IDEAS PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA E LITERATURA GALEGAS (III)
Francisco Castro - 18-01-2006 14:22:10 | Categoria: Todos os meus artigos
QUE O LIBRO GALEGO DEIXE DE SER INVISIBLE
O outro día comentaba nun destes debates sobre que facer para promocionar a nosa lingua e a nosa literatura, que é ben tráxico que ás veces se editen libros galegos e que non se entere ninguén. Como soa. Pero iso pasa.
Porque o libro galego, dalgunha maneira, é ás veces invisible.
Hai un par de semanas, no xornal A Nosa Terra, a escritora Iria López Teixeiro, gañadora do Premio Biblos-Pazos de Galicia, comentaba que, ademais da difusión do libro nas librerías e entre os socios, Pazos de Galicia ía agasallar a cada cliente cun exemplar. Engadía, divertida: "sería a biblia moderna". Un libro en galego na mesiña de noite de cada habitación.
Pois diso se trata: hai que sacar o libro galego fóra, con imaxinación, promovendo a súa presenza nos medios ( ¿non meten publicidade as editoras nos xornais?, pois que espabilen ), organizando presentacións, promovendo encontros dos escritores cos lectores, recitando por aí... eu que sei. Convertilo en visible ( e, por certo, sen queixarnos co de sempre: debería facelo a administración autonómica, as empresas privadas, os concellos... xa abonda de queixas... fronte de tanta anemia cultural... ¡imaxinación!)
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Penso que tamén é importante o compromiso dos libreiros. Aínda se ven moitos escaparates cheos de Premios Planeta e memorias dos famosos da televisión. A literatura en galego está case sempre nun recuncho. Cando vou a Vigo, case sempre paso por Librouro e pola Casa do Libro. Cantos libros galegos ve o peón que pasa pola rúa e fixa un momento nas novidades? Moi poucos.
Comentario de Veloso hace 2 años y 28 meses
-
O problema non é ese. A xente sabe que hai libros en galego, pero non os merca, moita, por sistema, por desconfianza, por pensar que os escritores en galego son de segunda división. ¿Cremos de verdade que por que haxa un escaparate enteiro cheo de Harry Potter en galego, a xente non vai entrar a pedir a versión en castelán? O problema é o País.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
Levas razón, o cal me leva a retomar o pesimismo neste asunto. O País non o imos dar cambiado, iso está claro.
Comentario de Veloso hace 2 años y 28 meses
-
Daquela, o que cómpre, amigo Veloso, é manter precisamente o optimismo. Cando menos iso, non o perdamos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses