Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

1'1

Resulta que os galegos mercamos, de media, ao ano, 1'1 libros.
É dicir: que cada galego le un libro e, segundo semella, un par de páxinas de outro.
Abraiante.
Somos Un País Cultísimo.
Agora, A Pregunta Fundamental: ¿cantos deses serán de literatura galega?

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. non me parece unha cifra tan elevada. e mercar non significa necesariamente ler. lembro unha anécdota que escoitei hai tempo acerca do pouco éxito da colección Peto de Xerais. parece ser que o mesmo libro editado en Narrativa vendía máis, ben máis ca na súa edición económica. creo que por aquí a xente entende en boa medida o libro coma elemento decorativo. e sospeito que non existe diferenciación por idioma.

    Comentario de brautigan hace 2 años y 28 meses

  2. Resposta: o 0,1.

    Comentario de folerpa hace 2 años y 28 meses

  3. Penso que Folerpa é optimista de máis. Eu quero ser optimista no que respecta á lectura e pensar que se le máis do que se compra. Moita xente préstase libros, hai bibliotecas, etc.
    De tódolos xeitos o que importa é a calidade.

    Comentario de Máis Alá hace 2 años y 28 meses

  4. Estou máis con folerpa, pero apetéceme pensar como Máis Alá. Daquela, sexamos optimistas. E si, leva razón brautigan: hai quen quere os libros para decorar.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  5. Falarei por mín. Eu merco moitos mais libros dos que leo, e a meirande parte deles son en castelán, porque hai máis oferta, o que non significa que sexan de literatura en castelán (traducidos do inglés, francés, etc). E merco máis por pura gula, pensando que vou ter maís tempo para lelos todos, ou que algún día terei ese tempo que agora me falta. Supoño que coma mín haberá outros. Non vos pasa a vos, o de mercar libros para o día de mañá? Non son adornos, son un festín aprazado.

    Comentario de Pedro hace 2 años y 28 meses

  6. En efecto, Pedro, eu son un deses. E sufro, esa é a palabra, por todo o que quixera ler e non podo, materialmente por falla de tempo. Pero, para estar co que nos ocupa, se hai tantos que mercamos tanto, e aínda así sae esa media...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  7. Si xa o decía a canción versionada: "leer, leer, leer es un gran placer...". Queda contestada a pregunta, non si?.
    Unha aperta lectora.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 28 meses

  8. A lectura ten cada vez mais rivais e a xente decatase en empregar o tempo noutros labores.
    A min semellame unha cifra pequena e errada. Por suposto a venda de literatura galega e muito mais baixa.
    Sempre que vou a praia fixome se a xente le e trato de ver o titulo e e raro que tope unha persoa lendo un libro en galego.
    Suponho que habera que montar un metro nas cidades galegas para que a xente lea mais porque no metro ainda a xente le un pouco.
    Un saudo.

    Comentario de acedre hace 2 años y 28 meses

  9. Certamente. Nas cidades nas que hai metro a xente le máis. De feito, nos metros de Barcelona, e coido que tamén no de Madrid, hai unha especie de máquinas expendedoras de libros, coma as de tabaco, pero de letras.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.