Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

PREMIO MODESTO R. FIGUEIREDO

O pasado sábado recibín chamada do xurado do Premio de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo que, este ano, organizaba xunto co Padroado do Pedrón de Ouro, o Concello de Cotobade. O meu relato titulado "Ningún fascista morreu inxustamente" recibiu o primeiro premio.
O segundo premio foi para Agustín Agra e o terceiro para Paco López-Barxas.
O meu relato conta a historia de tres personaxes nos primeiros días da Guerra Civil. Un falanxista obsesionado con "pasear" a un preso republicano, en teoría, por diferenzas políticas mais, en realidade, hai unha vinganza amorosa detrás. Por outra banda, conto a historia da rapaza que está no medio dos dous e doutro soldado que tentará facer algo por axudala. Non vos conto máis porque, senón, cando saia o libro, non o ledes.
Como poderedes imaxinar, estou moi feliz porque os premios sempre animan, pero, sobre todo, porque o Modesto Figueiredo é todo un clásico das nosas letras, pois leva funcionando desde o ano 1975 e en tantos anos de historia premiouse a autores ben senlleiros da nosa literatura.
E contento, tamén, porque segundo contan as novas de prensa, tanto o meu texto premiado como os outros, así como dúas mencións especiais do xurado, sairán recollidos nun libro auspiciado pola Consellería de Cultura.
Unha vez máis, quero compartir a miña ledicia con todos os que ledes este blog.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Noraboa, Francisco, levas unha racha excelente. Os meus parabéns. Agardamos xa esa publicación.

    Comentario de Veloso hace 2 años y 29 meses

  2. Moitas grazas, Veloso, a verdade é que non me podo queixar desta fin de ano.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  3. Vaia racha meu benquerido sensei. Parabéns.

    Comentario de folerpa hace 2 años y 29 meses

  4. Felicidades, un nuevo premio y van..., espero poder leer pronto ese nuevo relato.
    Un abrazo

    Comentario de bradomin hace 2 años y 29 meses

  5. Noraboa. Mereces ese premio e moitos máis.

    Comentario de Máis Alá hace 2 años y 29 meses

  6. Noraboa. Sigue coa racha. :)

    Comentario de peke hace 2 años y 29 meses

  7. Parabens, Francisco. Vai botar vostede por fóra.

    Comentario de ababoro hace 2 años y 29 meses

  8. Pois moitas grazas, de novo e para todos. Con lectores así, dá gusto.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  9. xa se sabe que non hai dous sen tres. Entón: "Parabens!!!" e pode seguir cos premios que xa me afixen a ser monotemática neste blog. Apertas!

    Comentario de torredebabel hace 2 años y 29 meses

  10. Parabéns Francisco. Alégrome moito e devezo por lelo. Nun dos teus relatos do Río Leteo achegábaste ao tema e facíalo amosando moi bo oficio. Estou certo que han vir máis premios. O teu talento e o teu esforzo van facer que sexa así.

    Comentario de Do 66 hace 2 años y 29 meses

  11. Grazas. En efecto, cando escribín o meu relato "Churros" para Río Leteo, poucos días despois escribín este que agora se premiou. Grazas de corazón a todos.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  12. ¡Parabens!. Cuanto me alegro. "Churros" é un dos meus relatos favoritos en "Rio Leteo", de xeito que estou segura de que este será magnífico. Agora a polo 2006,¿non?, ¿ou é posible que aínda quede algunha nova máis para compartir con nos?.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 29 meses

  13. Grazas, Rosa. Ogallá poida sempre compartir boas novas con todos vós. A ver como vai o 2006...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses


  14. Pois si, a min churros gustoume moito tamén. Parabéns, a a non baixar o listón. Agardo pola túa próxima novela.

    Comentario de Fermin Romero de Torre hace 2 años y 29 meses

  15. Espero non baixar o listón. E si, eu tamén desexo ver axiña unha nova novela nos andeis das librerías. Todo se andará.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  16. PARABENS!! e Un beijo con aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 29 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.