Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

CUNQUEIRO: O MÁIS GRANDE


La Voz de Galicia informa hoxe de que Manuel Forcadela vén de gañar o premio Ramón Piñeiro de Ensaio Breve cun texto arredor das relacións entre Álvaro Cunqueiro e Piñeiro.
Tamén, a última do Faro de hoxe, recolle unha entrevista con Amancio Prada na que di que Cunqueiro é o gran fabulador e poeta do século XX.
Moitas veces téñome preguntado por que tantos galegos van beber á fonte de García Márquez habendo tanto de onde aprender en Cunqueiro. ¿Alguén sabe a resposta?

Referencias

Dirección para referencias

  1. [...] Cunqueiro e editada por Galaxia. Digo isto porque, segundo contan certos gurús, van empezar a publicarse moreas de libros para adultos, protagonizados por magos. Nalgúns lugares interprétase o asunto como unha demostración da infantilizaci [...]

    Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 29 meses

Comentarios

  1. A resposta atópase no furancho onde se bebe. Moitos papáns pensan que tomalas chiquitas no Elixio non ten a mesma categoría que tomalas no café Xixón ou no Floridita ou nunha braserie do quartier latin.

    Comentario de folerpa hace 2 años y 29 meses

  2. Por liberdade ou por gusto. Ou un escritor é menos galego por que non lle guste Cunqueiro? Pordiós, a estas alturas con estes talibanismos... Particularmente, non me entusiasma nin Márquez nin Cunqueiro, pero nunca lle diría a un rapaz ¿por que les a Leopoldo Panero podendo ler a Luz Pozo? Ou por empregar binomios máis parellos: ¿por que bebes de Stendhal e non de Caneiro? Estamos no século XXI, home. Que hai que ler de todo. que non todo o que está en galego é bo, que xa pasou o tempo de facer patria con todo, porelamordediós.

    Comentario de Suso de Rivas hace 2 años y 29 meses

  3. Penso coma Suso de Rivas, o idioma non garante calidade literaria. Pero tamén penso que é importante (polo menos para min é importante) ler a eses escritores que traballan a lingua que eu falo e que me fai ser coma son. Ler de todo o que se poda!

    Comentario de torredebabel hace 2 años y 29 meses

  4. Podemos ler a Cunqueiro e a García Márquez e gozar da obra de dous magníficos escritores. Hai anos, Paco Vázquez queixouse de que os rapaces tiñan tanto que ler de Leiras Pulpeiro que xa non lles quedaba tempo para Shakespeare. Daquela non vin incompatibilidade e agora tampouco. Sobre a opinión de que Cunqueiro é o máis grande das nosas letras, paréceme defendible e sensata, pero eu, particularmente, non estou de acordo. Creo que Blanco Amor, Casares ou Ferrín teñen obras de superior calidade. Por suposto, non deixa de ser unha opinión máis.

    Comentario de Veloso hace 2 años y 29 meses

  5. Por suposto. Cunqueiro, para min, non é dos máis grandes. Por riba del está Blanco-Amor (que esta por riba de todos), Rafael Dieste, algún Ferrín, Ánxel Fole, tamén algo de Casares, Mourullo, Borrazás, Bieito Iglesias... O da pregunta de por que se bebe de Márquez e non de Cunqueiro é dun candor impresionante. Aturo mellor "El otoño del patriarca" que "Merlín e Familia" do mesmo xeito que prefiro a Lois Pereiro antes que a Benedetti, por exemplo.

    Comentario de Tarabela hace 2 años y 29 meses

  6. A ver: gorento moito da obra de García Márquez. É un dos meus de cabeceira, sen dúbidas. E está claro que, a estas alturas da película, de talibanismo, nada. Dito isto, o que eu pretendo subliñar non é a importancia que se lle concede a Márquez ( que é marabilloso ), senón o feito de que aquí tamén os hai, enormes ( váleme Cunqueiro e tamén moitos dos citados pór vós ) e non se lles dá a relevancia que merecen. Ou dito doutra maneira: imaxinen vostedes que Cunqueiro, en troques de facer do galego a súa lingua literaria chega a ter nacido en calquera país sudamericano e escribe libros similares aos que fixo. ¿Que posto ocuparía na historia da literatura universal?

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  7. Non esqueza vostede que Cunqueiro foi un escritor bilingüe. ¿Cunqueiro ou García Márquez? Iso é como preguntarlle a un mozo se quere máis ó seu pai ou á súa nai. Tampouco me parece Cunqueiro o máis grande. Si un dos máis grandes. Por riba del están Blanco Amor, Otero Predayo e Fole, na miña opinión. Desde logo, Cunqueiro paréceme que está por riba de Casares e, desde logo, de Ferrín. E xa non digamos de Mourullo, Borrazás e o tal Bieito... Home, menos coñas.

    Comentario de Crítico hace 2 años y 29 meses

  8. Coñas? O "tal" Bieito? En fin, sen comentarios. Só falta que me digas que prefires a Francisca Herrera e non a Xurxo Borrazás, claro.

    Comentario de Grei hace 2 años y 29 meses

  9. Eu cría que as listas de number one se limitaban ós 40 principales, ou os partidos Madrid-Barça, Depor- Celta, Isabel Pantoja-Carmen Sevilla... pero que en cuestión de gustos literarios, sobre todo con autores como os que vexo ahí arriba, tratabase de beber de todos e atopar o que mellor conecta con cada padal sen renunciar a nada. Eu se é por beber, ¡ veña !, outra ronda hasta estar peneca. ¡Parabens a Forcadela!, hip...

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 29 meses

  10. A ver, que eu en ningún momento dixen que había que escoller, en plan disxuntiva, OU Cunqueiro OU García Márquez...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  11. Para min, o mellor é Blanco Amor (curiosa unanimidade de opinantes). Non creo en absoluto que Cunqueiro sexa menosvalorado en Galicia. Se hai algún escritor ao que se pretenda poñer no cume do canon é Cunqueiro. Así que se as preferencias van por outro lado, non será por falta de promoción.

    Comentario de xaquin hace 2 años y 29 meses

  12. Niso, xaquin, levas razón. En especial este ano coa efeméride de Merlín e Familia. Mais eu gosto máis de Cunqueiro que de Blanco Amor, o que non implica - a estas alturas do debate hai que deixar isto moi claro - que non disfrute, tamén de Blanco Amor.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  13. Nesta días é a segunda vez que penso en Cunqueiro. A primeira foi o ler unha entrevista que outro Castro, neste caso Anton, o mariñeiro de Aragon, fixolle a Caballero Bonald onde di: "-Usted creó una suerte de realismo mágico pasado por Andalucía.
    -Entiendo lo que quiere decir, pero ese es un término que no me gusta mucho porque es un híbrido de Sandokán y Galicia, o de la novela picaresca y el cuento de hadas". Agora outra vez Cunqueiro.
    Fai unhos meses visitei a exposicion dos 50 anos de Merlin.fermosa. Pero a min gustoume sobre todo un carta que lle envia a Fernandez del Riego onde lle di que estaba lendo o principe de maquiavelo, con prologo de Mussolini.

    Polo resto, seguimo no mesmo. " sempre pensando en dicotomias"

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 29 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.