OS MEUS LIBROS: A OUTRA BANDA DA FIESTRA, AMOR DE CINEMA, PLAY-BACK, A CANCIÓN DO NÁUFRAGO, XEOGRAFÍAS, MEMORIAL DO INFORTUNIO ( TAMÉN EN CASTELÁN ), XERACIÓN PERDIDA, UN BOSQUE CHEO DE FAIAS ( TAMÉN EN CASTELÁN ), RÍO LETEO, SPAM
<
AS CITAS DO NÁUFRAGO: 1)"Estaba ben máis illado que un náufrago nunha balsa no medio do océano"(Antoine de Saint-Exúpery:O Principiño)
2)"As imaxes do noso naufraxio aviveceron no escritor vellas lembranzas. Díxonos sorrindo que tamén el foi náufrago unha vez e que lembraba aquel episodio como un dos máis estimulantes da súa vida" (Paco Climent: Cando Verne amarrou en Vigo)
3)"Confésolle que me atopaba en pleno naufraxio e Jim Hawkins era a miña táboa de salvación" (Robert Louis Stevenson: A illa do tesouro)
4)"¡Avoa, avoa! ¡Estás aquí! - berran os dous nenos, mentres se abrazan a ela coma un náufrago á táboa de salvación" (Agustín Fernández Paz: ¡Que medo, mamá Raquel! )
5)"Pero eu recuperei o norte no medio do naufraxio/fluíndo sensualmente da cabaleira da lúa" (Claudio Rodríguez Fer: A boca violeta )
6)"Ás veces pregúntome en que farallón naufragará toda esta cordura, posto que sempre naufragamos" (Margarite Yourcenar: Memorias de Hadrián)
7)"Saía a procurar o sustento na praia,exactamente igual que se fosen dúas vítimas dun naufraxio á espera de alguén que os rescatase e os devolvese por fin ao contacto co resto da humanidade" ( Joseph Conrad: Entre terra e mar )
8)"Pero quero contar a verdade para coñecela, porque a verdade escápaseme coma a auga da choiva entre os dedos do náufrago" (Alberto Méndez: Los Girasoles Ciegos )