CONSPIRACIÓN LECTORA ( LEVÁMOLA CLARA )
Francisco Castro - 05-12-2005 14:46:24 | Categoria: Todos os meus artigos
Fala Manuel Bragado nun certeiro artigo da necesidade de participar nunha Conspiración Lectora, "nunha revolución silenciosa apoiada por milleiros de persoas nos fogares, nas empresas, nos clubes deportivos, nos centros educativos, nas bibliotecas, nos medios de transporte e en cantos espazos sexa posible desenvolver a maxia de ler". Iso é o que di. Imposible non concordar con el.Eu conspiro a diario.
Conspiro na miña casa, celebrando o hábito lector do meu fillo, levándoo ás librerías, deixándolle escoller ( aínda que non sempre me entusiasme a súa escolla ). Conspiro con el subscribíndoo a cómics que recibe puntual e ilusionado. Conspiro cando lle dou cartos para mercar revistas. Conspiro.
Conspiro cando difundo os libros que me gustan entre os que asisten aos meus talleres. Conspiro.
Conspiro cando falo no meu espacio en Onda Cero, todas as semanas, dos libros que me entusiasman, tentando contaxiar aos que me escoitan. Conspiro.
Tento conspirar desde aquí e noutros aspectos da miña vida profesional. Conspiro.
Ou conspiramos ou témola clara.
Porque como esperemos por unha axuda, por exemplo, institucional, levámola clara. Mellor, conspira.
Porque como esperemos polos gobernantes levámola clara. Mellor, conspira.
Porque como esperemos "a que as cousas cambien", levámola clara. Mellor, conspira.
Conspiremos.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
"Teoría da conspiración". Alguén pretende facernos crer que lemos porque aqui neste pais español véndense moreas de libros, pero os libros non hai unicamente que mercalos hai que lelos. Agora haberá unha febre alta diria eu, de mercadería de libros, pero cara a onde irán, encher andeis sen mais, pilas e pilas de celulosa pra cubrirse de pó, en fin conspiremos pra que todos os libros mercados sexan tamén lidos.
Comentario de dasmam hace 2 años y 29 meses
-
De feito, que tristeiro ten que ser para un libro que o merquen e nunca o lean, ¿non é? Pero si, levas razón. Edítase e edítase pero ler...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Conspirar en Onda Cero? Eu pensei que só difamaban...
Comentario de tururú hace 2 años y 29 meses
-
O termo de "conspiración lectora" é de José Antonio Marina e María de la Válgoma do seu libro "La magia de leer". Recoméndoo.
Comentario de bretemas hace 2 años y 29 meses
-
Eu fago un espazo, cativo, en Onda Cero Pontevedra, e recomendo dous libros. Se non lle gusta, sempre pode escoitar a Cope. Brétemas: xa sabía o de Marina. E fas ben en lembralo. En todo caso, como fixen ligazón ao teu artigo, aí xa queda claro. Seguiremos conspirando.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Yo conspiro desde mis playas abandonadas. Aunque mi conspiración no llega a ser mas que un pobre intento de revolución silenciosa unicelular.
No sabía que había que inscribirse en Caixanova para lo de su taller de poesía. Leí la noticia de su comienzo hace dos semanas en Faro de Vigo y fuí hasta donde se celebraba creyendo poder asistir. Lástima. Quizás en el próximo. Si le apetece pasear por mis playas y decirme algo sobre mis caracolas se lo agradeceré.
¡¡Conspiremos!!Comentario de Rafael hace 2 años y 29 meses
-
¿Non é o problema o de "sentirse" como conspiradores ó ler un libro?
Eu, malia todo, conspiro todos os días nesta secta secreta.Comentario de Crítico hace 2 años y 29 meses
-
Si tod@s conspiramos seguro que algo se move e todo cambia.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 29 meses
-
Ese é, precisamente, o espírito. Conspirar no día a día para que as cousas cambien.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses
-
Hoxe conspirei cando atopeime polas ruas de compostela con Macedonio Fernandez e me dixo que podia estar ledo porque era o seu primeiro lector.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 29 meses