Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

MARÍA VICTORIA MORENO


Onte finou María Victoria Moreno.
No ano 1999, eu moderei un debate entre Carlos Casares e Xurxo Souto sobre o presente da literatura galega. Casares amosábase moi optimista e falou, con gran cariño e moita retranca, dun dos libros que máis se vendían na nosa fala. Referíase a Anagnórise, de María Victoria Moreno. Lembro que rimos moito cando dixo que era "un dos títulos máis feos da historia da literatura", pero que o libro era marabilloso.
Coñecín a María Victoria Moreno hai un par de anos. Tomamos un café os dous, con Luís Rei Núñez. María Victoria faloume de gatos e de cans, e de que tiñan intelixencia. A verdade é que, comprobado o xeito de vivir das persoas, díxenlle, dan gañas de pensar que, cando menos, máis cá nós si que teñen. Despois, recitou os versos de Luis Rei Núñez diante dun auditorio enfeitizado pola sensibilidade que puxo na lectura dos poemas.
Coincidín con ela un par de veces máis, sempre abeirados por algún acto literario. Pareceume sempre cordial, agarimosa, humana. Despois, cando publicou en Xerais o seu Diario da Luz e a Sombra, comprendín a magnitude da súa loita, pois alí falaba, con esperanza, do seu cancro.
Onte a noite, despois de saber do seu pasamento, relín o derradeiro párrafo dese libro, no que falaba dos días que aínda lles quedaban para disfrutar aos enfermos de cancro. Aquelas últimas palabras eran de esperanza e de vida.
Gardei o libro e sentín unha infinda tristura.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Moito lles gustaba Anagnórise aos meus alumnos.

    Comentario de peke hace 2 años y 33 meses

  2. E a tanta e tanta xente. O bo é que queda para sempre aí, a súa obra, que se seguirá lendo pasados os anos.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.