Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

¿QUE LIBROS HAI QUE LER MÁIS DUNHA VEZ?


No número da semana pasada de A Nosa Terra, o escritor Manuel Veiga loubaba o novo libro, para nenos, de Xabier Quepo titulado O espello e o dragón, e que edita Xerais. Contra do final do seu artigo, di algo moi interesante que quero traer aquí para animarvos - unha vez máis - ao debate. Di que é un libro "que se pode ler varias veces con gusto, froito do magnetismo que debe manar de toda boa narración ( desconfíen da calidade dos textos que só son capaces de ler unha vez )".
Estou de acordo. E velaquí a pregunta: ¿que libros dirías que merecen ser lidos máis dunha vez?, é dicir, que son tan bos, tan fantásticos, tan excelentes que hai que disfrutalos unha e outra vez.
Agardo as vosas propostas. A ver como nos sae este novo canon.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. As dúas "Alicias" de Lewis Carroll, "O vixía no centeo" de Salinger, "Colleita vermella" de Dashiell Hammett, "A illa do tesouro" de Stevenson, "Pedro Páramo" de Rulfo, "Aposta ao amencer" de Schnitzler, "Novela de xadrez" de Zweig, algúns contos de Eça de Queirós, os poemas de Nicanor Parra (unha e outra vez), a "Antoloxía de Spoon River" de Edgar Lee Masters, "Cando petan na porta pola noite" de O'Mestre...

    E por riba de todos eles, o libro ao que eu máis veces volvo de todos cantos lin: "A Christmas Carol" de Dickens, a primeira das súas novelas de Nadal.

    Comentario de Martin Pawley hace 2 años y 29 meses

  2. a lenda do santo bebebor de joseph roth

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 29 meses

  3. Sempre hai diferentes motivos pra ler algúns libros máis dunha vez... pero si se trata da "necesidade" de volver a eles cada certo tempo, pois eu teño, de vez en cando, que saber o que estará a facer o señor Bloom por Dublín, e teño que coller o "Ulises" de Joyce; e outras veces acórdome da literatura culta, da precisión, da ironía, de Carlos Argentino... e vou a "El Aleph", de Borges. Pero si teño que regalar a alguén querido algo moi persoal, invítoo a entrar nun mundo distinto, irreal, coherente... e para iso hai que ir a Comala..., e teño que botar man de Rulfo e o "Pedro Páramo".

    Comentario de xan hace 2 años y 29 meses

  4. supoño que hai moitos e depende moito dos períodos persoais. eu ata hai uns anos relín con certa regularidade "o señor dos aneis". agora leo e releo a poesía de kavafis (na edición de hiperión que é magnífica).

    son malo para facer vir á cabeza os títulos cando os preciso. igual "la invención de la soledad" de auster.

    pero debe haber centos.

    Comentario de oollodavaca hace 2 años y 29 meses

  5. pois na miña humilde opinión, en galego, eu descataría tres, a ver se estades de acordo: "Tic-tac" de Suso de Toro, "De catro a catro" Manuel Antonio e "Cemiterio de Elefantes" de Fran Alonso. sei que hai moitos máis, e moi bos, pero non podo ser obxectiva :)

    Comentario de Aultre Narai hace 2 años y 29 meses

  6. O señor dos aneis, as Alicias.

    Comentario de peke hace 2 años y 29 meses

  7. E moitos máis, pero cómpre ser breve nos comentarios, ¿non si?

    Comentario de peke hace 2 años y 29 meses

  8. Moi suxestivas todas as recomendacións. Insitiría en Borges. En Cunqueiro. No primeiro capítulo das Memorias de Adriano da Yourcenar... Como xa se dixo, hai centos. Irán saíndo máis.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  9. Esquecérame do "Bartleby" de Herman Melville

    Comentario de Martin Pawley hace 2 años y 29 meses

  10. seguindo o fío de Aultre Narai, eu apoiaría a candidatura do "de catro a catro" a integrar a lista.

    tamén estou de acordo co dono do local en borges e cunqueiro.

    da poesía galega engadiría "con pólvora e magnolias" de ferrín, o célebre e descoñecido libro sen título de celso fernández sanmartín e mais o "abecedario da desolación" de miro villar.

    e (last but not least) o "livro do desasossego".

    Comentario de oollodavaca hace 2 años y 29 meses

  11. Totalmente con De catro a catro. É dunha modernidade que incluso a día de hoxe sorprende. Unha marabilla. E esquecinme de Patrimonio, de Philip Roth. E o Memorial do Convento, de Saramago.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  12. eu voto polo Aleph de Borges e por El jardín de senderos que se bifurcan, Ficciones e El libro de arena. Engado a Manuel Puig (Boquitas Pintadas, El beso de la mujer araña, La Traición de Rita Hayworth e Cae la noche tropical) e ao mellor escritor e xornalista que deu este país (desaparecido na última dictadura) Rodolfo Walsh. Coido que este conto fala mellor ca eu do seu talento (esa muller do título é Evita) http://www.literatura.org/Walsh/rwmuje.html
    En galego so podo ler clásicos, e levo lido duas veces e mais o pouco que pódese mercar acá: Blanco Amor, Castelao, Dieste, Casares... Apertas!

    Comentario de torredebabel hace 2 años y 29 meses

  13. A min cambioume a vida "A illa do tesouro". Sempre será o libro que estea máis achegado ao corazón. Ademais, volvo de cando en vez ao conto do Xudeu Xacobe, de Carlos Casares. Tamén preciso frecuentes doses do Evanxeo de Lucas, algúns versos de Benedetti, Ángel González, Sabina, o poema "O inimigo" de Ramiro Fonte e, curiosamente, a frase final das Memorias de Adriano.

    Comentario de Veloso hace 2 años y 29 meses

  14. Curioso. Concordo con todo o que se di de Borges, a quen xa citei. E, claro, onde ti dis A Illa do Tesouro, eu digo Verne. E o de curioso vai por Adriano, claro.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  15. 1. O sono eterno (Chandler)
    2. Viaxe á fin da noite (Celine)
    3. Requiem por Brown (Ellroy)
    4. O secuestro de Miss Blandish (Hadley Chase)
    5. Carver enteiro

    Comentario de Chema hace 2 años y 29 meses

  16. 1280 almas (Jim Thompson)
    El asesino dentro de mi (Jim Thompson)

    Comentario de Luis hace 2 años y 29 meses

  17. Yo diría que merecen ser leídos más de una vez "LA CONJURA DE LOS NECIOS" de John kennedy Toole y "LAS BAILARINAS MUERTAS" de Antonio Soler.
    Yo diría esos dos libros si me preguntasen a mi. Al menos es lo que diría ahora. Mañana quizás no. Mañana quizás dijese otros.

    Comentario de Rafael hace 2 años y 29 meses

  18. A min, Rafael, pásame outro tanto: dependendo do día sáenme uns ou outros. Concordo con A Conxura dos Necios. E, por certo, fermosa praia a súa.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  19. Luis, ti si que sabes.
    Viva Jim Thompson!

    Comentario de Chema hace 2 años y 29 meses

  20. Vexo, Chema, que o teu é a novela negra.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  21. Tamen o meu, xunto con moitos outros.

    Comentario de Luis hace 2 años y 29 meses

  22. Non, bueno, tamén podo poñer como indispensables para ler máis dunha vez a outros que non son policiacos, por exemplo: Cortázar, Monterroso, Stevenson, Melville, Dickens, Mann...

    Comentario de Chema hace 2 años y 29 meses

  23. Dicíao polo teu listado primeiro, que sobre todo era nese estilo. Mais imaxino que quen disfruta da novela negra disfruta de toda clase de literatura. Cando menos, no meu caso, é así.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  24. Efectivamente

    Comentario de Luis hace 2 años y 29 meses

  25. tiven a ocasión de facer un taller de microliteratura con Queipo e gustoume como persoa e divertímonos moito todos os asistentes facendo haikus. Un crack jaja

    Comentario de Henrique hace 2 años y 29 meses

  26. E ademais un grande escritor.

    Comentario de Francisco Castrio hace 2 años y 29 meses

  27. Eu poderia dicer moitos, pero botandolle unha ollada os andeis da miña biblioteca de forma rápida propoño os seguintes:
    La saga/fuga de J.B.
    Merlín e D. Hamlet
    Tic-Tac
    O ano da morte de Ricardo Reis (Saramago)
    Gabriela cravo e canela
    Un xogo de apócrifos (Caneiro)
    Longa noite de pedra
    Memorias dun neno labrego
    A conxura dos necios
    De Cortázar(Rayuela, 62 modelo para armar e calquera dos seus magníficos libros de contos)

    Comentario de CASTROCHAMIN hace 2 años y 29 meses

  28. Gústame a súa lista, Castrochamin. Concordo con Torrente Ballester, o Tic Tac ( aínda que de Suso de Toro prefiro "Círculo", que vén sendo unha especie de segunda parte dese libro ), o de Saramago ( mellor para min Memorial do Convento ), de Caneiro, quédome con Ébora, por suposto Celso Emilio e moito de Cortázar, aínda que non todo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  29. Chego tarde? Ben aqui deixo os meus coma se fose unha meme blogera literaria:
    -La cojura de los necios, John Kennedy Toole.
    -La música del azar, Paul Auster
    -Rayuela, Cortazar. E os seus manuales de instrucións, para dar cuerda a un reloj sobretodos.
    ... a verdade e que non se ben más a cabeza agora mesmo, pero pode que cambiase de opinión maña... pero agora é agora. Vou buscar o conto de Cortazar... apeteceme.

    Comentario de PAco hace 2 años y 29 meses

  30. Grazas Paco. Nunca é tarde para estas cousas.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  31. Pois así a bote pronto, estes son os que se me ocorren:
    1."O vixía no centeo" de Salinger
    2."Cien años de soledad" de García Márquez
    3."Romancero Gitano" de Lorca
    4."El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde
    e polo de agora así a bote pronto, non se me ocorren máis, ao mellor é que teño que ler algún máis pra darme de conta de que si hai máis que merezan ser lidos máis dunha vez.

    Comentario de Inés hace 2 años y 29 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.