Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

Á FIN UN PROGRAMA DE LIBROS NA TVG

Que un escritor do talento de Luís Rei Núñez sexa o novo responsable da área de Cultura da TVG xa é, de por si, unha boa nova.
Pero moito máis é o feito de que, durante a Noite da Edición anunciase que despois da Semana Santa a TVG estreará un programa sobre libros e literatura.
Non era sen tempo.
Coido que estamos diante dunha gran noticia que hai que saudar como se merece. Levabamos moito tempo pedíndoo e resultaba algo incomprensible que non tiveramos ese programa na nosa televisión.
Parabéns, xa que logo, a Rei Núñez polo nomeamento, e á TVG por dar ese paso en favor da nosa literatura.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Sábese quen o presentará?

    Comentario de Pedro hace 2 años y 29 meses

  2. Non teño nin idea.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  3. A min gustáriame que o presentase unha cara nova. Por certo ¿ mirachedes a nova campaña de animación á lectura? Que fiasco!. E os premios a Ferrín & Cia. Os que manipulan a vida cultural galega non teñen en conta aos valores emerxentes. Qué triste !. E mira que se escribe ben últimamente en galicia... a ver se lle dan dunha vez un recoñecemento público a obras de F. Castro, Olga Novo, Xosé Manuel Marcos, Fran Alonso, Camilo Franco ( que ben escribe)... As veces semella que o galego é unha lingua morta, e que despois de morta aínda a queren rematar.

    Comentario de Fermín Romeroo de Torres hace 2 años y 29 meses

  4. Aínda non tiven ocasión de ver eses anuncios. Sei dalgún editor que non se entusiasmou moito. Sen embargo, coido que hai que lle ver o lado positivo: é a primeira vez que se fai unha campaña de animación á lectura desde a TVG e, sen dúbida, será mellorable. Cando os vexa direi algo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  5. e o tal programa sobre libros... irá "en su horario habitual de las 3 de la mañana"?

    Comentario de oollodavaca hace 2 años y 29 meses

  6. Como dician Les Luthiers... Pois coido que si, que o van botar os domingos case que ás doce da noite.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  7. Non me parece tan mala hora. Tede en conta que por aí comenzan os Buenafuente, Navarro e compañía...

    Comentario de Pedro hace 2 años y 29 meses

  8. qué ben que comecen a mudar cousas na telegaita. a ver se agora hai reparto equitativo para todos, espectadores e supervivintes do audiovisual.

    Comentario de sara jess hace 2 años y 29 meses

  9. Agardemos que si, que empecen a mudar as cousas e que a cultura teña algo máis de peso na programación da TVG.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  10. NON SEI COMO TEN QUE SER O PROGRAMA DE LIBROS PERO UN EXEMPLO A NON SEGUIR É A TERTULIA DE AMIGOTES DO RIOYO. O PROGRAMA TEN QUE SER DE LIBROS NON DE ESCRITORES. A PERSOAS PASAN OS TEXTOS PERMANECEN. OU COMA DECIA MACEDONIO FERNANDEZ OS XULGADOS NON DEBEN CHAMARSE PAZOS DE XUSTICIA SENON PAZO XUDICIAL. POIS O MESMO O PROGRAMA TEN QUE FALAR DE LIBROS.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 29 meses

  11. Coincido plenamente co que di Gustavo. O tal programa debe servir para darlle protagonismo aos libros, e, ollo, tamén aos nosos escritor@s, á súa obra, ao seu proxecto literario.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  12. Esta e unha boa nova.
    Bo Nadal e feliz 2006.

    Comentario de acedre hace 2 años y 29 meses

  13. Bo Nadal tamén para ti.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.