A LITERARY SHOPPER
Francisco Castro - 13-12-2005 13:39:40 | Categoria: Todos os meus artigos
LÉASE ESTE TEXTO COMO O QUE É: É DICIR, CON RETRANCA E IRONÍA, QUE NON VAI EN SERIOLeo por aí que a última moda en traballos é converterse en Personal Shopper, é dicir, en Asesor de Compras.
Ou o que é o mesmo: que alguén con moito diñeiro vai e che paga moito diñeiro para que ti o asesores mentres fai as súas compras e gasta, así, moito diñeiro.
Moito diñeiro.
Xa que logo, ofrézome desde aquí como Literary Shopper, é dicir, busco empresario con moito diñeiro para que me pague moito diñeiro para axudarlle a pescudar, na marea inmensa de novidades bibliográficas que se editan ao ano, libros de interese no que gastarse o seu moito diñeiro.
¿Algún voluntario?
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
¿Ten que ser necesariamente un empresario? Mira que pode haber por aí algún outro parvo con cartos

Saúdos e sorte na pescuda (e se tes tanto traballo que queiras subcontratar, xa sabes
. Comentario de Hai Cada hace 2 años y 29 meses
-
¿Y para Word Shopper? Asesor en busqueda de palabras.
Para eso ya es más complicada la cosa ¿No?
Comentario de Rafael hace 2 años y 29 meses
-
Tomarei nota.
Comentario de acedre hace 2 años y 29 meses
-
Non ten por que ser necesariamente un empresario E encántame iso de Pescudador de Palabras. Ata é un título bonito para un libro.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Dígoche o mesmo que Hai Cada. Se che sobra o traballo e necesitas subcontratar, lémbrate de min, que estou ociosa.
Comentario de peke hace 2 años y 29 meses
-
¿Seguro que todo é retranca, e ironía, e non vai en serio?. ¿Cantos libros se poden mercar co gordo de Nadal?. ¿Todos?. Ese si que sería un bo titular de prensa. GAÑADOR DO GORDO DE NADAL DEIXA CASE BALEIROS OS ESTANTES DE TÓDALAS LIBRERIAS. MERCAR COCHES XA NON É "IN". O DERRADEIRO É DEIXARSE ASESORAR POLO LITERARY SHOPPER FRANCISCO CASTRO. Ben elexida a data da tua oferta. LEASE ESTE TITULAR CON IRONÍA E RETRANCA, PORQUE NON VAI EN SERIO. ¿Non?.
Comentario de ROSA VELENOSA hace 2 años y 29 meses
-
¿Seguro que a frase é totalmente retranqueira?, ¿Ou queresnos dicir algo máis?.
Un beijo de alento nas pescudas.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 29 meses
-
Por suposto que é ironía... a non ser que algún Bill Gates sobrado de cartos queira tomarse isto en serio...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses