¿CONTO OU CANTO?
Francisco Castro - 15-12-2005 14:31:18 | Categoria: Todos os meus artigos

Hoxe irei ao Conservatorio Profesional de Música para dar unha clase de Escritura Creativa, convidado pola profesora, e amiga, Rosa Gayoso.
Como xa comentei noutras moitas ocasións, é para min sempre un pracer atoparme con xente desexosa de escribir e de deixar fluir a creatividade.
Teño impartido talleres literarios en moitos lugares e diante de públicos do máis diverso, mais será a primeira vez que o farei diante de estudantes de música e nun conservatorio.
Quizais por iso, onte, mentres matinaba en que facer con eles, a primeira pregunta que me veu ao maxín foi, ¿cóntolles ou cántolles?
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Si lles vas cantar podes gravalo e colgalo despois na rede para que poidamos gozar da túa voz.
Comentario de Máis Alá hace 2 años y 29 meses
-
Cántalles, sen dúbida. Eu teño mañá a cea cos compañeiros de traballo. Un ano máis, fracasarei no meu intento de que canten o Miudiño. Un saúdo.
Comentario de Veloso hace 2 años y 29 meses
-
Yo no lo se. Es dificil la pregunta. No soy nadie para dar consejos, desde luego, pero mi experiencia me dice que si cuentas, puede ser que alguien después cante o lo cante.
A mi me está pasando con esto:
http://playasabandonadas.blogspot.com/2005/05/tang...
Suerte.Comentario de Rafael hace 2 años y 29 meses
-
Obviamente, non ía cantarlles, a non ser que quixese horrorizalos. Conteilles e, a verdade, foi de marabilla. 16 entusiastas músicos que puideron, nunha hora, demostrarme todo o seu talento creando relatos e mesturando historias. Xente valente coa que dá gusto traballar.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Cóntalles, cantando a mensaxe chega seguro...
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 29 meses