PARA EMPEZAR O ANO, UN POEMA
Francisco Castro - 09-01-2006 14:43:22 | Categoria: Todos os meus artigos

Edítase en Getafe unha revista de poesía, o cal xa é para celebrar dado os tempos nos que andamos. Chámase La Sombra del Membrillo. Na nómina dos colaboradores nestes seus primeiros cinco números, atopamos xente tan interesante como Luís Antonio de Villena, Luis Alberto de Cuenca, Lorenzo Silva, Elena Medel, Luis Landero ou Leopoldo María Panero. O máis salientable da iniciativa, ou unha delas, é que está feita por rapaces moi novos. Novísimos. E iso, para os que xa non o somos tanto, reconforta. E ilusiona.
O coordenador para Galicia é o poeta vigués David Fernández Rivera e tivo a xenerosidade de pedirme un poema.
Podédelo ler aquí.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Gustoume o poema e a revista.
Comentario de Máis Alá hace 2 años y 28 meses
-
Moitas grazas.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
veño de ler o poema...
Un aplauso
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 28 meses
-
Moitas grazas, de corazón.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
Un saudo dende alí de onde todos tentamos fuxir, cunha perna dentro e outra fóra. Ti sabes como contalo.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 28 meses
-
Grazas Rosa. Ti tamén.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses