UN PREMIO
Trátase dun relato que plantexa unha crítica contundente ao capitalismo. Conto a historia dun executivo que se ve obrigado, os venres, a vestir "informal" ou "casual" por orde da empresa. Daquela, todos, submisos, obedecen. Pero isto sérvelle para empezar a ollar a unha compañeira doutro modo. Non vos conto o resto para que, cando saia publicado, o leades con interese.
Estou contento pois, nos anos de existencia dos premios de poesía e narrativa desta institución xa se premiou a xente tan interesante como Darío Xohán Cabana, Fiz Vergara Vilariño, Miro Villar, Marta Dacosta, Xosé Carlos Caneiro ( en poesía ) e, o ano pasado, en narrativa, Enma Pedreira.
Referencias
Comentarios
-
O primeiro de todo parabéns polo premio. Porque aínda que un non escribe para gañalos, ninguén lle fai ascos ... Que todos sabemos que os escritores (as persoas) necesitan do recoñecemento dos demais, que vivimos en sociedade e porque escribimos pra ser lidos. Con premios ou sen eles a seguir dándolle á tecla pra lecer dos teus lectores.
Unha aperta.Comentario de dasmam hace 2 años y 33 meses
-
Pois moitas grazas, dasman. Evidentemente, nunca se lle fai ascos a un premio. E o que ti dis é o que importa: que nos lean.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
Vas poñer o relato no blog ou haberá que agardar a lelo en libro? En todo caso, noraboa.
Comentario de Veloso hace 2 años y 33 meses
-
Moitas grazas, Veloso, pero non, non vou colgalo no blog porque agora os dereitos son da entidade convocante. Pero, polo que me dixeron, vaise publicar xunto con outros premiados noutras edicións. Xa informaremos, por suposto.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
Felicidades, home.
Eu ós premios, máis que por recoñecemento, presentaríame por outros motivos.
De tódolos xeitos, e respecto a esa nómina de premiados ilustres do seu post, eu se fora vostede andaría con coidado. podería ser contaxioso.Comentario de brautigan hace 2 años y 33 meses
-
Vexo moito lado yin,bo para escribir,tamen para sobrevivir, nestes tempos.
Bitacorin mimoso,hoxe o quente do premio e das palabras dos q t apreciamos.Comentario de quintoelemento hace 2 años y 33 meses
-
Moitas grazas a todos polos agarimos. Ao respecto desa nómina, paréceme realmente interesante. Non creo que se me poida contaxiar nada malo. Mais ben, todo o contrario.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
Felicidades Fran continua asi gustariame dentro duns anos falar cos meus fillos e preguntarlles que libros lles mandaron ler na escola e digan..... SI mandaronme un de Francisco Castro ese do Nobel do ano pasado e eu dicirlles ese foi mestre meu....... Os soños non teñen prezo monetario pero se ninguen soña nunca se conseguira nada razoable
Comentario de motosicleta_man hace 2 años y 33 meses
-
Gústanche Caneiro (narrador) e Miro Villar (poeta)?
Comentario de Tikis-Mikis hace 2 años y 33 meses
-
Parabéns meu benquerido sensei
Comentario de folerpa hace 2 años y 33 meses
-
Grazas, motosicleta man, e noraboa polo teu blog. Respondo a Tikis-Mikis. De Miro Villar teño lido cousas soltas e, xa que logo, non teño unha opinión completa, pero non me desagradou. Ao respecto de Caneiro, sobretodo Ébora paréceme unha novela magnífica. Outras obras súas non me agradaron tanto. Pero si a citada. E gustoume moito.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
Felicidades, un nuevo premio, en breve tendrás que abrirte a los mercados internacionales, esperamos que pronto se te pueda leer en castellano (los placeres deben compartirse). Enhorabuena
Comentario de bradomin hace 2 años y 33 meses
-
Pois moitas grazas. Ao respecto do que comentas, está para saír a traducción ao castelán, en Éverest, da miña novela para moz2s do ano pasado. Sae co título de Un Bosque LLeno de Hayas. A ver se che gusta. Un saúdo forte desde Galicia.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
Parabéns! quedarei, entón, co desexo de saber cómo termina a história do Venres Desesperado xa que acá (en Bos Aires) so temos unha libraría e o mais novo que ten da literatura galega actual é Manuel Rivas e nen tanto tampouco... Apertas dende a diáspora e gustoume moito a páxina!
Comentario de torredebabel hace 2 años y 33 meses
-
Parabéns de corazón, polo relato galardoado e pola túa traxectoria imparable. Ánimo e segue así.
Comentario de Do 66 hace 2 años y 33 meses
-
Noraboa, Francisco.Comentario de Goretti Fiaño hace 2 años y 33 meses
-
Noraboa.
Comentario de acedre hace 2 años y 33 meses
-
Parabéns.
Comentario de peke hace 2 años y 33 meses
-
Noraboa polo premio! Viches o Culturas da Voz do sábado? Que ceh pareceu a nómina de escritores que sacaron?
Comentario de Tikis-Mikis hace 2 años y 33 meses
-
Esta Rosa, non tan importante coma a que da nome o premio que ves de gañar, pero Rosa o fin, non pode estar máis leda de ler esta estupenda nova, e dulcifica o seu veleno para facerche entrega dun premio que non todos son quen de acadar, o de escritor, persoa, e ser humano, ó que é un pracer ter coñecido. Noraboa mestre.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 33 meses
-
Moitas grazas a todos. En canto o relato saia, aviso. Si, vin a nómina de Culturas do sábado. É o de sempre: non están todos os que son... e obviamente ( e dígoo sinceramente ) non me refiro a min.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
Parabéns meu benquerido sensei
Comentario de folerpa hace 2 años y 33 meses
-
O seu cos premios si que non é casual, Señor Castro. Élle cousa do que teima. Parabéns.
Comentario de jaureguizar hace 2 años y 33 meses
-
O seu cos premios si que non é casual, Señor Castro. Élle cousa do que teima. Parabéns.
Comentario de jaureguizar hace 2 años y 33 meses
-
Grazas folerpa e Jaure. Vostedes, por certo, tampouco se poden queixar. E si, nisto da literatura, hai que teimar, e teimar, e teimar...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses