HOMENAXE A ANXEL CASAL
Francisco Castro - 11-01-2006 14:19:32 | Categoria: Todos os meus artigos

Onte chegoume a casa o primeiro exemplar da revista Escrita Contemporánea, promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Este primeiro número está adicado á figura do alcalde republicano de Santiago, Anxel Casal, fusilado polos fascistas hai 70 anos.
Anxel Casal, editor da mítica Nós, merece esta e outras merecidas homenaxes.
Neste volume que vos recomendo, acheguei un poema-canción. Ademais, atoparedes alí traballos de xentes ben interesantes como Avelino Pousa Antelo, Baldo Ramos, David Otero, Francisco X. Fernández Naval, Henrique Rabuñal, Inma López Silva, Laura Caveiro, Marga do Val, Marica Campo, Marilar Aleixandre, Marta Dacosta, Rafa Villar, Ramón Caride Ogando, Román Raña, Xabier Queipo, Xavier Seone, Xoan Carlos Domínguez Alberte, Xosé Luís Martínez Pereiro ou Xosé Vázquez Pintor, por só citar uns poucos.
Xa que logo: facemos Memoria. Porque hai que facer Memoria.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Pelín necrófila a cultura galega en xeral; só hai que ver o Día das Letras Galegas, que mete máis medo nos institutos que o neno de O sexto sentido. Con Ánxel Casal a cousa ten un pase: foi un adiantado, aínda que católico. O de que hai que facer memoria está ben, pero teño a sensación de que PSOE e BNG marcan os límites: memoria, a súa. E hai outra, ou moitas. Os nacionalistas aompléxanse cando van aos libros de historia e comproban cal era o sindicato maioritario na II República. O galeguismo era reaccionario: Risco. Anos máis tardes chegou a U, e con ela o gran dogma. Fainos falta paciencia.
Todo segue igual. Pensar o contrario creo que é candor, cinismo ou ganiñas de subvención. Digo eu.
Saúde.Comentario de Sr. Carisma hace 2 años y 28 meses
-
A ver: sobre o Día das Letras. Igual había que lla dedicar a alguén vivo, por que non. Aínda que eu, en principio, non rexeito o actual modelo. Outra cousa é que ás veces haxa pouca fortuna na escolla da figura a homenaxear. Por outra banda, habería que replantearse se de verdade ese día serve para algo máis que para celebrar un día sen traballo.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
Totalmente de acordo coa opinión de Francisco sobre o Día das Letras. Non ten habido moita fortuna na escolla. Eu únome aos que piden homenaxe ao gran Pucho Boedo.
Sobre o que di o Sr. Carisma, non entendo moi ben o de "foi un adiantado, aínda que católico". Hai prexuízos que saen á luz moi rapidamente, por moito que despois todos presumamos de modernos.
E para Ánxel Casal, un grande da nosa cultura, todo recoñecemento é pouco. Por certo, o profesor Alonso Montero fala con moita emoción da muller de Casal, unha costureira (chamada, se non me engano, Josefina Miramontes) que colaborou puntada a puntada na construción dun país.Comentario de Veloso hace 2 años y 28 meses
-
Señor Veloso, xa lle botábamos en falla por esta illa de naufraxios. Si, era Miramontes, e non só era costureira, e, como recorda o profesor Alonso Montero, das mellores do país. Cosía para a burguesía coruñesa e, cando cumpría, tamén cosía o lombo dos libros que saían do prelo do seu home.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
Eu non presumo de moderno, Veloso. Outros si que presumen do tema, pero pasan a vida botando responsos; hai blós por aí adiante no que constatalo. Respeto a Ánxel Casal, aínda que era de dereitas e católico, como Baltar ou Bertín Osborne. O contrario si que sería antigo. En todo caso, cada vez que escoito a alguén dicir que "fai" ou "constrúe" país póñenseme os pelos coma escarpias, porque bastante temos con facernos a nós mesmos. Xa o dixo Fitzgerald: "Coñécete a ti mesmo. Iso é todo". O patroitismo é o refuxio dos covardes, aínda que non de todos.
Comentario de Sr. Carisma hace 2 años y 28 meses
-
En principio, señor Carisma, non sei que lle dá ou que lle quita a Anxel Casal ser ou non católico. Por outra banda, doulle a razón no que di respecto aos que presumen de facer país. Velaí un motivo para dubidar. Pero que se me entenda: hai moita xente que fai país. Moita e de moi diversas maneiras. Mais, probablemente, son os que non o din.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
¿Esa revista envíana a todos os socios? Eu non a recibín. Refírome a Escrita Contemporánea.
Comentario de Pregunto hace 2 años y 28 meses
-
Pois, a verdade, non che sei. Eu recibina hai dous días. Supoño que o máis lóxico sería que preguntases directamente na Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
A exposición que houbo no auditorio sobre Casal foi unhas das mellores do ano pasado. Posiblemente non tivo o desplegue mediatico da de Frida Khalo, pero era tan boa o mais que aquela
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 28 meses
-
Non tiven ocasión de vela. Mágoa.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
Enfim, este não é o lugar, mas afirmar -em geral- que o galeguismo na II república era "reaccionario"... (nada menos que essa palavra: voltar ao Antigo Regimem) isso não é assim certo. Eis os principios do PG. Se no 36 foi com a Frente Popular às eleições (e aí sim a cissão anti-comunista, minimíssima, de Risco -que por sua vez também fora defensor da URSS, em tempos) resulta impossivel esse carácter reacionário que se lhe atribui ao galeguismo dos anos 30, e de antes. Bóveda iba a missa, mas Frei Betto acho que também
E para não já falarmos do galeguismo americano da época, arredista e mata-cregos...O que sim concordo é que há muitas memorias, totalmente, e mistificações por toda a parte. Mas acho que a mistificação mais grande, a hegemónica e distorcida, não é, precissamente, a elaborada polo galeguismo. Saude. Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 28 meses
-
Desde logo que non.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
Meus caros amigos
Acho este blog a navegar em procura de um dato sobre Ánxel Casal. Se vos serve a minha opinião, Casal era um claro representante do LAICISMO republicano. A Irmandade da fala da Crunha estava enfrentada ao sector conservador desde 1917 entre outras cousas por esse ponto. Os regulamentos da Irmandade, que logo levariam a ORGA e ao PG fazem destaque deste ponto. A assembleia de 1935 do PG na que se volve a abrir o debate é entre outras cousas sobre isto. A maioria optou polo laicismo aqui a rotura da Direita galeguista. O comportamento de Casal como alcaide de Santiago e Vice-presidente da Reputação da Crunha é também muito revelador do seu laicismo, chagando a propor duras sanções e substituição imediata para as monjas do Hospital provincial. Em Compostela dissolveu à mangueira uma processao ilegal do Sagrado coração. Isto segundo muitos, além de publicar nos seus prelos quanto folheto de esquerdas se publicou em Compostela nesse anos foi o que o levou ao martírio. Victor Casas, morreu sem confessado e Lugrís tentou-o.Comentario de Ernesto Vázquez hace 2 años y 26 meses
-
Moitas grazas, Ernesto, por estes datos que nos axudan a entender mellor a figura inmensa de Casal.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses