OS PREMIOS DA EDICIÓN E OS MAGOS
Francisco Castro - 14-12-2005 14:16:51 | Categoria: Todos os meus artigos

Hai un par de días comentaba o ben que me parece que a Asociación Galega de Editores celebre unha gala para outorgar os seus premios anuais.
Parécenme moi atinadas todas as nominacións, en especial a de mellor libro ilustrado para Fausto Isorna polo seu "Mellor que dicila fora pintala... 50 anos de Merlín e Familia", sobre textos de Cunqueiro e editada por Galaxia.
Digo isto porque, segundo contan certos gurús, van empezar a publicarse moreas de libros para adultos, protagonizadas por magos. Nalgúns lugares interprétase o asunto como unha demostración da infantilización da sociedade.
Síntoo pero non concordo. Paréceme máis que interesante que cheguen ás librerías novelas protagonizadas por magos. Non sei por que os adultos non podemos ler ese tipo de temáticas.
Pero iso si: o único que pido é que os magos que cheguen nesas novelas, se parezan máis ao Merlín de Cunqueiro que ao Potter de Rowling.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Un hard boiled protagonizado por Juan Tamariz mercábao eu sen pensalo.
Comentario de Kamikaze hace 2 años y 29 meses
-
Eu tamén gusto moito de Tamariz, gran mago e, ademais, divertido e intelixente.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses