DEBO DE TER ALGÚN PROBLEMA PSICOLÓXICO GRAVE
Francisco Castro - 21-12-2005 14:18:53 | Categoria: Todos os meus artigos
NON ME GUSTA ÁGATHA CHRISTIE
Lemos que os científicos conseguiron explicar o por que do éxito das novelas de Ágatha Christie. Eu sempre dei en pensar que un libro é bo porque, sinxelamente, é bo, pero seica a cousa é máis complexa.
Debo de ser un burro.
Segundo eles, o éxito desas novelas radica en que a autora utiliza técnicas de psicólogos e hipnoterapeutas.
E eu pensando que cando un texto me engaiolaba era porque o autor tocara algo achegado á beleza.
Son un pailán.
A min non me gustan as novelas de Ágatha Christie, pero seica non é porque me parezan soporíferas, porque me mareen tantos sospeitosos á vez, ou porque os personaxes parezan todos parvos parvísimos, nin porque a acción sexa lenta lentísima lentérrima, senón porque teño o pelouro coma pedra granítica de Porriño e é por iso que a hipnose psicolóxica que manexa a autora non me dá entrado no cabezón.
Son un cabezón.
Burro, pailán, cabezón e, ademais, impenetrable, engado, ás chorradas científicas.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
A min Agatha Christie paréceme unha excelente novelista de libros policíacos sempre e cando leas dous ou tres, nunca a casi centena de títulos que publicou en vida pois a partires do cuarto ou quinto libro todo resulta moi previsíbel.
Comentario de Xosé Antón hace 2 años y 29 meses
-
A ver, si, podo lela e disfrutala, un pouco, un chisco, case que nada... pero cen...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Pois a min tampouco me gusta, aborréceme, pero claro eu son lectora e non crítica, ademais o xénero policiaco non me gusta xa como tal, da igual quen o escriba
O mesmo me pasa con Stefen King ou como se escriba, non me entra.Comentario de patri hace 2 años y 29 meses
-
Estas flaxelacións públicas veñen de terlle dado ós científicos voz e voto en cousas que non teñen fórmula matemática. Aínda que as veces semella que algúns escritores dan co xeito de apampar a media población mundial por artes totalmente axenas ó talento. Esa é a única explicación posible para algúns fenómenos...
Digo eu, que tamén debo de ser unha pailana, e unha burra, e unha cabezona...Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 29 meses
-
que tristeza que se gasten os cartos en "investigar" chorradas varias coa cantidade de cousas que hai que facer! pasamos do coñecemento e adicámonos á sabidoría? íanos ser mellor (peor para camelos e industria farmacéutica...)!
Comentario de flor de lis hace 2 años y 29 meses
-
Levades moita razón. Debe de ser que hai científicos con moito tempo libre, e dáselles por investigar estas chorradas. Bo Nadal.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses