Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

FAKTORIA K


Hoxe preséntase en Vigo unha nova editorial, Faktoria K. Vén da man de Kalandraka, o cal xa é garantía de boa edición. Pero, digámolo así, con máis ambición, pois a idea é editar toda clase de libros, non só, como viñan facendo ata o de hoxe, infantís.
Non sempre temos oportunidade de saudar neste blog iniciativas tan proveitosas. Polo que sei polos meus informantes, os primeiros títulos son un completo luxo, tanto nos contidos como no aspecto formal. Ou o que xa sabemos da xente de Kalandraka: editar sen complexos, sacando ao mercado productos exportables con orgullo de seu. O mollo de premios recollidos polas súas edicións polo mundo adiante fannos pensar que estamos diante dun día importante. Boa navegación e benzóns.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. O mesmo lles desexo... ben que o merecen.

    Comentario de PAco hace 4 años y 49 meses

  2. E ben necesitados que estamos destas iniciativas. Longa vida a K!!!

    Comentario de Francisco Castro hace 4 años y 49 meses

  3. Prezado Francisco, prezado Paco e demais amig@s de "A canción do náufrago"

    Moitas gracias pola atención que lle dedicastes á presentación de Faktoría K de Libros. Foi unha grata sorpresa atopar neste blog uns comentarios tan alentadores. Non dubidedes en contactar connosco para o que precisedes, pero xa vos manteremos informado das novidades que se vaian editando.
    Unha vez máis, gracias, e saúdos de todo o equipo.

    Faktoría K de Libros
    Comunicación

    Comentario de FAKTORÍA K DE LIBROS hace 4 años y 49 meses

  4. É un completo pracer falar de vós. Noraboa pola iniciativa. Deume mágoa non asistir á presentación, pero un martes de cada mes dirixo unha tertulia e non podía faltar. Que segan os éxitos.

    Comentario de Francisco Castro hace 4 años y 49 meses

  5. É todo um prazer ouvir esta nova. Com que o façam a metade de bem do que o fam com Kalandraka já todos teremos motivos para felicitarmo-nos. Sou uma sincera admiradora do trabalho de Kalandraka, uma das melhores editoriais infantís do estado espanhol.

    ;-)

    Comentario de Al & Cia hace 4 años y 49 meses

  6. En efecto, unha editorial para presumir...

    Comentario de Francisco Castro hace 4 años y 49 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009