NON ME GUSTOU O ÚLTIMO DE SARAMAGO
Francisco Castro - 12-01-2006 14:41:53 | Categoria: Todos os meus artigos
¡POBRE DE MIN!
José Saramago sempre é noticia polo que di. Tanta lucidez. Sego adorando o seu estilo, esa música que lle mete ás palabras. Hai pouco, moi pouco, celebraba aquí a aparición da súa nova novela.
Pobre de min.
Non me gustou nada nadiña.
Pobre de min.
Nin sequera fun capaz de rematala.
Eu, saramaguiano ata a médula, con grande dor de corazón, e farto de ler outra vez o mesmo libro que xa lera no seu Ensaio sobre a Cegueira, e o da Lucidez, dixen ata aquí.
Pobre de min.
O talento deste home é inmenso. Pero ter que ler o mesmo libro unha e outra vez cansa incluso aos entregados coma min. Saramago parte do mesmo suposto de sempre, "que pasaría se". No fondo, todas as novelas parten diso. Que pasaría se todo o mundo quedase cego, e sáelle o Ensaio sobre a Cegueira. Que pasaría se, todo o mundo votase en branco, e sáelle o da Lucidez. Que pasaría se a morte deixase de matar, pois sáelle este das Intermitencias de la Muerte. Mesmo esquema, mesma evolución narrativa, mesma resolución.
Deixeino decepcionado.
E o que é peor: canso.
Pobre de min.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Sintoo moito e acompáñote no sentimento.
Comentario de Máis Alá hace 2 años y 28 meses
-
Grazas. Pero xa sei de moita xente á que lle pasou o mesmo con este libro.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
Concorda contigo outra saramaguiana de pro e non deixa de producirme certo alivio que hai máis que pensan coma min. Encántanme as novelas deste autor, pero temo que aquí colleu cousas xa demasiado usadas. Aínda así, non deixo de valorar algún que outro elemento aillados, se ben tamén rexeito outros (sobre todo, o final. Decepcionante)
Comentario de Conchi Regueiro hace 2 años y 28 meses
-
Não li ainda. Saramago já cumpria mais do que qualquer com o Memorial.., com o Ano da Morte.., e com a -fantástica- História do cerco... Quizais há que saber retirar-se quando já se disse tudo, ou o melhor, que tudo nunca se diz, mas, os compromisos, contratos, com as editoriais também influiriam no seu caso, imagino, para que sega a publicar, a produzir...e falando em editoras, por certo: melhor na Caminho, melhor em V.O.
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 28 meses
-
Pracer enorme verte por aquí, Conchi. É interesante o que dis, porque, cando eu escribía iso de "pobre de min", referíame a que os que somos saramaguianos, ter que aceptar esta decepción vén sendo duro. É divertido, incluso, saber que ti tamén sentías igual. Respecto ao que comenta jlombardeiro, coido que Saramago xa cumprira dabondo coa historia da literatura con Memorial do Convento. Sen embargo, paréceme, tamén, que é dos poucos Premios Nobel que, despois de ter recibido o galardón, seguiu a facer unha obra interesante.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
Pois pobre de min tamén, que sin ser nada mitómana, teño que recoñecer que tendo o saramaguismo dun xeito que case se lle achega. Temía que isto ía acontecer. Aínda non lín as Intermitencias pero nos seus derradeiros libros, coincido co que dis, deixoume de sorprender, sei que vou ler de novo Ensaio sobre a cegueira dende a sexta o septima páxina. E aínda que o seu talento e a sua música lévame, remata por cansar adiantarse constantemente ó argumento. Eu tamén penso que a tiranía de non saber parar a tempo, das presións editorias, de tirar e tirar da corda do que se sabe que gusta, e ser debedor dun Novel, pasa factura. Repito que pobre de min tamén porque estaba reservando un tempo axeitado para ler ese libro e tirar pola borda todo o que digo aí enriba. Eino ler. Pero témome que tedes razón.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 28 meses
-
En calquera caso, Rosa, leo con gañas. Que un par de lectores non gozásemos del, nada quere dicir. E, sobre todo, agardemos que Saramago entenda que, para entregas futuras, imos precisando outro libro diferente.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses