Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

EDITAR SEN COMPLEXOS


Dentro de menos dun mes, os Editores Galegos celebrarán a súa gala, bautizada acertadamente como A Noite da Edición.
Non era sen tempo.
Levo moito tempo dicindo que os que conformamos iso que se chama o Sistema Literario Galego debemos actuar sen complexos, como se todo fose normal ( aínda que está ben claro que todo é profundamente anormal ). Escribir como se fosemos un país normal. Facer crítica literaria como se fosemos un país normal. Editar como se fosemos un país normal.
Daquela, unha noite dedicada a celebrármonos a edición, como se fai nos países normais, agasallando co recoñecemento debido os mellores labores nese eido, aparécese como máis que necesario.
Unha noite para presumir. Como fan os do teatro galego e, incluso, os do cinema. E de todos é sabido, por desgraza, o pouco público que teñen.
Mais fan a festa. E presumen.
Agora tócalle ao libro. E así, de cada vez, irémonos convertendo nun país máis e máis normal.

Referencias

Dirección para referencias

  1. [...] comentaba o ben que me parece que a Asociación Galega de Editores celebre unha gala para outorgar os seus premios anuais. Parécenme moi atinadas todas as nominacións, en especial a de mellor libro ilustrado para Fausto Isorna polo seu "Mel [...]

    Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 32 meses

Comentarios

  1. ¡Ah! ¿Pero non somos un país normal? ;)

    Comentario de peke hace 2 años y 33 meses

  2. No sentido no que eu o digo neste post, coido que somos abondo anormais...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses

  3. Fran canto tempo sen saber de ti. hoxe voltei escribir no meu blog e acordeime do teu que xa tiña lido algunha que outra vez. En resposta o que escribiches penso que todo iso que dis de ter premios literarios, musicais, cinematograficos ou teatrais e mais de anormais que de xente normal. Creo recordar que escribiras un artigo sobre os Bechos non? Ademais non olvido as tuas clases nas que racordabasnos o pouco que lee a xente ou deixabas ver a gran intelixencia dalgun que outro trio presidencial. Os premios literarios supoñen que alguen tivo que ler o libro pra premialo e ademais outorgalle mais vendas o libro. Iso supon que a xente le no canto de ver grandes hermanos ou triunfitos e de todos e sabido que iso non e para nada normal pois dende que cheguei a santiago atoparonme parecido con un dos triunfitos de non sei que edicion e con outro do gran hermano. A dubida de como seran eles e de se se parecen a min realmente percorre a miña cabeza pero a pesar diso sintome orgulloso de non sabelo

    Comentario de motosicleta_man hace 2 años y 33 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.