A SOIDADE INXUSTA DE MARÍA XOSÉ QUEIZÁN
Francisco Castro - 19-01-2006 14:41:51 | Categoria: Todos os meus artigos

Hai un par de semanas, Camilo Franco entrevistou en La Voz de Galicia á escritora Maria Xosé Queizán dentro da sección O Escritor do Mes, auspiciada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Da entrevista, destaco dúas frases de María Xosé que coido ben importantes e que deberían de facernos reflexionar:
"Escribir é acción e transcendencia. O que máis me entristece é a ausencia de eco dos meus libros. Aínda que sexan lidos, que o son, a penas aparecen críticas e, moito menos, xeran debates públicos. Iso é o que me faría feliz e daríame azos para seguir escribindo". E máis adiante: "Non participo da opinión dos que lle atribúen mediocridade á literatura galega. Sobre todo se a comparan coa española. Creo que hai un bo nivel".
A cousa é clara: a literatura galega non ten peor nivel que a de outros sistemas literarios. Pero os nosos libros pasan desapercebidos, non teñen eco, non xeran debates. Daquela, é como se non existiramos. É como para botar a toalla...
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
creo entender a qué se refire vostede, toca o tema a miúdo. pero non sei se Queizán non confundirá literatura con socioloxía.
Comentario de brautigan hace 2 años y 28 meses
-
No fondo, o seu comentario é certeiro. É unha cuestión de socioloxía, por suposto, pero tamén literaria. Coido que é frustrante para calquera escritor esforzarse tanto para recibir tan pouco. E non falo, claro está, de cartos ou de premios, senón, como ela di, de eco, de debate. Coma sempre - si, toco este tema a miúdo - calquera obra menor en castelán vai ocupar máis espazo nos medios de Aquí e nas vendas de Aquí. É frustrante, créame. Aínda que sexa algo sociolóxico máis que literario.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
Absolutamente de acordo, Francisco. Penso que a maioría dos que nos poñemos diante do papel Aquí, evitamos pensar en motivos i en consecuencias, porque se o fixeramos cambiaríamos de idioma, de país ou de traballo (aínda que sexa como amador).
Comentario de r.r. hace 2 años y 28 meses
-
Evidentemente. E así nolo fan saber moitos galeg@s cando nos din iso de que por que non escribimos en castelán. Non sei a ti, pero, a min, cánsame moito.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses