MIRA LA BATEA COMO SE MENEA (¿DEMASIADOS PREMIOS?)
Francisco Castro - 24-11-2005 14:35:59 | Categoria: Todos os meus artigos

A fin de semana pasada, o xurado do Concurso de Microrelatos da Lonxa Literaria de Moaña, do que formei parte, tomou unha decisión e concedeu os seus premios.
Polo xeral, cando se fala dos premios literarios, todos os autores estamos convencidos de que, o máis importante, é que o traballo se difunda, que apareza o noso libro publicado, que chegue aos lectores.
Hai quen di que hai moitos premios literarios en Galicia. Moitos máis dos que debera. Como hai quen di que se edita moito. Moito máis do que se debera.
Non estou de acordo con ningunha das dúas opinións. Diría máis: menos mal que hai premios literarios que axudan a darlle un certo pulo ás obras e aos autores. Menos mal que en Galicia hai editoriais.
O debate queda aberto. E os relatos que decidimos premiar, podédelos ler aquí.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
non hai demasiados premios literarios en Galicia. pero os xurados dos que hai deixan bastante que desexar, bastante planetarizados e ben pouco valentes. non é indirecta. así, entendo que os certames que por acó se convocan poidan parecer moitos máis dos que son, por empacho.
Comentario de brautigan hace 2 años y 33 meses
-
Non podo falar máis que por dous ou tres xurados de premios ben cativiños dos que teño formado parte. Sen embargo, non creo que haxa "planetarización" nos nosos premios. Por desgraza, o noso sistema literario non dá para tanto. Ogallá un premio literario galego dese para tantísimos cartos en xeito de vendas que houbese necesidade de que os organizadores se sentisen tentandos de "planetizar". Se cadra, chamádeme inxenuo pero, en xeral, poño a man no lume por todos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
cando falo de planetarización refírome á tendencia a premiar obras que se preven máis ou menos rendibles. está claro que ningunha editora galega daría nunca un anticipio de 600.000 euros, non o contemplo. pero si observo que nalgúns premios, cada vez máis, premiase o se cre que se ha vender.
Comentario de brautigan hace 2 años y 33 meses
-
En fin, iso dependerá dos xurados. No Xerais, por exemplo, o xurado está formado por lectores e, xa que logo, enténdese que han premiar o que lles gusta, ¿non é? Noutros, priman os críticos literarios e, xa que logo, non creo que teñan mentalidade de xestores de editorial, ¿non lle parece?
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
esa xente pode non atreverse en dous sentidos. por unha banda premiase o máis doadamente vendible (hai exemplos bastante evidentes nestes últimos anos, creo, nichos para Marilyn, viaxes no Ford T...) non me diga que os do xurado non se preocupan por iso que non llo creo. polo outro, premiase o coñecido, vaise ó seguro. isto é máis habitual neses premios cativiños dos que fala. o último premio Lueiro Rei é unha boa referencia para entendelo.
Comentario de brautigan hace 2 años y 33 meses
-
Sego sen concordar con vostede. De feito, eu gañei o Lueiro no ano 1997, e nin eu era coñecido en absoluto no mundo literario, nin o tema podía ser suxestivo como "premiable", no sentido de que era unha novela sobre bandas de música.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
dacordo. vexa a deste ano. non a lin, e estaría ben trabucarme. pero aposto a que o autor reincide.
mire, eu non levo moito tempo aquí. comecei a interesarme pola narrativa, e e menor medida por teatro e poesía galegas, a mediados dos 90. ó primeiro interesábanme os premios literarios. sen esaxerar, lía todo o que deles xurdía. relatos, novela curta, novela a secas. parecíanme un indicativo do camiño que ía tomando a literatura galega na súa evolución.
hoxe apenas sigo estas cousas. non adoita saír delas nada que eu non teña visto antes. non me teñen chiste.
nunca dixen que non se tivesen premiado por aí obras sen vocación de best-sellers -tendo en conta o que aquí pode ser un best-seller, claro- nin argumento manido, consabido, diríase sagrado nos círculos que máis contan. pero por cada unha destas, hai 9 das outras.
se fala do premio xerais, agora que o di non lembro nestes últimos anos máis ca unha obra non moi comercial na súa nómida de premiadas, que foi a Casa Skylab de Jaureguizar.Comentario de brautigan hace 2 años y 33 meses
-
Home, e tamén a "Teoría do caos" de Marilar Aleixandre. Unha boa obra que non creo eu que puideramos tildar de, a priori, "comercial".
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
dacordo, anque me parece máis indicada para ese premio cá que citei.
Comentario de brautigan hace 2 años y 33 meses
-
Ben. Iso dos microrelatos está ben. O dos premios, ben, moi ben. Pero hai que engadir que aquí, como no resto do mundo, se publican poucas novelas boas. O de Jaureguizar é un caso ao que se lle debe de dar de comer a parte. Creo que antes deberían escolarizalo chaval, o seu dominio da língua é precario.Comentario de Ramiro Fontán de la Cruz hace 2 años y 33 meses
-
o dos premios literarios eche toda umha polémica!!!
Comentario de Maré aberta hace 2 años y 32 meses
-
Si, e está ben que polemicemos, sobre isto e sobre calquera outra cousa, para manter vivas as neuronas e para clarificar cousas, que boa falla nos fai.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses