A POESÍA GALEGA NON EXISTE
Francisco Castro - 22-12-2005 14:13:25 | Categoria: Todos os meus artigos
MOITOS OLVIDOS. NON SE ESQUECEN DOS CATALÁNS. PERO DOS GALEGOS, SI.
Hai algún tempo alucinamos mostrando como a Comisión Europea se esquecera do galego nun estudio. Dixeron que por un despiste.
Hoxe lemos que o directorio poético da UNESCO non inclúe ningún dato de Galicia. Ou o que é o mesmo: que a ollos da UNESCO, a poesía galega non existe.
A pesarES de haber uns 600 poetas en Galicia, a ollos de tan importante organismo internacional, non somos ( aínda que, ben mirado, a ollos de moitos galegos, a poesía galega non existe tampouco... ).
Curiosamente, por que será, a lírica catalana si está recollida.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Os paises,a xente, as culturas, existen na medida que van acadando poder económico, amigo meu.
Comentario de derrota hace 2 años y 29 meses
-
Non quixera pensar, amiga, que incluso na poesía as cousas son así.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
A realidade é dura mais sempre se poden acadar matices interesantes...
Enerxía e unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 29 meses
-
Si, mais, aínda que a realidade sexa dura, temos que teimar en mudala. Enerxía tamén para ti e beixos con apertas.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
E os q escribimos e non nos publican, q somos?, existimos?
Comentario de agulleira hace 2 años y 29 meses
-
comentario certeiro. non sei ben se dentro deses aproximadamente 600 poetas se inclúen tamén os que non lle entran polo ollo dereito ós editores.
Comentario de brautigan hace 2 años y 29 meses
-
iso xa pasa nos subtítulos dos dvds. ti viches algún dobrado ó galego? eu non. en catalán si. a pregunta é, por qué? o problema quizais parta dende aquí, e non de fóra...
Comentario de sara jess hace 2 años y 29 meses
-
Obviamente, hai máis poetas, e escritores en xeral, que aos que os editores fan caso. Ao respecto dos DVDs, é certo que, polo xeral, pasan do galego ( se cadra, Shin Chan, e pouco máis ). Estou de acordo con que o problema empeza en nós. Bo Nadal para todos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
BO NADAL A TODOS OS QUE O AMIGO FRANCISCO CASTRO NOS CONVIDA A ESTA FESTA DO DIALOGO.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 29 meses
-
Bo Nadal tamén para ti, Gustavo. E que segamos no diálogo.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
evidentemente, se nós non estamos a culpa non é dos cataláns.
e xa hai ben tempo que non se pide a un informe oficial de organismo ningún que sexa serio. ben sabemos que os informes reflicten aquilo que os intereses políticos desexan que reflictan. lembrade, por favor cando saíu o informe aquel de bruxelas que marcaba o courel como unha das zonas de maior contaminación ambiental de galiza. o futuro vicepresidente do ppdeg foi facer lobby na capital dos belgas e poucos días depois regresou cunha nova versión do informe na que o courel non estaba xa tan contaminado.
as linguas e as súas literaturas teñen sitio no concerto mundial só se existe respaldo político que se ocupe de defendelas. é outra maneira de dicir o mesmo que di "derrota" no primeiro comment.
o español, unha das linguas máis faladas do mundo, desaparecería das institucións europeas se o estado non se ocupase de defender o seu estatus. o galego non tivo nunca unha boa representación cultural. non sei se lembrades que, ata hai ben pouco, non existía un conselleiro de cultura no goberno galego.
de todos os xeitos, paréceme bastante máis preocupante que a poesía galega non exista para os galegos. pódese pedir recoñecemento internacional sen ter resolto antes este "pequeno" detalle?Comentario de oollodavaca hace 2 años y 29 meses
-
Concordo totalmente con ollodavaca. Máis importante que o feito de que a UNESCO non saiba de nós é que, a meirande parte dos galegos descoñecen que exista algo chamado literatura galega. Ese "detalle" non é pequeno, precisamente.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
No repertorio da UNESCO hai o que hai nas redes, o que se move e se da a coñecer.
En Galiza o que hai son demasiadas institucións culturais e paraculturais sen compromiso coa realidade cultural do país. A campaña esta da AELG foi ridícula. Se fixeran máis pola poesía galega e deixaran de sacar o peito por aí con vergonzosas demonstracións de ignorancia, mellor nos iría a todos.Comentario de jmle hace 1 año y 24 meses
-
En calquera caso, non dubides que as campañas fanse coa mellor das intencións. Que despois se acerte ou non, xa é outra cousa.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses