IDEAS PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA E LITERATURA GALEGAS (II)
Francisco Castro - 17-01-2006 14:45:20 | Categoria: Todos os meus artigos
RECUPERAR O ESPÍRITO XABARÍNMoitos aprendimos a ler ( falar xa é outra cousa ) en inglés para saber (digo por min ) que era o que dicían as cancións dos Beatles. Toda unha xeración, en definitiva, de xente, achegámonos ao inglés polo rock and roll.
Seica Astarot, un grupo de rock tirando a duro dos de toda a vida, anuncian novo disco no que fan rock'n'roll con textos de Celso Emilio Ferreiro, Rosalía e Curros. Vale. Trátase diso.
Cando a xente pensa na música galega pensa no folc. Marabilloso. Que bos os nosos grupos. E cando vas a un concerto destas formacións ( eu vou a moitas durante o ano ) o que atopas alí é moito folki, é dicir, xente polo xeral galegofalante abondo concienciada da necesidade de manter viva a lingua e a nosa cultura. Con eles non hai que traballar. Os folkis saben a teoría e a práctica.
Daquela, habería que traer o rock para o galego. Recuperar o Espírito Xabarín. Encher as salas de concertos de rapaz@s que brincan e choutan de pracer rocanroleiro con grupos que lles fan vibrar con letras en galego. Se vale o inglés, ou o castelán de aires porteños de Andrés Calamaro, terán que valer exemplos propios con textos de Aquí.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
O outro día oín un programa de Xurxo Souto na Radio Galega. Se non me engano, titúlase "Aberto por reformas". Quedei abraiado coa cantidade de grupos rockeiros galegos e en galego que existen. Sen dúbida, é un bo camiño.
Xa de paso, vou máis alá. O espírito Xabarín é estupendo, pero eu reivindico tamén o espírito dos Tamara. De feito, as cancións de Astarot que citas adoitan ser versións heavys (ou heavy light, valla o paradoxo) dos vellos éxitos de Pucho Boedo e compaña.
De todos os xeitos, en contraposición ao espírito folki, convídovos a que fagades unha proba de extrema dureza: saíde de esmorga un sábado pola noite polos locais do Areal, en Vigo, por poñer un exemplo próximo. Invito a unha copa por cada galegofalante que atopedes.Comentario de Veloso hace 2 años y 28 meses
-
Daquela, Veloso, has pagar poucas copas.
Si, o de Xurxo Souto é un bo comezo. Agora, como sabes, el é o Director de Programas da Radio Galega. Suponse que, xa que logo, algo terá que comezarse a notar. Mais o que de verdade importaría sería que os 40 Prncipales tamén se sumaran ao carro, e a MTV e todo iso que ve a rapazada. Obviamente, tal cousa non vai acontecer mais que nos soños dos tolos.Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
Cancións coma as dos Resentidos (fai un sol de carallo) botan boa man ó galego.
Comentario de Cunqueiro hace 2 años y 28 meses
-
Si. E antes Andrés do Barro, e toda aquela Xeración de Voces Ceibes. É dicir: xa houbo cousas. Mais, ¿hainas agora fóra deses circuítos galeguistas e mentalizados e tal? Eu falo de traer a música popular, no sentido máis vulgar de "popular", ao galego, para a mocidade que grava música en MP3 e así. Por iso digo o do Xabarín, que tiña a moitos nen@s enganchados ao rock en galego.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
Que Rei Nuñez se poña as pilas dunha vez!!! pois ver o modelno e baleiro MIRAXES desta fin de de semana daba peniña; falábase dos de sempre e amais entevistaron en castelán a dous senllerios persoeiros da cultura galega: o guitarrista que vai sempre a todolos lados sempre carrexendo o seu grammy e o ex-pirata. Ser un bo escritor non e sinónimo de ser un bo xestor cultural
Comentario de folerpa hace 2 años y 28 meses
-
Eu non vin ese programa, pero para facer máis do mesmo, mellor quedabamos como estabamos. Eu, en principio, confío en Rei Núñez, e coido que é, cando menos, esperanzador que un escritor estea á fronte da área de Cultura na TVG. Con que o faga a metade de ben que fixo Paco López-Barxas en informativos, cando metía un libro ao final de cada telexornal, case que, visto o visto, é como para conformarse.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
En relación con este debate, acabo de ler un artigo en Vieiros, asinado por López Dobao. Aínda que as denuncias que fai son correctas, non creo que sexa a actitude positiva. É dicir, penso que xa sabemos de sobra que sempre imos ter a oposición de Paco Vázquez, Calaza, Blanco Valdés e similares, mesmo de medios de comunicación moi poderosos. Pero a nosa loita é outra; correspóndenos facer do galego algo bo, agradable, útil, unha lingua que teña cada vez mellores connotacións. Penso que temos a misión de facer amigos, non de escribir con letras moi grandes os nomes dos inimigos.
Comentario de Veloso hace 2 años y 28 meses
-
Desde logo que si. A min non me gustan as actitudes de quen vai marcando o seu territorio deixando claro quen non debe entrar. PRefiro sinalar o que une, non o que separa. Pola miña banda, téñoo claro: non se pode agradar a todo o mundo, pero hai que intentalo.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
Seguindo co mesmo asunto, considero que sería fundamental que os xornais galegos adquirisen dunha vez un compromiso serio coa lingua galega. Penso que as administracións públicas, que tanto contribúen ao seu benestar económico, están en condicións de esixir que se publique unha boa porcentaxe de información en galego... e todo tipo de información, non só as novas culturais ou a portada o Día das Letras. Penso que a nova Secretaria Xeral de Política Lingüística ten aí un bo campo de traballo.
Comentario de Veloso hace 2 años y 28 meses
-
Si, de feito, é triste comprobar que, moi probablemente, nos anos 70 e 80 había máis galego nos xornais cá hoxe. E o que non pode ser é que o galego, nos medios, ocupe un espazo "ritual", é dicir, cultura e pouco máis. Pregúntome, por exemplo, ¿por que os xornais galegos reproducen as declaracións do adestrador do Celta, galegofalante, sempre en castelán? Por aí habería que comezar.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
Ba, pero isso sempre. Jornais como a "La Voz" ou "La Opinión" ponhem em castelam as declaraçons em galego, quase sempre.
Comentario de Tawil hace 2 años y 28 meses
-
Si pero, ¿por que?
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
Pois polo ton que empregades ao falar aquí, seguro que é por culpa nosa.
Comentario de Olga hace 2 años y 28 meses
-
¿a que se refire co do ton?
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses