UN BOSQUE LLENO DE HAYAS

Vén de sair, hai uns días, Un Bosque lleno de Hayas, é dicir, a versión en castelán do meu libro para moz@s, publicado hai un ano, Un Bosque cheo de Faias, en Everest.
Para min é un motivo de enorme satisfacción que apareza agora noutro idioma distinto do galego no que foi orixinalmente escrito e publicado.
E como estou contento, dígovolo para compartir así a miña ledicia con vós.
Referencias
Comentarios
-
Parabéns! Amosar fóra os produtos de calidade dos nosos escritores e escritoras é fundamental para existirmos. Para o lector castelán a literatura hoxe é Suso de Toro e Rivas nas nosas letras. E hai algo máis. Ese é o camiño.
Comentario de Do 66 hace 2 años y 29 meses
-
Moitas grazas, Do 66, por esas palabras tan xenerosas. Coido que si que é importante que haxa máis que dous autores para o resto do Estado. Por fortuna, que se traduza un libro meu non é novidade porque no ámeto da Literatura Infantil e Xuvenil hai xa ben de tempo que os nosos libros se traducen con unha certa asiduidade. O reto, agora, é que a nosa literatura "para adultos" se traduza tamén coa mesma asiduidade, e non só dous ou tres autores que, por outra banda, o teñen ben merecido pola súa innegable calidade.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Parabéns. Cousas así demostran a valía da nosa cultura!
Comentario de Henrique hace 2 años y 29 meses
-
Pois moitas grazas, Henrique.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Procure non correr tanto, don Paco, que nos vai pasar por riba. Parabéns.
Comentario de Jaureguizar hace 2 años y 29 meses
-
Parabens!
Comentario de torredebabel hace 2 años y 29 meses
-
PARABENS!!!. Graciñas por compartir o teu éxito.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 29 meses
-
Parabénes, Francisco.
Comentario de ababoro hace 2 años y 29 meses
-
Parabéns!!!
Comentario de peke hace 2 años y 29 meses
-
Pois moitas grazas a todos, de corazón. Así dá gusto.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Nuna me enseñaron a escribir en Gallego. Ni en mi casa se hablaba. Pasé tiempo viviendo fuera de Galicia, pero siempre he extrañado mi lengua y sus giros.
Me atreví a componer tres poemas en gallego (casi como Federico García Lorca, por el número claro está, no por nada más) este año.
Seguro que está lleno de imprefecciones y errores gramaticales, pero le regalo uno de ellos.
¡¡Parabéns, Francisco!!
CUMIO DE RECORDOS
Unha fonte, unha fontiña,
que vota auga galega,
e que na ponte me achega
a aquela infancia tan miña.
Un poema que xurde aos teus pasos
e relouca no barrio de Alfama,
un fado que xa me chama
e me amostra un amor doutros anos.
Paises, cidades e citas,
cumios dos meus recordos,
homes, mulleres e vidas
que atomizan os meus sonos,
e provocan miñas sorisas,
e os delirios deste tolo.
Rafael
16 de Febrero de 2005
“A Ramiro Fonte, Director del Instituto Cervantes de Lisboa”
Comentario de Rafael hace 2 años y 29 meses
-
Parabens! Alégrome moito, e coincido con tódolos comentarios feitos ata agora. Só espero que sexa o primeiro dunha larga lista...
Comentario de xan hace 2 años y 29 meses
-
Parabéns meu benquerido sensei por ese pica en Flandes. Traducícheste ou traducíronte ?
Comentario de folerpa hace 2 años y 29 meses
-
Vento en popa a a toda vela... O seguinte ten que ser Xeración Perdida. Parabens. Eu tamén teño curiosidade por saber se che traduciches, lembro unha anecdota que conta un traductor de Günter Grass ao respecto do Rodaballo, e como o autor na sua desesperación o ler as interpretacions de novelas anteriores veuse na obriga moral de xuntalos a todos varios dias para meterlles no corpo, non só a comida que preparou para eles xa que a gastronomía é moi literaria, se non tamén o máis importante, os códigos propios, a alma de cada frase e o significado de cada verba, que moitas veces non ten nada que ver co que interpreta o diccionario.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 29 meses
-
Grazas de novo a todos. E grazas, Rafael, por ese poema. Respondo. Non é o primeiro libro que sae traducido ao castelán. Saiu Memorial do infortunio no 2004 en Alba Editorial, e agora este, que pedín traducir eu. Por sorte, podo facelo. Se teño a fortuna de que algún día se me edite en calquera outra lingua, xa non poderei facelo. Pero neste caso quería facelo eu. Manías de autor...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Súmome ás felicitacións, e xa non só porque sexa unha boa nova para ti, senón porque significa que o noso sistema literario é cada día máis normal e universal. Parabéns.
Comentario de Veloso hace 2 años y 29 meses
-
Veloso, moitas grazas.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Muitos parabéns, mas, desculpa, essa edição não cha vou mercar; e como a mire na Casa do livro tapando à edição galega vouna ocultar à sua vez, muito cautelosamente, pondo por cima algum ejemplar da "Alicia.." de Xerais
Parabéns. Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 29 meses
-
Grazas, jlombardeiro. Pola miña banda o que desexo é que, en Galicia, se merquen as versións en galego. Sempre.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Se che digo que nos veremos o próximo mércores, saberás axiña quen son. É evidente que un dos moitos valores que ten a literatura é a súa capacidade para crear vínculos. Estou encantada de participar, dalgunha maneira, nesta viaxe que os teus amigos do Grapas inician fóra das nosas "fronteiras". Sei que os Premios que recibiches e os que aínda están por chegar nunca cambiarán a gran persoa que se agocha tras o escritor. Moitas felicidades!
Comentario de Erea hace 2 años y 29 meses
-
Grazas, Erea, por tanta xenerosidade. Evidentemente, xa sei quen es. Vémonos o mércores. E grazas, tamén, por todo o que dis de Un Bosque. Son eu o agradecido.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Ola.
Son Andrea, que Andrea? A afillada de Minu... agora si, non?
Eu tamén quero darche os meus parabéns, e dicirche que o libro me gustou moito, está na lista de "Buenos libros" no meu blog, blog do que xa deixarei algún día a dirección, aínda non estou preparada para que alguén "capacitado" lea o que escribo... jeje
Acabo de ler o ultimo comentario, e lembreime de algo, agora intento falar en galego, xa que estamos en galicia...; e lin nese comentario a palabra "grazas", da Nova normativa galega, ¿deberíamos falar "esa lingua de laboratorio"? supoño que a lingua debería cambiar segundo evolucionen, segundo a xente "faga" que evolucionen; non modificalas para que se afasten do castelán; poida que estea equivocada.
Un bico e xa volverei a escribir.
Comentario de Andrea hace 2 años y 28 meses
-
bo nadal Fran. Que tal, son Adrian o do colexio(bokas).nada que estaba aqui no ordenador e dixenme"imoslle escribir un imeil a este gran filoso que no axuda a sair da caverna catro dias a semana".
Nada do libro "un bosque cheo de faias" dicir que me gustou moito e que noraboa por iso de que cho van traducir o castelan.
pois iso, unha aperta do teu discipulo e aprendiz Adrian.Comentario de Adrian hace 2 años y 28 meses
-
Moitas grazas aos dous. Andrea: da evolución da lingua os que saben son os filólogos. Ás veces, os galegos, coidamos que están a cambiarnos as cousa porque si, e non é iso. Pensa, por exemplo, que o castelán leva "normativizado" desde o século XV, e de certo que, cando apareceron as primeiras gramáticas, os falantes daquel tempo de certo que alucinaron dabondo con algunhas propostas.
Grazas, Adrián, polo que dis do Bosque. Vémonos.Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses
-
boas fran. son bea a tua alumna do ano pasado que emigrou cara o politecnico. nada darte a noraboa polo de un "bosque cheo de faias".porcerto volvin a ler a biografia de janis, penso que é in crible. a estame dicindo adrian que lle regalaron por ris un libro coa historia dos beatles. pensa que a que tes ti a que ensinaches un dia na clase. pois iso noraboa e moita sorte. espero que sigas recollendo tantos exitos como ata o momento e máis. deicalogo. PAZ E AMOR, MOITO AMOR. Adrian di tamen IGUALDADE E LIBERDADE.
Bea
Comentario de bea hace 2 años y 28 meses
-
Grazas Bea. Janis é un personaxe ben estimulante.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses