NENOS ATOSIGADOS
Francisco Castro - 16-12-2005 14:16:11 | Categoria: Todos os meus artigos
UN TEXTO PARA O DEBATE
La Voz de Galicia publica hoxe unha entrevista co escritor chileno Luís Sepúlveda. Gosto moito do seu traballo. Aprecio, por suposto, as ben coñecidas Historia de una Gaviota y del Gato que le enseñó a volar e Un Viejo que leía Novelas de Amor, pero, o que de verdade me gustou deste autor son dúas noveliñas moi breves que non son moi coñecidas polo gran público: Yacaré e Diario de un Killer Sentimental.
Do que conta nesa entrevista quero resaltar a frase coa que estou máis de acordo, e que coido moi importante: Creo que los planes de lectura que aplican en las escuelas son malos. No se puede atosigar a un niño de 12 años para que lea el Quijote . Ellos quieren ver reflejado su mundo en la literatura. Quieren literatura actual.
Ten máis razón cá un santíño. Repitámolo, pero coa voz máis alta:
- Os planos de lectura do sistema educativo son malos, malísimos, ¿de verdade fai lectores?
- ¿Que lle estamos dando a ler aos nenos nesas franxas de idade nas que, ou os atrapamos para a lectura ou perdémolos para sempre?, ¿quixotes?, ¿celestinas?
- ¿Cando vai a sociedade a facer de verdade un debate en serio sobre o fomento da lectura ?
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Canta razón tes, eu tamén sufrín o Quixote, eu lía moito comic e este nen sequera o teñen en conta, e son u nestímulo estupendo para a letura.
Comentario de Veciña hace 2 años y 29 meses
-
Por exemplo. ¿Por que non o cómic?, ¿por que non a poesía?, ¿por que non se recomendan aos nenos libros de poesía?
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
¿poesía? ¿a nenos de 12 anos? penso eu que case mellor se o deixamos no cómic e novela de aventuras infantil-xuvenil.
Comentario de brautigan hace 2 años y 29 meses
-
No cole no q traballo os nenos collen literatura xuvenil pa ler, e,paralelamente,len o q lle mandan,q non ten moito q ver.Cando teno garda d biblioteca,piden consello e doullo, e tamen os companeiros de galego e castelan...ainda q non mo pidan.
Comentario de quintoelemento hace 2 años y 29 meses
-
estou de acordo co asunto principal, pero penso que non é verdade que os nenos que non son lectores na pubertad pérdanse como tales. A miña nai é bibliotecaria en duas escolas (unha EGB e outra de adultos) e ve o contrario todo o tempo. Sempre pódese atopar a maxia da literatura.
Comentario de torredebabel hace 2 años y 29 meses
-
Non sei se é verdade, pero teño oído que hai moitos profesores, mesmo de Literatura, que non len case nunca, co que malamente poden fomentar nada. Pensades que é certo? Saúdos a todos.
Comentario de Veloso hace 2 años y 29 meses
-
Considero que somos los padres los que debemos fomentar el amor a la lectura. El Quijote no creo que sea una lectura amena para los 12 años de verdad.
Me pregunto porque a la edad de mi hija (17) yo ya habia leido a Borges, Sabato,Hemingway, Withman ,Neruda, y tantos , tantos, y no tenia a nadie que me instara a ello. Solo mi avidez por saber y la adiccion por la lectura.Mi padre fue un gran lector, quizas venga de alli, de su ejemplo.
No soy española, y hay costumbres que francamente me espantan como por ej. los domingos al mediodia veo (horrorizada) como el mejor paseo para los niños es llevarlos a una cafeteria!!!!!!!!!!!!!!!!!! Rodeados de humo , se aburren, por supuesto fastidian y se fastidian con toda la razon.
Sepan Señores que en Vigo, existen actividades para ellos!!!, no muchas , pero hay. Solo es cuestion de preocuparse,y buscar lo mejor para ellos. Un saludoComentario de alicia hace 2 años y 29 meses
-
COncordo totalmente co que sinala Alicia. O traballo esencial hai que facelo na casa. Os pais, a verdade, esperan que o colexio faga o que eles teñen que facer.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Pois esta nai desesperada comenza a ter cargo de conciencia, e teme que o seu fillo de 12 anos se estea a rebelar contra a biblioteca que lle teño no cuarto. Xa non sei se son cousas da preadolescencia, das hormonas, de levar a contra porque si, ou porque agora non atopa o tipo de historias que lle interesan. Ata o de agora sempre lía con gusto, os comic seguen a ateigar a sua mesiña, e encántame, pero gustaríame porlle nas mans algo que o levase a decatarse que na sua mente xa existen os carreiros axeitados para chegar o gran camiño, e reconquistalo para compartir con el a paixón de ler. Acepto suxerencias.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 29 meses
-
Eu coido que a mellor suxerencia que podo facerte é que o deixes ir ás librerías e que escolla el. Ten que haber moreas de libros que lle interesen, aínda que nada máis sexa biografías de grupos musicais ou cousas así. O certo, dígocho para a túa tranquilidade, é que aqueles que son lectores de nenos, aínda que o deixen durante a adolescencia ( están máis pendentes doutras cousas que lles interesan máis ), rematan volvendo. Así que calma...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses