literarias, que algunha terá, a meirande parte do que se escribiu sobre el foi polo asunto relixioso. Daquela, non por asuntos literarios. Iso é o que me interesa.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  9. Dígame cal é o seu libro de relatos eróticos, parece interesante...
    Esta conxunción de manipulación mediática & relixión & erotismo semella unha BOOOOOOMMMMMMMBBBBBBBBBAAAAAAAA!!.
    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 28 meses

  10. Ttitúlase Xeografías, e está editado en Positivas. Grazas.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  11. O libro de Dan Brown gustoume e hai que reconhecerlle a sua calidade. Pero o que o fai mais vendido e a propaganda que ten arredor. Estamos nun mundo que o que vende e o anunciado, non o bo en si.

    Comentario de acedre hace 2 años y 28 meses

  12. O que implica, amigo acedre, que moitos bos libros pasan absolutamente desapercebidos.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  13. Pois si, polémica. Sempre será moito máis doado provocar un debate morboso que un que esixa autenticas respostas e certo grado de compromiso. Todos sabemos de onde tirar se queremos provocar, de tres ou catro temas, e a iglesia e o sexo son as estrelas de todos eles porque gústanos que as mentiras semellen ser verdade.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 28 meses

  14. Levas razón, Rosa Velenosa, mais o importante, coma sempre, é a literatura, que o libro sexa bo independentemente da temática. Coido que na arte vale todo, pero non de calquera maneira. O importante é a calidade.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  15. pois xa sabes, fai unha secuela do teu libro cun crego do Opus con todo tipo de perversións, a ver se así cae algo hehe

    Comentario de Henrique hace 2 años y 28 meses

  16. Non ía darme a cabeciña para tanto, mais, si direi que un conto do meu "A canción do náufrago", en Ir Indo, trata dun amor entre un cura e unha fegresa. Iso si: non é un relato erótico, senón de amor.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.